• Entrevista a José Vicente Castiñeira Tajes "Vi"

    Se hai unha persoa volcada có fútbol de canteira e traballando día tras día cos rapaces do Concello de Camariñas, ese non é outro que José Vicente Castiñeira Tajes, ou Vi, como él quere que lle chamen e como é coñecido por todos nós. Vi é unha persoa enamorada do fútbol, que xogou tanto nos xuvenís como nos maiores do equipo do Camariñas de fútbol e donde nunca o tivo fácil, pois antes dábaselle máis importancia a forza física que agora, e nese particular, o noso Vi perdía, pero gañaba tanto técnica como psicolóxicamente e ahí estaba a súa forza, ese non rendirse ante as adversidades e domostrar a súa valía pese a tódalas trabas que se encontra polo camiño. Pero se hai algún deporte no que destacou e no que sobre todo disfrutou e gañou, ese non foi outro que no fútbol sala, có seu "Ajax de Castelao" que sería unra refencia comarcal no mundo do fútbol sala, e o número dez de ese equipo non lle correspondía a outro que non fose Vi, un home que é coñecido e admirado alá por donde vaia.