• A xornada de Juanillo 18-10-2011

    O árbitro que chegou ao estadio Hermanas Patiño caseque unha hora tarde

    Xornada esta como todas as anteriores nas que, coma na antiga botica, hai de todo: victorias abultadas en partidos clásicos da costa, as xa habituales tundas, as canteiras que non paran, etc, etc... pero si por algo nos vai a quedar grabada esta xornada de mediados de outubro foi pola cómica actuación dun xoven árbitro que tiña a complicada misión de arbitrar o electrizante e incendiario partido entre o FC Camariñas e o Fisterra. Todo un clásico nos partidos da liga da costa. O caso é que o árbitro despistouse cando viña para Camariñas e foi dar a Punta da Biulleira en vez de chegar ao Campo Municipal Hermanas Patiño. Non sabemos si o árbitro actuou desta maneira para escapar do tenso partido que enfrontaba a dous claros aspirantes ao título ou só foi un despite ou incluso se debera ás espesa tinieblas que rodearon Camariñas este domingo de fútbol. Ao final este rapaz chegou sen problemas despois de que un escuadrón saira en busca del e, unha horiña máis tarde do que estaba pronosticado, comezou o encontro. En fin, aquí vos deixamos coa crónica de Juan Cabrejo "Juanillo", o mellor xogador da historia da Costa da Morte.
  • A Xornada de Juanillo 12-10-2011

    O Xaviña FC xogará este sábado un importantísimo partido no Hermanas Patiño de CamariñasTelegráfico repaso de Juanillo ao acontecido futbolísticamente no Concello de Camariñas este derradeiro mércores 12 de Outubro, Día da Virxe do Pilar. Unha soleada e espléndida data máis propia para ir ca familia a darse unha contundente homenaxe en calquer restaurante de alto postín e que nembargantes dou na nosa terra para outra multitudinaria treboada futbolística. Treboada na que, como é costume, houbo de todo: triunfos agónicos, insulsos empates, tundas pero das boas, etc... Camarinas.eu, sempre ollo avizor futbolístico, sacrificou unha tarde máis propia para unha siesta despois dunha opípara comellada para darse un garbeo polo universo futbolístico camariñán.

     

  • A Xornada de Juanillo 10-10-2011

    O Xaviña FC nunha foto de equipo recenteEspectacular xornada a vivida este fin de semana pasado con especial sabor a fútbol do bo. Hubo de todo, grandes goleadas, empates nos últimos instantes, algunha que outra tunda ben posta etc... unha xornada para non aburrirse. Pero para nomear nesta introducción citaremos a enorme victoria no último minuto do CB Camariñas Conservas Boya que conseguíu fronte a un rival directo a tan ansiada primeira victoria na gran liga de 1ª División Nacional. Unha victoria que quedará para os anales da historia do deporte camariñán da man do único medio de comuniciación que non antepoñe intereses (nin medos) políticos aos do conxunto da sociedade camariñana. Pero, ¿cal é este medio? Evidentemente Camarinas.eu. Si non existira habería que inventalo.
  • A Xornada de Juanillo 4-10-2011

    O FC Camariñas colleitou un empate nun disputado encontro contra o Club do MarImpresionante a cobertura mediática de Camarinas.eu mediante a man do noso redactor de deportes Juanillo do acontecido en todos e cada un dos encontros desputados este fin de semana. E decimos certamente de todos porque agora se incluirán de agora en diante nesta edición deportiva todos o resumen de tódolos encontros que disputen tanto os equipos senior de balonmán masculino e feminino como a maioría das crónicos dos equipos da canteira balonmanística do noso concello. Un esforzo sen precedentes non só dentro de Camarinas.eu se non por extensión de toda a Costa da Morte e, todo elo, gracias ao mellor xogador de fútbol que dou esta nosa Costa da Morte: Juan Cabrejo "Juanillo".
  • A xornada de Juanillo 27-9-2011

    O Xaviña conseguíu tamén a súa correspondente victoria nunha xornada boísima para os nososHai Juanillo, Juanillo... que tan facil é para algúns criticar e tirar polo chan o traballo que realizas no concello como si dunha bolsa de pipas baleira se tratara. Nos, aquí en Camarinas.eu, non deixamos de imaxinarnos unha suposta Concellalía de Deportes levada por algúns destes que tanto critican o teu traballo e, bueno, millor deixar que pase o conto porque a comparación daría para crónicas ben cómicas (se non ridículas) e non estamos a falar de subir as escaleiras do concello de 3 en 3, cousa por outra parte que fixo famoso nas instalacións consistoriais a Juan Cabrejo. En fin, deixámosvos ca crónica do acontecido na xornada deportiva deste fin de semana en Camariñas. Unha supercrónica na que Juan Cabrejo, o Redactor de Deportes de Camarinas.eu dende fai máis de 2 anos, non falla cada semana: 

    Semana fantástica para os equipos de fútbol do Concello onde os catro en categoría amateur gañaron os seus respectivos encontros. Semana na que como podedes comprobar, houbo unha morea de partidos, Fútbol amateur, de categorías inferiores, de veteráns, balonmán …Camariñas có deporte!!!

  • A Xornada de Juanillo 20-9-2011

    Foto de equipo do Xaviña FC no partido desputado ante o CoristancoComo dicíamos na anterior noticia Camarinas.eu púxose as pilas vendo a impresionante capacidade de traballo do seu redactor de deportes Juan Cabrejo "Juanillo" e pasamos a amosarvos un espectacular reportaxe do acontecido na xornada futoblísca camariñana. Xornada esta celebrada nas vísperas outonales chea outra vez dun pouco de todo. Tundas, victorias pola mínima, empates a cero, resultados estranbóticos, goles imposibles, etc... e é que a xornada futbolística que se celebra tódolos fins de semana no Concello de Camariñas pode ser unha das máis ricas de toda a Provincia da Coruña onde tanto se poden ver equipos onde se aglutinan xogadores de cada recuncho da comarca coma equipos onde os seus integrantes comparten entre todos importantes vínculos familiares. Esto último foi a imaxe máis tierna e que quedou grabada na mente dun redactor cando paseando polo mítico e destartalado Campo do Cotro (BuriaStadium) pudemos comprobar coma unha familia de Buría compartía unha espléndida tarde dominical xogando un partidiño de fútbol. Alí xuntábanse nais, tios, irmáns, sobriños e amigos para desputar un encontro entrañable e que fixo sentir a todos os que por alí pasaban a verdadeira esencia do fútbol: a amistade, o compañeirismo e, tamén, a familia.
  • A xornada de Juanillo 12-9-2011

    Os Leóns xogaron como cadetes do FC Camariñas fronte ao SoneiraRematou outra extensa xornada máis no ámbito futbolístico dentro do Concello de Camariñas. Unha xornada que, como as outras e as que quedan pendentes, comezan máis a parecerse aos encontros que disputan os equipos dunha cidade que aos dun pequeno e remoto pobo da Costa da Morte. A acumulación de equipos de tódalas categorías dende os máis pequenos ata os veteranos poñe de manifesto o caracter deportivo que explotou sen precedentes dentro do noso concello e do que Camarinas.eu e todo aquel cidadán de ben ten que sentirse orgulloso. O deporte ten que ser unha das bases para formar ás futuras xeracións como persoas íntegras e respetuosas. En Camariñas temos a oportunidade de dirixir toda esta vocación innata polo bo camiño e non dubidamos que con xente como Juan Cabrejo Pasantes "Juanillo" dirixindo todo este tumulto de equipos e encontros todo chegará a un bo porto. En fin, deixámosvos ca crónica do home que está a marcar un antes e un despois no deporte do Concello de Camariñas: Juanillo.
  • A Xornada de Juanillo 04-09-2011

    O CD Tenerife, un histórico do fútbol español, apeado da Copa do Rei polo CercedaMataxigantes. Ese é o adxetivo co que se pode caracterizar ao Cerceda de Juanillo, un home que reúne en si un triunvirato de características cáseque semellantes aos do mesmísimo Espíritu Santo: futbolista, concelleiro e redactor. Decimos mataxigantes porque na primeira das eliminatorias da Copa do Rei o conxunto cercedense deixou tirado na cuneta a un dos clubs históricos do fútbol español durante os derradeiros 25 anos: o Tenerife daqueles Redondo, Del Solar, Pizzi, Ezequiel Castillo, Makaay,etc..., para acto seguido, xa en partido ligueiro, arrancar no Estadio de Pasarón un valioso empate ante o Pontevedra, aquel mítico equipo do "hai que roelo", agora algo vido a menos na Terceira División. Mentras o Cerceda queima victoriosas etapas no camiño que o conducirá definitivamente ao tan ansiado ascenso, aquí xa na nosa terra vivimos un overbooking futbolístico que fai que sexan necesarias dúas vidas para poder asistir a todos os partidos que cada fin de semana inundan este prolífico territorio.
  • A Xornada de Juanillo 29-8-2011

    O Porteño realizaou un espectacular arranque de tempada

    Comezou a tempada para os equipos da terceira rexional do noso Concello como son o Parteño, Xaviña e Camelle. Como na botica, houbo de todo, unha victoria aplastante do Porteño, un empate do Xaviña e unha derrota do Camelle na súa nova andaina polo fútbol costeiro tras moitos anos desaparecido. A vindeira semana unirase o Camariñas que comezará a nova tempada na segunda rexional e o Camariñas xuvenil que fará o mesmo na súa categoria. No balonmán, o Camariñas conservas Boya continúa de pretempada, preparando o seu debut na categoría de Primeira Nacional, e recentemente ven de gañar o Teresa Herrera de balonmán, ao vencer ao Oar de A Coruña por unha diferencia de 5 goles. Noraboa!!!.
  • A Xornada de Juanillo 31-5-2011

    O patrocinador do torneo Construcciones Jose Antonio donou as copas do torneo

    Rematou este domingo a Copa da Liga de Fútbol Sala e fixoo cun partido sorprendente e moi igualado. Enfrontábanse nesta final os dous mellores equipos do torneo do KO: Puerto Arnela vs Bar Gaviota. Os conxuntos ofreceron aos siareiros citados no pavillón municipal O Areal unha bonita final na que comezaba gañando con autoridade o Arnela por 3 goles a 0 pero que, gracias á sabiduría futbolística do banquiño do Gaviota Luis "O Cotiño" e ao xogador deste equipo Sergio de Camelle con tres goles consecutivos lograron empatar o partido ante un Arnela atónito. Así chegouse á prórroga onde o Arnela conseguíu o triunfo final. Dende a organización do campeonato e dende esta redacción queremos agradecer a colaboración da empresa Construcciones José Antonio de Cerceda a súa colaboración neste torneo.

     

  • A Xornada de Juanillo 15-05-2011

    Toda a xornada futboleira do concello por Juan Cabrejo

    Se hai 15 días os ollos deportivos do Concello de Camariñas estaban pendentes do que acontecía no Pavillón de O Areal, nesta fin desemana viraron os seus tomavistas cara o flamante Estadio Hermanas Patiño onde desta volta quen se xogaba a vida nunha fase de ascenso era o emblemático FC Camariñas. E así nun encontro co forte vento do nordeste como protagonista os camariñáns enfrontábanse ao Carral nunha eliminatoria na que todo quedará pendente do encontro de volta. Por outra parte o Cerceda de Juanillo segue o seu paseo triunfal pola Terceira División galega á espera da súa vital fase de ascenso. Son chegadas as datas nas que todo se xoga nesa clase de eliminatorias que serán recordadas durante décadas...
  • A Xornada de Juanillo 08-05-2011

    O FC Camariñas xogará a fase de ascenso a 1ª Rexional

    Apura a tempada as últimas estacións da Liga Regular e os ollos xa están postos nas distintas fases de promoción na que un ano de competición, de duros esforzos, se xogará a todo ou nada. Nesas andan o Cerceda de Juanillo, pendente de coñecer o seu rival no asalto á Segunda División B e o Camariñas, que xa coñece adversario no seu ansiado retorno á Primeira Rexional. Nada mellor para o deporte camariñán que emular en fútbol o histórico éxito acadado polo Conservas Boya no balonmán. E é que este poder ser o ano de ouro para o noso deporte.
  • A Xornada de Juanillo 01-05-2011

    O Cerceda de Juanillo, campeón de Terceira DivisiónNo mesmo día no que se celebraba o 1º de Maio, Día do Traballador, o Cerceda de Juanillo campeonaba na Terceira División galega. Pola mañán tocaba festa na sede dos socialistas camariñáns e pola tarde tocou igualmente festa no estadio do Santa Comba. Coñecedor do que estaba por vir, Juanillo decidío non pasarse en demasía cos suculentos platos de callos dos que se dou boa conta na Casa do Pobo e decidío reservarse un pouco por aquelo de ter o corpo en condicións á hora de festexar xunto aos seus compañeiros un merecidísimo e xusto campeonato que premiaba ao que resultou ser o mellor de tódolos conxuntos da Terceira División galega. 
  • A xornada de Juanillo 24-04-2011

    Juanillo colleu as rendas do Xaviña no Torneo da Mostra 2011

    Á vista de edicións precedentes, si en algo floxeou a XXI Mostra do Encaixe foi na organización do Torneo de Fútbol porque, tampouco nos imos enganar, a cousa non foi para tirar cohetes. Visto o estado da situación, en xornada de venres o Municipal do Hermanas Patiño viuse privilexiado ca chegada de visitantes ilustres, ex-históricos do mellor FC Camariñas da historia, que tal e como andaba o día (chuvia continuada durante máis de 30 horas) e o espectáculo sobre o terreo de xogo, optaron por marchar como cohetes para a cantina e ahí fui arder Troia a base de carajillos. Con todo, o torneo de fútbol da derradeira edición da Mostra pasará a historia como o debut oficial nos banquiños de toda unha lenda sobre os terreos de xogo, Juanillo, que por encargo do Florentino Pérez da Costa Atlántica, Isaac Caamaño, fíxose cargo do plantel do Xaviña FC, e cunhas impresionantes leccións tácticas que deixarían boquiaberto ao mellor Jose Mourinho logrou manter á raia ao mesmísimo Camariñas ata que os obrigados cambios cos que facer xogar a tódolos convocados botaron por terra toda a boa labor anterior. Aquí queda para a historia do deporte rei a presente galería fotográfica.
  • A Xornada de Juanillo 17-04-2011

    Brais, o bravo xogador do FC Camariñas

    Fin de semana triunfal para o deporte camariñán, onde ao impresionante éxito do CB Camariñas en Bueu debe sumarse a non menos heroica victoria acadada polos alevíns de As Baleas en Noia onde campeonaron no Comarcal de Fútbol Sala. Agora queda remachar a faena nos campeonatos provinciais da especialidade a disputa na Coruña. E mentras noutras disciplinas os nosos pasean o nome do noso concello envolto nunha aura de gloria no deporte rei sorte dispar para os nosos: nova derrota dun Porteño abocado ao descenso salvo ascenso histórico dun FC Camariñas que apura os derradeiros encontros da liga regular á espera do que deparará a Copa da Costa e a Promoción do Ascenso á Primeira Rexional.
  • A Xornada de Juanillo 10-04-2011

    O Porteño apura os últimos tragos dunha tempada aciaga

    Apuran os distintos equipos os derradeiros tragos da copa da competición federada da tempada 2010-2011 e a sorte municipal no fútbol federado non pode ser máis dispar. O FC Camariñas encamiña os seus pasos cara o play off de ascenso mentras que o Porteño FC faise á triste realidade dun descenso certo. Mentras tanto o Cerceda de Juanillo segue a solventar con oficio os seus encontros e conta os días que restan para certificar un ascenso certo á Segunda División B do fútbol español. Sortes dispares as dos distintos equipos en litixio.

    CERCEDA 3-1 RÁPIDO DE BOUZAS
    Tíñamos a presión enriba de nós cando comezou o encontro debido a que o Ferrol xa gañara o seu partido, pero ben puidemos con ela e logramos gañar un partido que dominamos dende o principio. Voltou a súa cita có gol o máximo artilleiro da categoría, Manu Barreiro que marcou por partida dobre. Joselu foi quen marcou o terceiro gol, o da tranquilidade.
    Só quedan 5 xornadas e continuamos de líderes, sacámoslle 2 puntos de ventaxa e un partido que teñen que descansar eles, ao favorito, ao equipo que teóricamente iba a arrasar na categoría como é o Ferrol, pero o fútbol non é como as matemáticas, unha ciencia exacta, e así o estamos a demostras nós. A vindeira xornada visitamos Vilalba para xogar ante o Vilalbés, un conxunto que está a loitar pola cuarta praza que da acceso a xogar a liguilla de ascenso, se gañamos alí, o título ligueiro estaría ao alcance da man.

    CAMARIÑAS 3-0 O PINDO
    Partido cómodo para os homes de Manolín que dominaron de principio a fin. Brais, Mané e Fran Pioto,que se estreou como goleador có Camariñas, foron os goleadores do Camariñas. Con esta victoria acadada, o Camariñas asegurouse o subcampeonato, un segundo posto que lle da opción de xogar o play-off de ascenso a primeira rexional. A vindeira xornada, o Camariñas xogará en Fisterra.

    CARNOTA 1-1 PORTEÑO

    Resultado que deixa a ámbolos conxuntos prácticamente sentenciados ao descenso de categoría. Partido onde o Porteño xogábase os seus últimos cartuchos e non puido gañar ante un rival que queda afundido e abocado ao descenso directo. Quilmes foi o goleador do Porteño, tanto o seu que serviu para empatar un encontro no que previamente os locais adiantáranse no electrónico. Matemáticamente non está todo perdido e ten que seguir loitando o Porteño, que de tódolos xeitos, ten unha última bala gardada na recámara, pois se o Camariñas ascende, o Porteño lograría a permanencia. A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Club do Mar.

    COPA DE VETERÁNS. PARTIDO DE VOLTA DE 16 DE FINAL.
    CAMARIÑAS 0-3 VIMIANZO

    Triste a despedida do Camariñas de veteráns do torneo do k.o que mereceu moito máis dada a situación que lles tocou vivir aos homes que adestra O
    Socho, pois non foron capaces de xuntar 11 homes, tan só 9 foron os xogadores dos que dispuxo o Camariñas e pese a todo doulle moita guerra ao Vimianzo que só nos minutos finais logrou sentenciar o encontro. Chegan horas de reflexión e de xuntanzas para ver que vai acontecer con este equipo.

    FÚTBOL 7. AS BALEAS:

    BENXAMÍNS:AS BALEAS 0-12 SANTA COMBA
    Partido no que o Santa Comba foi mellor de principio a fin e así o demostra o resultado final. Os xogadores do Santa Comba eran case todos de segundo ano e iso nótase moito.

    BENXAMÍNS:BAIO 6-1 CAMARIÑAS
    Perderon os benxamíns do Camariñas ante un Baio superior.

    ALEVÍNS: AS BALEAS 3-7 SANTA COMBA
    Non tiñeron bon dia os alevíns das Baleas que pese a dalo todo no terreo de xogo, non pudieron contra un Santa Comba que nesta ocasión se amosou superior.

    ALEVÍNS: BAIO 3-3 CAMARIÑAS
    Empate o acadado polo Camariñas en Baio nun encontro moi disputado de principio a fin. A vindeira xornada, As Baleas xogarán en Muxía mentres que o Camariñas recibirá ao Dumbria B.

    AS BALEAS
    Os ALEVÍNS e os INFANTÍS das Baleas, acudirán o vindeiro sábado 16 de abril ao CAMPEONATO INTERCOMARCAL DE FÚTBOL SALA que se disputará en Noia. Ámbolos 2 conxuntos acuden como campións das súas respectivas categorías no campeonato de fútbol sala da zoa norte da Costa da Morte.
    Moita sorte!, e de seguro que estes rapaces van a deixar o pabellón camariñán moi alto.

     


     

  • A Xornada de Juanillo 5-4-2011

    O FC Camariñas levouse o derby municipal fronte o PorteñoXornada que viña marcada polo derbi entre o Porteño e o Camariñas onde os da Ponte do Porto xogábanse moito pero finalmente o camariñas foi o que se levou o derbi. O Xaviña rematou a liga perdendo novamente na casa, pero para ser o primeiro ano que compite hai que sacarlle o sombreiro ao equipo que preside  Isaac. O socho debuta como entrenador do Camariñas de veteráns con victoria no partido de ida da primeira eliminatoria da copa de veteráns. Por outro lado, xa temos a volta da esquina o comezo da Copa da Costa, o torneo por excelencia na que tódolos clubes dan o mellor de si mesmos para tentar gañar o tan valorado trofeo.  Esperamos que desfrutedes da crónica desta semana aderezada cun total de 130 fotos dos partidos desputados entre o Xaviña contra o Coristanco e o encontro estelar desta xornada, o Porteño vs. Camariñas.
  • A Xornada de Juanillo 30-3-2011

    A nova fichaxe do FC Camariñas xogou o seu priemeiro partido no Hermanas Patiño

    Fin de semana onde a mellor noticia foi a victoria do Porteño en Castriz para aferrarse a segunda rexional, están os da Ponte do Porto agarrándose a dita categoría a base de garra e coraxe para suplir outro tipo de carencias. O FC Camariñas díxolle adeus a liga cunha derrota inesperada ante o Buño no Hermanas Patiño. Os de Manolín xa están mirando máis esa promoción que outra cousa.  Esta semana temos o prato forte onde o derbi Porteño-Camariñas será crucial para os da Ponte do Porto, unha maiña do camariñas non viría nada mal…
  • A Xornada de Juanillo 23-3-2011

    O partido do Xaviña foi presenciado polo noso redactor deportivo JuanilloFin de semana no que temos resultados e consecuencia de todo tipo. O cerceda levou unha boa tunda en Ourense e Nacho, o adestrador, presentou a súa dimisión. Unha decisión que pouca xente entende, os números que presenta Nacho son inmellorables, líder da terceira división, equipo menos goleado e segundo máxima goleador. Dende Camarinas.eu repetamos a súa decisión e tentaremos de telo de colaborador semanal. O Camariñas golea ao colista Vimianzo, o Porteño perde có líder e o Xaviña recibe outra tunda de mans do Mazaricos. Os veteráns do Camariñas están situados en postos de descenso a falta dunha xornada e nos máis pequechos, houbo derbi!, e As Baleas levouse o gato a auga.
  • A Xornada de Juanillo 19-3-2011

    Juanillo desgrana a xornada futbolística do Concello de Camariñas

    Xornada onde tivemos de todo, como na botica. O Cerceda continúa de líder demostrando que o que queira quitalo de a´hí vai a ter que suar sangue. O Camariñas deixouse parte das súas aspiracións co seu empate na casa, onde a expulsión de Juan o Vello foi clave. O Porteño aférrase a segunda rexional cós dentes, gañou ao San Lorenzo e aínda é posible a miragre. O Xaviña esta esperando o fin da liga coma auga de maio, a tunda que levou en Corcubión pode facer dano. Xa vedes, temos aos nosos equipos metidos en todo tipo de batallas esperando sair triunfais na maioría delas.