• Remata a instalación das novas luminarias no Estadio “Irmás Patiño”

    Esta semana remataron as obras no estadio municipal de Camariñas, o “Irmás Patiño”, nas cales se substituíu a súa iluminación exterior ampliando a súa capacidade. Nelas substituíronse as luminarias anteriores por unhas de tecnoloxía LED e aumentouse o seu número que pasa de ser catro a seis por estrutura. Isto dotará as instalación de unha mellor visibilidade ao mesmo tempo que permitirá un aforro de até un 73% na factura grazas ao baixo consumo da tecnoloxía LED.

    O orzamento destas obras de renovación foi de 39.974,90 euros e estivo financiada a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

  • Aprobada a renovacións das luminarias do campo municipal “Irmás Patiño”.

    Na Xunta de goberno local de hoxe, xoves 11 de Marzo, o Concello de Camariñas aprobou o proxecto para a renovación da iluminación do campo de fútbol “Irmás Patiño”. Este conta cun orzamento de 39.974,90 euros e está financiado a través do Plan Único da Deputación da Coruña.

    O proxecto consiste na substitución das catro luminarias que ten cada unha das torres engadindo dúas máis a maiores a cada unha delas. Os novos focos luminosos serán de tecnoloxía LED o que permitirá unha mellor visibilidade nas instalacións, ademais de producir un aforro de aproximadamente un 73% con respecto as luminarias predecesoras.