As primeiras camariñás en recibir a primeira vacina do COVID-19 foron Laura Rodríguez e María Oanes, dúas sanitarias que están a vivir a pandemia dende dous puntos de vista moi distintos e ao mesmo tempo complementarios: Laura traballa dende hai 2 anos e medio dentro da planta cardíaca do CHUAC e dende que se abriu unha UCI para casos COVID fai roldas nela. Hoxe por hoxe leva un mes de continuo nesta UCI para casos críticos de COVID-19. María traballa para a Fundación Adcor dentro da planta de coidados a rapaces e rapazas con capacidades especiais dende hai 4 anos. Isto fixo que pasara o confinamento con grupo de persoas especialmente sensibles a este tipo de situacións. Dende o Camarinas.eu puxémonos en contacto coas dúas para preguntarlles como foi a experiencia de vacinación e como viviron e viven este tempo de pandemia.
Esta historia verdadeira, é tan real que non me atrevo a chamarlle conto. Acontecera nun día onde o entroido e as comparsas ían collidos da man, con toda a troula festeira detrás. Matrimonio oriúndo da Costa da Morte, protagonista desta traxicomedia...ou sarao. Coma vos queirades chamarlle.
Transcorreron xa un lote de anos, dende aqueles afastados tempos en que a xeración miña acudía á escola. Os nenos viñamos sendo, máis ou menos, coma ós de hoxe en día: inquedos, fantasiosos, fieis aos amigos, pillabáns, touporroutous, enxeñosos..., Mais, algo mudou dende aquela infancia da posguerra. Tempos de aros, de espadas de pau, de tiracroios, de Pita Cega, de Mariola... até o día de hoxe, onde todo está a virar en col do móbil, do televisión de plasma, ou do coche de última xeración... Hoxe quero falar un pouco de todo iso, coa perspectiva que está a dar a balanza do tempo, pa poder sopesar unhas e outras vidas, con este fantasioso modo meu pa agrandar as cousas, a través do telescopio da historia miña de hoxe e de onte.