• Un libro de cociña camariñá e francesa

    Dentro da gastronomía acaban residindo historias, legados e mesmo culturas que se ven reflexadas nos seus pratos. Cada lugar ten as súas características, mais isto non impide a fusión mediante pontes  no cruce de camiños. Deste xeito e grazas asociación La Turballe – Cap Camariñas xorde o libro “La Turballe e Camariñas comparten mesa” onde se recollen de forma conxunta receitas tradicionais de ambas vilas.

    Nel persoas de cada un dos dous lugares comparten o pasos a seguir para elaborar cada prato e explicando a historia asociada ao mesmo. O paso de xeración en xeración e a ligazón coa terra e a tradición que os orixina estarán presentes neste libro así como as raíces compartidas entre ambas vilas mariñeiras.

    O libro conta cos prólogos da presidenta da asociación La Turballe – Cap Camariñas, Dominique Floc’h e dos alcaldes das dúas vilas, Sandra Ínsua e Didier Cadro, e será presentado durante a vindeira Mostra do Encaixe de Camariñas na súa XXXI edición.

    Algunhas das receitas que poderán atoparse no libro son:

    • “Paté de sardiñas”, por Jacky Trimaud, pescador xubilado de La Turballe.
    • “Tiras de calamares e tentáculos con manteiga de tomates”, por Xavier Chevallier, Chef do restaurante Le Terminus de La Turballe.
    • “Xurelo empanado con cacahuetes e tartar de tomate, cogombro, alfabéga e menta”, por Thomas Barreau, especialista en cociña sustentable de La Turballe.
    • “Fideos fritos con verduras, marisco e algas”, por Maika Campos, cociñeira e xerente do Bar Curbeiro.
    • “Calamares recheos”, por Dorita García Carril, palilleira e presidenta de Rendas, de Camariñas.
    • “Revolto de caviar de ourizo de mar”, por Gemma Pedreira Allo, responsable de produción de Conservas Leticia.

     

    maika_mod.jpg

    dorita_mod.jpg

     

  • Gran éxito da Fin de Semana dos Naufraxios do Concello de Camariñas

    Este pasado fin de semana celebrouse outra exitosa edición da ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ no Concello de Camariñas. Nesta ocasión contou con moi diversas actividades cos naufraxios da costa camariñana como tema común de unión entre elas. Así pudemos desfrutar durante estes días de representacións teatrias, relatorios por diferentes puntos do concello, así como tamén se realizou unha sesión infantil na que os máis veciños máis pequenos do noso concello tiveron a oportunidade de coñecer algúns dos naufraxios máis importantes acarcidos no noso litoral. Pero si as anteriores actividades tiveron éxito, o concurso de tapas preparado para este evento foi  o cumio a esta fin de semana dos naufraxios. 
  • O Restaurante A Marina de Camariñas recibe a Medalla de Ouro dos Premios Nacionales de Gastronomía

    Este mércores 13 de decembro o Restaurante A Marina de Camariñas recibía a Medalla de Ouro dos Premios Nacionales de Gastronomía que concede a organización Radio Turismo de Madrid. A gala na que se concedeu este importante galardón ao reputado restaurante camariñán foi celebrada no Hotel Los Abetos de Santiago de Compostela, á cal asistiron Óscar Freire, xerente de A Marina, xunto a súa compañeira Dolores Barreiro que, emocionados por tan importante recoñecemento tiveron palabras de agradecemento por tan significativa distinción dun restaurante de Camariñas. Súmase este premio á ola de recoñecementos dende varias entidades a este exitoso local hostaleiro da vila das palilleiras, tales como o premio "Xantar el Plato de Oro" que recibíu a xerencia do Marina hai caseque catro anos. 
  • Silvina Muñoz - Repostería creativa, Cupcakes, Muffing y Magdalenas

    Muchas vueltas he tenido que dar para decidir con que tema comenzar este primer post y que mejor que hablar un poquito de la tan mencionada “repostería creativa”. Muchos se preguntarán qué es la repostería creativa. Se trata de transformar la repostería tradicional en arte, darle toques nuevos, sofisticados, diferentes. Mejorar recetas de toda la vida, como por ejemplo la conocidísima tarta de la abuela, en algo único y personal, simplemente cambiando la presentación, el aspecto o incluso cambiando o añadiendo ingredientes nuevos que le den un toque diferenciador. Éste tipo de repostería no es sólo el uso de fondant, que por cierto requiere técnica,  muchos cursos y prácticas para lograr efectos increíbles  y acabados perfectos.
  • Silvina Muñoz, nova colaboradora de Camarinas.eu

    Camarinas.eu suma unha nova colaboradora nómina á máis prestixiosa nómina de firmas da Costa da Morte. Trátase a xaviñana de adopción Silvina Belén Muñoz, natural de Mendoza, na Arxentina, que rexenta con notable éxito de crítica e público dende hai un tempo un local propio de repostería e pastelería en Xaviña. Toda unha revolución gastronómica que causa furor nos paladares máis esixentes. Escribirá Silvina un artigo semanal en Camarinas.eu sobre repostería ou sobre calquer outro tema que teña a ben, e representará esa porción tan sacrificada da actual sociedade española, ese sector sobre que se fai descansar o peso económico de toda unha nación, o do empresariado autónomo, que loita duramente día a día por tentar saír adiante. Pero mellor será que sexa a propia Silvina a que nos conte a singular singladura que a levou a ser colaboradora de Camarinas.eu.