Queridos usuarios e amigos de Camariñas, despois deste fin de semana de traballo agotador por tratar de reanimar a este morto viviente que era camarinas.eu é un dos usuarios máis activos e importantes da web máis vista da Costa Atlántica (incluindo a nosa querida e fluvial Santa Comba, con todos os nosos respetos) Juanillo "O Mago de Corea" o que nos remite o seu artigo semanal con fotos sobre outra xesta deste equipo "O EFESÉ" que cada día está máis cerca de entrar na historia e subir á 2ª División A da man deste crack camariñán. En fin, foi un fin de semana tétrico para este concello por non poder contar coa web máis importante da Costa da Morte cando xustamente sonaban con redobles de "boga de voto" os tan esperados tambores electorales (aos que algúns tanto temen... sobre todo polas subvencións que lle tocaron estes anos a algunhas empresas. ¿Quen sabe cando se acabará este carto fásil? Coma sempre dicimos: estaremos atentos, recopilando datos) . Pulsa na imaxe de Juanillo para ler a noticia que nos manda "O Mago" de outra victoria que fai líder ao equipo do mellor xogador de fútbol da historia da Costa Atlántica: Juan Manuel Cabrejo Pasantes "Juanillo, O Mago de Corea".
Pois si amigos, como estamos en reflexión, decidimos que esta semaniña acabe como empezou: co cumpreanos dunha rapaciña inocente a cal si que o merece todo. Outra vez dicímosche Martiña "Felicidades" e non nos importa que nos chame algún que outro retrasado "a páxina salsa rosa". Vale a pena ser así polo ben do pueblo e de rapaces como Martiña e non estar a chupar cus todo o tempo para merecer un traballiño (digoo outra vez, si).
P.D: Quero persoalmente no meu nome (Diego Alonso Freire) pedir perdón expresamente ao noso Juanillo por meter esta parrafada na que debería de ser a súa sección. Perdón Juanillo, pero estamos en horas baixas..
Tal é o caso de Juanilo: o mellor xogador de fútbol que dou esta nosa desdichada Costa da Morte e que volveu este domingo 22 de decembro á súa terra coa súa xente ao bar dos seus pais, o Arnela, para pasar uns días de descanso despois de conseguir nen máis nen menos que o mesmísimo liderato da Segunda División B española deste lamentabilísimo e pésimo ano 2008 que, se ningén o evita, desaparecerá das nosas ridículas vidas coma o ronsel dunha gameliña de dúas popas entrando por debaixo do famoso puente xaponés do noso querido poso do muelle (que tanta complicidade podre e bo rollo existe agora, ¿verdad? Xa veremos as puñaladas que se darán nas eleccións municipais ou en algún próximo pleno uns a outros...vai a ser unha risa e camarinas.eu estará aquí para contárvolo desde a neutralidade e a independencia e sempre polo ben de Camariñas, non dunhas siglas). Pulsa na imaxe dos catro amigos reencontrados para ler a crónica de Juanillo "O Mago de Corea" sobre o último partido que xogou o noso F.C. Cartagena deste ano 2008 contra o Mérida.
Pero o que máis nos asustou foi cando no final do partido o entrenador do equipo local (un tal Anquela que perdera por completo os papeles) quixo agredir a Juanillo producíndose unha gran tangana que afortunadamente non pasou a maiores. Desde camarinas.eu queremos dar ánimos a todo o noso equipo de Cartagena e especialmente a Juanillo que exerceu de capitán neste último partido para o crucial encontro contra o Real Madrid B. ¡Adiante Cartagena! ¡Forza Juanillo! Pulsa na imaxe para ver o artigo que nos manda Juan Cabrejo desde Cartagena.
Páxina 8 de 10