• Karina Tajes: unha estrela de Camariñas que pide paso

    Aínda baixo o impacto que para moitos supuxo ver a unha fermosa rapaza camariñana codeándose de ti a ti enriba dun escenario cunha estrela da canción da talla de Rosana, camarinas.eu, coñecedera da aspiración de Karinas Tajes de formar un grupo musical, propúxolle un ambicioso proxecto. Este pasaría pola realización dun book fotográfico no que a través da colaboración de tres xoves negocios da Vila das Palilleiras se resaltase toda a beleza de Karina Tajes. E así Diego Alonso encargouse das fotografías e do seu tratamento posterior; Montse Mosquera (Peluquería Montse, Travesía Muiño do Vento) brindouse para encargarse dos peiteados e Ana Soneira (Centro de Estética Ana, Rúa Casadillo) maquillou soberbiamente a Karina. O resultado: un fantástico e artístico book, con distintas paraxes de Camariñas como inmellorable telón de fondo que esperemos que axuden a esta talentosa e xove promesa da canción a atopar aos compañeiros que a axuden a abrirse paso no implacable e competitivo mundo musical. Condicións para elo, sóbranlle.
  • Karina Tajes, unha futura estrela de Camariñas

    Pois en Camariñas estamos que non paramos. Para sumar á excelente canteira deportiva que posúe o noso concello veñen a presentarse outras grandes promesas dentro de outros ámbitos culturais. Na literatura, por exemplo temos ao exitoso escritor Alberto Lorenzo con uns relatos de eloxio no seu blog "El espejo de Shion" e agora tamén no mundo da música abrirase paso sen dúbida Karina Tajes, unha gran cantante camariñana que con tan só 18 aniños foi quen de subirlle ao escenario do concerto que a popular cantante canaria Rosana realizou en Ponteareas e marcarse unha canción deixando ás multitudes asistentes coa boca aberta. Ademáis Karina está a facer unhas grabacións caseiras que logo colga en Youtube donde ela, acompañada da súa inseparable guitarra, interpreta algúns temas propios e outras versións dos seus artistas favoritos. De verdade, non vos perdades a traxectoria desta rapaza que seguro será meteórica. Camariñas, terra de artistas! ¡NORABOA KARINA!