Un dos actos máis multitudinario da Mostra do Encaixe 2019 tiña lugar na noite do venres 17 de abril na sala de desfiles. Alí, ante preto de 300 persoas era presentado en sociedade o video promocional do concello camariñán "Eu Son Camariñas". Ao final por fin se resolveu ese misterioso video promocional que tiña en vilo a todos e cada un dos cidadáns do concello e que fixo que en unha semana as redes sociais do programa sumaran centos e centos de cidadáns ávidos por saber como sería o desenlace final que foi desvelado neste evento. Acto presentado polo seu creador Diego Alonso Freire que estivo acompañado polos protagonistas desta historia de música e terra. A gran ausente desta espectacular estrea era a unha das protagonistas principais do programa Belem Tajes, a intérprete de Arou que estaba de viaxe por Nueva York e que quixo estar presente mediante un video que nos enviou a todos os asitentes dende a cidade dos rañaceos. Despois chegou o turno da proxección do video que, tal e como acontecera na preestrea, volveu a arrincar os aplausos emocionandos dun público entregado posto en pe que non quixo perderse a oportunidade de agradecer e dar a noraboa a todos os integrantes deste programa promocional que vos adxuntamos a continuación aquí en Camarinas.eu
Segue Radio Nordés Cadena Ser a interesarse polo proxecto "Eu son Camariñas" adicando entrevistas semanais a algúns dos artistas camariñáns que forman parte do elenco deste video clip. E seguen os seus protagonistas a desvelar con contagotas algunhas das claves deste traballo que sairá proximamente á luz. e hai un par de semana o que atendía a chamada de Radio Nordés era o gaiteiro xaviñán David Carril, este xoves 14 de marzo o encargado de manter o suspense nas ondas radiofónicas da Costa da Morte era Fran Barcia, o virtuoso acordeonista camariñán que, xunto a seu irmán Carlos, representan á parroquia de Camariñas neste proxecto audiovisual. Fran contáballe a Josiño de Radio Nordés algunhas das claves do video que se está a preparar, pero sen dar moitas máis pistas e mantendo a incertidume sobre este sorprendente traballo audiovisual. E nos dende aquí seguimos con esta tensión de saber algo máis deste proxecto audiovisual que ten a todo o Concello de Camariñas sumido nunha profunda intriga.