• Comunións de Corpus 2018 na Ponte do Porto

    Este domingo 3 de xuño celebrábanse na Igrexa Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto as típicas comunións de Corpus Christi ante un templo porteño abarrotado de familiares e amigos que non se quixeron perder este importante evento nas vidas destes cinco nenos porteños. Jason, Iria, Pablo, María e Íker tomaron por primeira vez o corpo de cristo, alimento vital da nosa alma cristiana, da man do noso querido Páter Don Eduardo Puga ante as felices e orgullosas catequistas que vían aos seus pequenos alumnos como se transformaban nuns auténticos cristianos. Os pequenos portáronse xenial neste importantísimo momento da súa vida que foi inmortalizado polos fotógrafos de Viéndote Crecer Fotografía Infantil de Camariñas. Despois da ceremonia e das fotos chegou o momento da festa e dos xogos que os afortunados pais destes excelentes nenos e nenas lles tiñan preparado nos seus respectivos restaurantes. E dende aquí tan só felicitar a estes preciosos nenos, as súas familias e tamén a todas as catequistas polo gran traballo realizado no día da primeira comunión destes pequenos porteños. Noraboa a todos!
  • A destrucción do patrimonio na Ponte do Porto, por Rafael Lema

    O coñecemento da historia e do pasado das colectividades humanas, dos seus fitos, xestas e despropósitos, concrétase como ineludible á hora de construir futuros. Un coñecemento auténtico, enténdese, non veña a ser como esa construcción de patrañas inauditas erixidas durante os derradeiros 40 anos polo nacionalismo racista e supremacista catalán con vistas a proporcionar o basamento teórico sobre o inventar un proceso de enxeñería social. O anterior non pode acontecer naqueles territorios (Camariñas, a Costa da Morte) que contan con historiadores da solvencia e pulcritude do noso querido amigo Rafael Lema, alguén que sobre a base de esforzo, obxectividade e análise labrou unha traxectoria de renome nos máis diversos eidos da ciencia historiográfica. No presente capítulo, ca súa concreción e sabiduría características, rememora un dos maiores desastres en canto a destrucción de patrimonio do noso concello. Onde calquer suposto historiador chalado catalán non dubidaría en culpar dos seus ridículos históricos ao Estado centralista e opresor Rafael evoca causas, realidades e consecuencias. Un traballo pulcro, detallista e obxectivo, inapelable e crudo para saber de ónde vimos e cómo evitar erros no futuro.
  • Comeza a reparación do campanario da igrexa da Ponte do Porto

    Despois dun largo periódo de letargo, exactamente dende finais dos anos 80 cando se puxeron en coñecemento este grave problema ás autoridades eclesiásticas, os feligreses da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto comprobaron por fin a iniciación das obras de reparación estructurales do campanario da súa igrexa. Este xoves 27 de outubro comenzaban a traballar os operarios da empresa concesionaria ataviados cos seus arneses de seguridade pola maraña de andamios que recobren o campanario da igrexa da Ponte. Alí, nas alturas porteñas, os técnicos puderon comprobar o estado da situación despois dese interminable intervalo de tempo no cal non se sabía moi ben cal ía a ser a solución a este problema estructural que poñía en perigo o santuario porteño.