“En ningún informe previo da Garda Civil e tampouco nos datos que nos trasladaron na reunión que mantivemos en decembro se reflicten os puntos de venta que se fixeron públicos ao detalle nos medios de comunicación e que tamén coinciden co sentir do pobo polo que cremos que é necesario que se investigue” foron as palabras de Sandra Insua na última xuntanza coa subdelegada de goberno Pilar López Rioboo e o coronel Francisco Javier Jambrina. Isto reflicte a súa preocupación na disparidade das cifras oficiais e non oficias publicadas recentemente arredor do consumo de estupefacientes no concello.
“O Concello de Camariñas trátase dun municipio cunhas taxas de seguridade superiores ás que existen no resto da provincia, comunidade autónoma e no total do territorio nacional”. Esta é unha das conclusións que sacan a Comandancia da Garda Civil e a Subdelegación do Goberno no informe anual que veñen de remitir sobre os delitos cometidos no 2020 no termo municipal.