• Seguimento semanal ao Cartagena de Juanillo

    A nova sección de Juanillo en camarinas.eu

    O rival abatido esta semana o Marbella, víctima do Cartagena de Juanillo
    O rival abatido esta semana o Marbella, víctima do Cartagena de Juanillo

    camarinas.eu hónrase de presentar a todos os seus lectores a nova sección de deportes que comandará Juan Cabrejo, Juanillo, "O Mago de Corea" o cal en dous artigos semanais analizará os sábados aos rivais do Cartagena e os luns fará unha crónica do acontecido no partido do novo equipo dos amores de camarinas.eu, o Cartagena, ao que todos temos que axudar a subir para poder ver a Juanillo xogando outra vez na 2ª División A. Debido aos problemas técnicos que tivo a redacción esta semana, procedemos a publicar hoxe martes os dous artigos enviados polo mellor futbolista de tódolos tempos da Costa da Morte.

  • Juan Cabrejo "Juanillo", 32 anos, futbolista do Cartagena

    Chega a hora de que camarinas.eu lle renda unha homenaxe ao mellor futbolista que nunca saío da Costa da Morte: Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo". Moitas foron as solicitudes que recibío esta redacción para adicarlle este Top Camariñas a Juanillo, pero nos quixemos esperar á data indicada, e así hoxe, os astros aliáronse con camarinas.eu e esta homenaxe chega xusto despois de que onte Juanillo lograra o posiblemente mellor gol da súa carreira: un zurdazo desde o medio do campo contra o Mazarrón na Segunda División B española. Esta redacción quere adicarlle esta reportaxe, e espera sinceiramente que lles guste, a Gelinita e Juan do Penedo, donos do Bar Arnela e pais de Juanillo, como mostra de cariño, respeto e admiración.