Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Kea
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Os restos do naufraxio do Buque Mercante Kea chegan ao porto de Camariñas
Os numerosos veciños da Vila de Camariñas que habitualmente saen a pasear polo seu espléndido paseo marítimo puideron observar ao longo desta última semana como ao final do mesmo, en terreos pertencentes ao antigo espigón, esmorecían esvaídos con serios desperfectos no seu casco, sobre todo pola banda da popa, os restos do que foi un bote de salvamento. Trátase dos restos do buque mercante abanderado de conveniencia nas Illas Barbados Kea, que na súa ruta dende a imperial San Petersburgo ata a caribeña Santa Marta (Colombia) foi a naufragar o pasado 30 de marzo de 2010 a 160 millas do Cabo Vilán, cando un forte golpe de mar fixo que se desprazase a súa carga o que provocou o seu inmediato afundimento. O naufraxio trouxo consigo a desaparición de dous dos mariñeiros dunha tripulación total de 24 homes, os cales na data presente aínda están a ser intensamente buscados polos servizos de salvamento. O que si se atopou finalmente no mar pola lancha Salvamar Altair foi o bote de salvamento que xace ferido de morte no espigón camariñán. Aquí en camarinas.eu, como a pesar dos nosos antecedentes familiares, o que é saber de mar non sabemos moito (máis ben nada), decidimos visitar os restos do Kea acompañados dunha auténtica fiera marina: o noso gran amigo e usuario "O Rancho Junior", o cal procedío a impartirnos unhas sabias leccións maxistrais que fixeron todo máis fácil de dixerir.
Opinión e editoriais
O que realmente importa
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
Etiquetas populares
Praia de Arou
1
Prais
1
Artículos aleatorios
Anibal, xigante do basket de Camariñas
Eleccións Municipais 2019: Pistoletazo de saída da campaña electoral
Encaixe-Camariñas 25-18 Sárdoma
O SOLSTICIO DE VERÁN E AS NOSAS TRADICIÓNS
Fin do Curso das Escolas Municipais