• Hotel Playa de Camariñas, un soplo de aire fresco para o turismo de Camariñas

    Estas derradeiras semanas están sendo frenéticas para o xoven empresario camariñán Rubén Lema e familia. Despois dunha longa temporada de duros traballos están a piques de inaugurar o que será un dos máis atractivos hoteis de toda a Costa da Morte. Hotel Playa de Camariñas é o nome escollido por este xoven emprendedor da nosa vila para esta nova instalación hoteleira sita en plena praia de Area da Vila No que antigamente foi o Hotel Triñanes, pero cunha inversion importantísima que supuxo inha reforma do inmoble caseque total. Dende a instalación electrica ata os sumidoiros, todo se reconstruiu novamente dándolle un exquisito toque modernista tanto nas habitacións como nos demáis recunchos do hotel.