• Visita do delegado do goberno ao Concello de Camariñas

    No día de onte, mércores 25 de Agosto, o delegado do goberno, José Miñones, realizou a súa primeira visita institucional ao Concello de Camariñas. Nela percorreu as rúas da vila mariñeira acompañado de distintos integrantes do goberno local, entre os cales se atopaba a alcaldesa Sandra Ínsua quen lle trasladou a súa preocupación pola construción do paseo marítimo e as vivendas situadas alí.