O Concello de Camariñas está ligado a historia dos naufraxios, a súa costa é o epicentro da costa da morte e iso é algo que non pode evitar formar parte da cultura da zona. Fai escasas semanas presenciábamos as festas celebradas en Camelle na honra do City of agrados seus mariñeiros e das xentes de Camelle e Arou que se lanzaron ao mar no seu rescate. Hoxe, 10 de Novembro, a cita coa historia tráxica da costa camariñá era co buque inglés Serpente a ofrenda floral que levou a cabo a alcaldesa, Sandra Ínsua, xunto coa conselleira Encarna Liñeiro que se trasladaron ao cemiterio dos ingleses para realizala.
Do mesmo xeito, quíxose aproveitar esta fecha simbólica no Concello para inaugurar unha exposición ao aire libre no paseo marítimo de Camariñas. Nela os interesados locais e foráneos poderán ver a reconstrucións dos afundimentos máis emblemáticos que acaeceron na zona dende o punto de vista da época mesma na que aconteceron. Isto lógrase a través de fotografías do seu momento xunto con recortes de periódicos e revistas que cubriron a noticia por aquel entón.
O programa de televisión "Hundidos" do canle estatal La 2 estivo grabando hai cousa dunhas semanas unha reportaxe na que uns aguerridos buceadores trataban de atopar os restos do lexendario HMS Serpent afundido na noite do 10 de novembro de 1890 nos baixos da Punta do Boi. Para elo os protagonistas deste novo programa contaban coa inestimable colaboración do noso querido amigo Toñito de Chuca, experto percebeiro e buceador que indicou con datos casi quirúrxicos aos buceadores onde podían encontrarse os restos do malogrado buque escola da Royal Navy. Así, con estas indicacións, os mergulladores do programa foron caseque directamente á zona sinalada por Toñito e non tardaron moito en grabar o que consideraron os posibles restos do HMS Serpent, o naufraxio máis terrible da historia da Costa da Morte e que dou o nome a esta milenaria terra.