Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Hostelería de Camariñas
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Gelinita e Juan pechan o Café Bar Pinar e xubílanse
A bomba informativa confirmábase momentos antes da medianoite do 31 de decembro: aquel sería o último día en activo de Juan e Gelinita como hosteleiros profesionais, lexendarios xerentes do Café Bar Arnela antes e do Café Bar El Pinar, despois. Unha noticia que os membros desta redacción recoñecemos que encaramos co corazón dividido: por unha parte, con profunda alegría, xa que dúas persoas tan queridas para nós por fin acceden ao tan merecido descanso despois de toda unha vida de duro traballo e constante esforzo, pola outra non podemos deixar de recoñecer que con pena xa que ¿aonde imos a ir agora? ¿ónde atopar un lugar no que nos trataran con tanto cariño e atención? Porque se somos realistas estes dous redactores saben no fondo da súa alma que acaba de pechar o que será sen lugar a dúbidas o bar máis importante das súas vidas.
Ruta das Tapas "Coma o Outono" en Camariñas
O Concello de Camariñas co cofinanciamento da Dirección Xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria e a colaboración da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, organiza unha campaña de INCENTIVACION AO CONSUMO 2014 con actividades que se desenvolveran dende novembro co mercado e os comercios de Camariñas.
O prestixioso chef Javier Rey ofrece este martes unha charla en Camariñas
Hoxe martes 10, ás 17:00 no Centro de Iniciativas de Camariñas, Javier Rei, xefe de cociña do Restaurante Alborada, que conta cunha Estrella Michelín e referente na Coruña empregando produto local de calidade. Javier Rei aconsellará cómo elaborar un menú mariñeiro elixindo produtos locais do mar, cómo presentalo e cómo vendelo, qué debe incluir, como describilo e consellos para diferenciarse. Con esta sesión búscase que cada establecemento elabore un menú mariñeiro que será ofrecido nas xornadas gastronómicas que terán lugar en datas aínda sen determinar. Esta actividades están incluías no programa “Camariñas, o mar todo” promovido polo Concello de Camariñas e financiado polo Gac Costa da Morte. A sesión é gratuíta e poden asistir as persoas das empresas do sector hostaleiro e turistico de Camariñas que desexen participar na rede de traballo de turismo que está a formarse.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Manifestación contra os recortes en pediatría no Concello de Camariñas
Camariñas Conservas Boya 30 - 22 ED Poio
A Xornada de Juanillo 20-02-2011
Cheos nos desfiles da Mostra 2013
Éxito total do salón de bautizos e comunións ExpoPeques 2018 en Camariñas