• A Xornada de Juanillo: Cartagena 2-0 Murcia B

    Victoria do Cartagena no derby rexional

    Juanillo celebrando o gol no partido que enfrentou ao Cartagena co Murcia B. Foto: LaVerdad.es
    Juanillo celebrando o gol no partido que enfrentou ao Cartagena co Murcia B. Foto: LaVerdad.es

    Victoria do noso Cartagena frente a un rival directo, o Murcia B no derby rexional da Comunidade Autónoma de Murcia e, ao mesmo tempo derby da Costa da Morte en 2ª División B posto que no Murcia B milita un xogador chamado Borja Facal, un rapaz natural da nosa querida vila de Laxe. Pulsa na foto para ler a crónica do partido que nos manda Juanillo "O Mago de Corea" e onde podedes ler unha dedicatoria especial para o seu amigo Pepucho, entrenador do Porteño que tantos e tan merecidos halagos está a colleitar ultimamente. Un redactor de deportes que nunca falla, parte esencial do 1.500.000 de visitas acadadas pola web líder da Costa Atlántica.

  • A Xornada de Juanillo: Alfaro 0 - 0 Cartagena

    Alfaro 0 - 0 Cartagena

    O Fútbol Club Cartagena vestido coa súa segunda equipación.
    O Fútbol Club Cartagena vestido coa súa segunda equipación.

    Nun partido de condicións climatolóxicas infernales que nunca se debería haber xogado, o equipo oficial de camarinas.eu na 2ªB no que milita e capitanea o noso amigo e redactor de deportes Juan Cabrejo "O Mago de Corea", sacou un empate que sabe a pouco. O caso é que noso querido astro do fútbol camariñán Juanillo pasou máis frío que nunca nun partido onde os cartageneros eran, a priori, moi superiores ao Alfaro. Pulsa na foto do Cartagena para ler a crónica que nos manda o mellor xogador da historia da Costa da Morte: o camariñán Juan Cabrejo, Juanillo.

  • A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 0 Sangonera

    Outra victoria para o Cartagena de Juanillo

    Juanillo nunha imaxe do partido ante o Sangonera. Foto: LaVerdad.es
    Juanillo nunha imaxe do partido ante o Sangonera. Foto: LaVerdad.es

    Unha victoria máis para o equipo que capitanea o futbolero camariñán máis internacional, Juan Cabrejo "Juanillo, o Mago de Corea". Desta vez os de Cartagena superaron a un equipo que aínda non coñecía a derrota nos últimos instantes dun partido difícil e tosco con un gol de Carmona que deixou as cousas no seu lugar. Así, o Cartagena sigue á caza e captura do Real Madrid B. Pulsa na imaxe para ler a crónica que nos manda "O Mago de Corea" desde Cartagena.

  • A xornada de Juanillo: Vecindario 2-2 FC Cartagena

    Semana de celebracións para "O Mago de Corea"

    Juanillo celebra cos cativos da súa Peña os 107 partidos co Cartagena. Imaxe de www.elfaro.es
    Juanillo celebra cos cativos da súa Peña os 107 partidos co Cartagena. Imaxe de www.elfaro.es

    Semana de celebracións para a familia do noso redactor de deportes Juan Cabrejo Pasantes, Juanillo, que vío como na súa Peña do Bar Cachemir de Santa Ana lle facían unha festa para conmemorar os seus 107 partidos co Cartagena e o rotativo "El Faro de Cartagena" (o cal xa chama a Juanillo polo sobrenome "O Mago de Corea") lle facía unha entrevista exclusiva por este motivo; tamén vío como Oscar Molina un dos membros da peña enviaba a esta redacción unha das camisetas que amosábamos a semana pasada para entregarlla persoalmente a Juan do Penedo; e finalmente como estes dous humildes redactores regalaban a Gelinita a portada do Fotos Históricas adicado a esta exemplar nai camariñana. Ademáis, un valioso empate no campo dun equipo que o ano pasado estaba en 2ºA. Unha amplia galería fotográfica de todo o anterior no interior da noticia.

  • A xornada de Juanillo: FC Cartagena 1- 0 Pájara Playas

    Juanillo, O Executor

    Os seguidores de Juanillo e lectores de camarinas.eu confeccionaron estas curiosas camisetas
    Os seguidores de Juanillo e lectores de camarinas.eu confeccionaron estas curiosas camisetas

    Juan Cabrejo Pasantes, posiblemente o mellor xogador de fútbol que se vío corretear polos rueiros da milenaria Vila de Camariñas, volve a cumplir co seu compromiso semanal para que Camariñas teña a mellor páxina-web de toda a Costa da Morte, o referente informativo a seguir. Nesta nova crónica cóntanos como o FC Cartagena volvío á senda da victoria tras gañar nun trabado partido ante o Pájara Playas a través dun solitario penalty executado polo Mago de Corea. Un Juanillo que tal e como amosan as imaxes conta cunha auténtica lexión de seguidores polas terras cartaxeneras. Pulsa na imaxe para ler crónica completa e ver unha galería das fotos enviadas polo redactor de deportes de camarinas.eu.

  • A xornada de Juanillo: un empate e unha derrota

    Unha perda momentánea de coñecemento

    Ata en Puertollano Juanillo (e camarinas.eu) conta cuns seguidores fieles que nunca fallan
    Ata en Puertollano Juanillo (e camarinas.eu) conta cuns seguidores fieles que nunca fallan

    "A momentary lapse of reason" era o nome do disco co que os xeniais Pink Floyd volvían aos escenarios en 1987. E unha perda momentánea de coñecemento fui o que experimentou o Cartagena de Juanillo, o redactor de deportes de camarinas.eu, que ven de colleitar un empate e unha derrota na semana que remata. Un Juanillo que por outra parte conta cunha auténtica lexión de seguidores alá por onde pasa, xa que na lonxana e levantina Puertollano uns fans do crack camariñán e lectores semanais de camarinas.eu veñen de retomar o alcume co que esta humilde web o caracterizou un día: "O Mago de Corea".

  • A xornada de Juanillo: Universidad Las Palmas 0-0 FC Cartagena

    Un empate no campo dun dos chamados á liguilla

    Na quinta xornada o Cartagena de Juanillo logrou un valioso empate nun difícil campo
    Na quinta xornada o Cartagena de Juanillo logrou un valioso empate nun difícil campo

    Juanillo, o noso redactor deportivo, mandounos a crónica do partido que xogou o F.C. Cartagena en Las Palmas o venres pasado, pero debido a un lamentable problema de axenda (electrónica, un dos muitos problemas de axenda electrónica desta redacción) olvidóusenos publicar este artigo do noso querido Juanillo. O partido xogado contra o equipo universitario polos compañeiros do capitán camariñán foi moi igualado e incluso na segunda parte tiveron moitas ocasións para irse cos tres puntos para Cartagena pero, como di Juanillo: o caso é non perder o partido en encontros coma este. Pulsa na foto para ver a crónica de Juan Cabrejo "Juanillo", o Mago de Corea.

  • A xornada de Juanillo: Ciudad de Lorqui 0 - FC Cartagena 2

    O mellor dos oitenta equipos de Segunda B

    Imaxe de www.diarioelfaro.es na que o dorsal número sete de Juanillo acude a celebrar un gol.
    Imaxe de www.diarioelfaro.es na que o dorsal número sete de Juanillo acude a celebrar un gol.

    Se neste momento se fixera unha hipotética clasificación cos oitenta equipos que compiten na Segunda División B, o mellor dos mesmos sería o FC Cartagena de Juanillo que conta os seus partidos por victorias. Por eso hoxe 23 de setembro de 2008 que mellor regalo de cumpreanos para Gelinita que publicar unha nova victoria do equipo do seu querido fillo, posiblemente o mellor xogador nunca saído do Concello de Camariñas.  Así esta redacción dedícalle esta noticia a unha das persoas que posiblemente màis fixo nunca por camarinas.eu: María Angeles Pasantes Carril, Gelinita. Pulsa na imaxe para ler a nova crónica do redactor de deportes de camarinas.eu.

  • A xornada de Juanillo: FC Cartagena 1 - 0 Las Palmas B

    Tres partidos, tres victorias para o Cartagena

    O Cartagena, líder en solitario da segunda división B pasou por enriba do Las Palmas B
    O Cartagena, líder en solitario da segunda división B pasou por enriba do Las Palmas B

    Outro fin de semana máis para a esperanza no ascenso do Cartagena de Juanillo. O camariñán, capitán do líder intratable da 2ª División B española mándanos outra crónica do que fui unha victoria cómoda para o noso equipo. Un equipo que este ano fai soñar máis que nunca a unha afición entregada que cada fin de semana enche un pouco máis o campo do F.C. Cartagena. Pulsa na imaxe para ver a crónica que nos manda o redactor deportivo de camarinas.eu: Juan Cabrejo "Juanillo".

  • A xornada de Juanillo: At Madrid B 1 - Cartagena 2

    Líderes da Categoría

    Imaxe de www.laopiniondemurcia.es na que Mena marca o gol da victoria con Juanillo de fondo
    Imaxe de www.laopiniondemurcia.es na que Mena marca o gol da victoria con Juanillo de fondo

    Comenza con forza esta temporada 2008-2009 o Cartagena de Juanillo, e así conta os seus partidos por victorias. Desta volta foi o filial do potente equipo colchoneiro, cos seus maiores xogando na mesmísima Champions League, ao que lle tocou morder o polvo ante un Cartagena que confía que esta temporada sea a do ascenso dun equipo que por potencial, plantilla, ilusión e esforzo merece estar dunha vez na categoría de prata do fútbol español. Pulsa na imaxe para ler a nova crónica que nos envía dende as terras levantinas o redactor deportivo de camarinas.eu Juan Cabrejo, Juanillo.

  • Trofeo Carabela de Plata en Cartagena

    Un penalty... ¡un penalty que olía a victoria!

    Momento no que se lle fai entrega ao capitán do Cartegena, Juanillo, do trofeo Carabela de Plata
    Momento no que se lle fai entrega ao capitán do Cartegena, Juanillo, do trofeo Carabela de Plata

    Volve a sección do redactor de deportes de camarinas.eu, nada máis e nada menos que Juanillo, o futbolista máis importante da historia do Concello de Camariñas, e volve parafraseando o célebre monólogo de Robert Duvall no mítico film "Apocalypse Now", porque a Juanillo tocoulle tirar o penalty decisivo que lle dou ao Cartagena o Trofeo Carabela de Plata. Por outra banda xa comenzou a liga cunha victoria sobre o Leganés da posiblemente mellor plantilla do Cartagena en anos. Este ano ole a esperanza nas terras cartaxeneras. Pulsa na foto para ler a crónica do noso redactor deportivo e ver unha galería de fotos.

  • Cartagena 3 - 3 Merida

    Juanillo, outra vez será

    O soño de ascenso terá que esperar unha temporada máis despois do empate desta xornada
    O soño de ascenso terá que esperar unha temporada máis despois do empate desta xornada

     O ídolo deportivo de camarinas.eu, Juanillo, cumprío co seu compromiso semanal e mandounos a pesar dos malos momentos que estamos a vivir un artigo no que posiblemente camarinas.eu se despide de forma definitiva do soño da liguilla de ascenso a segunda división este ano. O desexo desta redacción sería estar o ano que ven xunto a Juanillo contando partido tras partido como o Cartagena ascende dunha merecida vez. Quen sabe o que pasará...
    Pulsa na foto para ler o artigo de Juanillo.

  • Aguilas 1 - 3 Cartagena

    Juanillo volve a xogar e o Cartagena volve a gañar

    Cando este bravo camariñán está no terreo de xogo todo é máis facil para o Cartagena
    Cando este bravo camariñán está no terreo de xogo todo é máis facil para o Cartagena

    Juanillo, o mago de Corea, volve aos campos de fútbol e con el, as victorias para un Cartagena tan necesitado de puntos cos que conservar a esperanza da liguilla de ascenso a 2ª División. Dende a redacción queremos darche a noraboa Juanillo pola túa fantástica recuperación pero tamén che dicimos que aínda que non se consiga este ano o tan ansiado ascenso ten por seguro que camarinas.eu estará o próximo ano apoiándoche ao máximo partido a partido para conseguir que o Cartagena e ti cheguedes onde realmente tedes que estar: na 2ª División Española. ¡¡Ánimo Juanillo!!

  • Cartagena 1 - 1 Baza, outra oportunidade perdida

    Este domingo Juanillo retorna aos campos de fútbol

    Este fin de semana o Cartagena de Juanillo non puido pasar do empate ante o Baza
    Este fin de semana o Cartagena de Juanillo non puido pasar do empate ante o Baza

    Nova pifiada e xa van non sei cantas esta temporada. Empate a un jol diante do Baza, que está luchando por salvar a catejoria e eso que no minuto 2 de partido xa janábamos por 1-0. Volvemos a pecar de injenuos e cando faltaban 10 minutos pítannos un penalty de risa e empátannos o partido. De nada nos sirve que os demais rivales directos perdan porque non o aproveitamos, si chejamos a janar estes 2 partidos últimos que xojamos na casa estariamos xa entre os 4 primeiros, pero non o estamos meresendo e creo que xa toca pensar na próxima temporada eso que recortamos 1 punto, ahora estamos a 5 puntos do cuarto o cal nos enfrentamos o próximo domingo e si non hai ningún contratempo xojarei despois de 5 semanas vendo os partidos desde a jrada. O fútbol eche así e os partidos que tes janados pois pérdelos en 3 minutos de descuento por non haber sentensiado antes.

    Espero que este semana vaia todo como hasta ahora porque xa estón entrenando con todos e o domingo espero xojar despois de tanto tempo.

    Xa vos contarei como fui todo.
    un saludo a todos e todas 

  • Cartagena 1 - 2 Melilla

    Final de partido dramático

    A lesión de Juanillo, letal para as aspiracións do Cartagena
    A lesión de Juanillo, letal para as aspiracións do Cartagena

    Xornada para olvidar e que tristemente fainos desir adios ás opsións de promosión salvo que ocurra un milajro, e eso que os resultados axudáronnos,o cuarto clasificado perdio e témolo a 6 puntos ijual,pero xa queda unha jornada menos.
    Bo partido o que fixemos onte, pero si non o vexo non o creo!!!, marcamos o 1-0 no minuto 82 e xa nos viamos ca victoria na man, pois fallamos un montón de ocasións pero finalmente consejimos un joliño e o Melilla nainda non pasara do medio do campo,cumplíase o minuto 90 e o árbitro daba 5 minutos de descuento,pois no minuto 93 o melilla empátanos e o peor ainda estaba por vir,no 95 métenos o sejundo jol e o árbitro non nos deixou nin siquera sacar do medio. Din que a jrandesa do fútbol é esa, mirade o que lle pasou o Getafe, pero o de onte fui increible. Así é o fútbol e non lle hai que faser.
    Eu hoxe empesei a tocar balón e espero este fin de semana poder chejar a tempo para estar disponible e poder xojar, a ver como von evolusionando estes dias e xa veremos o que pasa. Un saludo a todos.
  • Ecija 2 - 0 Cartagena

    O Cartagena bota de menos a Juanillo

    Esperemos que Juanillo volva pronto para encauzar ao Cartagena cara o triunfo
    Esperemos que Juanillo volva pronto para encauzar ao Cartagena cara o triunfo

    Mala jornada a deste domingo. Perdemos 2-0 na casa do lider, o Ecija, e alejámonos 3 puntos máis da lijilla de ascenso. Ahora mismo estamos a 6 puntos. Ahora temos 2 partidos na casa sejidos que son vitales para nos, temos que consejir janar os dous porque os de arriba enfréntanse entre eles. Resibimos o Melilla e o Baeza, espero que para o partido do Baeza poder xojar. Mañan xa correrei un pouco e a finales de semana espero empesar a tocar balón. Non podemos fallar mais, e a partir de ahora solo nos vale janar e janar. Un saludo a todos.

  • Cartagena 0 - 0 Puertollano

    A liguilla aínda terá que esperar

    O Cartagena de Juanillo empata co Puertollano
    O Cartagena de Juanillo empata co Puertollano

    Mal resultado esta semana o que sacamos na casa diante dun ultra defensivo Puertollano que puxo o autobús na sua portería. Fallamos muitas ocasións e eso Ó final pajámolo. Incluso durante os ultimos 10 minutos xogaron con 9 homes xa que lles expulsaron a 2 xogadores e nin contra 9 fomos capases de janar. De todas formas acortamos un punto o 4º clasificado e xa estamos a só 3 puntos da promosión de ascenso. Polo que a min respecta, xa empesei hoxe a doblar a rodilla e xa falta menos para volver, non me dan pasado os dias, como desimos por Camariñas ¡¡morro co visio!!. Jornada clave a do próximo fin de semana na que nos enfrentamos o líder Ecija, unha victoria alí sería importantísima, pero deso falaremos a semana que ven. Un saludo a todos.

  • Linares 1 - 3 Cartagena

    Xesta na casa do líder

    Con esta nova victoria, a liguilla está a so 3 puntos para o Cartagena
    Con esta nova victoria, a liguilla está a so 3 puntos para o Cartagena

    Xornada perfecta para o Cartagena. Non me puxeron de menos nin de coña: 1-3 na casa do lider Linares e con goles que si meten os de primeira division salen na tele tódolos dias. O meu compañeiro Rocha imitoume e metio un gol desde o medio do campo, era o 1-3, pero antes Carmona nunha falta directa desde 30 metros metio o balón por toda a escuadra. Todavia estamos a 3 puntos da liguilla, pero para a semana que ven enfrentanse os 4 primeiros entre eles e nos resibimos o Puertollano, e si se dan os resultados xa nos podemos meter en liguilla. A min ainda me quen outros 8 dias de escayola e despois empesar pouco a pouco a correr, xa teño o mono, pero eche o que hai. Un saludo a todos.

  • Real Betis B 0 - 1 Cartagena

    A liguilla de ascenso a tan só 2 puntos

    O filial do equipo verdibranco foi a cuarta víctima consecutiva en caer
    O filial do equipo verdibranco foi a cuarta víctima consecutiva en caer

    O Cartagena de Juanillo segue imparable e nesta xornada voltou a gañar pola mínima nun feudo de primer nivel como o Estadio Manuel Ruiz de Lopera, nome do mítico e tronado presidente verdibranco. Unha gran afición ten o equipo sevillano pero nada puido facer ante a apisonadora futbolística na que se converteu o equipo comandado por un lateral esquerdo de Camariñas todo calidade e garra. Os aficcionados do club de Heliópolis só lles quedou o consuelo de berrar: ¡Viva er Beti manque pierda! Pois si, efectivamente perdío.

  • Cartagena 1 - Portuense 0

    A Segunda División A máis cerca

    Terceira victoria consecutiva do Cartagena permítelle mirar cara o ascenso
    Terceira victoria consecutiva do Cartagena permítelle mirar cara o ascenso

    O Cartagena de Juan Cabrejo, Juanillo, dou un novo e importante paso para facer realidade o soño de ascender á Segunda División A cunha traballada victoria sobre o Portuense, o equipo de El Puerto de Santa María, nesta última xornada vixesimoséptima de liga que coloca ao equipo cartagenero a cinco puntos da tan desexada liguilla de ascenso. Como anécdota, sinalar que o porteiro do Portuense era o mítico porteiro africano Wilfred, antigo gardamallas do Rayo Vallecano, o cal debe de andar polos 40 anos como mínimo.