Jola ca súa irmán Carmen da man en 1973
E aínda hoxe o director desta web lembra case tódolos días cando no seu lamentable periplo canario, Sefa tratouno coma outro "Pedro" , coma unha nai, e lle lavaba a roupa a un Diego Alonso desfeito que viña de traballar na construcción. Ademáis disto, tampouco se pode un olvidar daqueles domingos onde Pedro senior, o seu marido, facía aquelas añoradas e apetitosas churrascadas. Por iso mesmo, en esta dura semana na que esta web chegou incluso ata a ser insultada gravemente (insultos que dende logo non serán olvidados) e se pensou en tirar con todo ao mar, se houbo unha xente que o evitou foi toda aquela que coma Sefa, O Soco, Machote, Jose de Marta, Javi, etc.. viven lonxe da súa casa e camarinas.eu é o fío vital que os une á mesma. Temos adquirida unha responsabilidade a que non se lle pode fallar. Por todo eso: ¡¡ FELIZ 55 CUMPREANOS SEFA!! ¡¡ESTAS FEITA UNHA RAPAZA!!
E difícil precisar o ano desta imaxe, que reflexa a entrega dos diplomas das licenciadas cum laude no Curso de Palilleiras por parte do ex-alcalde Bautista e dunha persoa que se sempre se volcou na axuda persoal e material cara a nosa Mostra: un moito máis xoven presidente da Excma. Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. Fotos que ademáis de reflexar o paso do tempo, demostran como éste o cambia todo porque probablemente a persoa que sacou esta fotografía agora é o Alcalde de Camariñas. En todo caso e como sempre cas Fotos Históricas, deberán ser os nosos usuarios os que precisen tódolos datos destas evocadoras fotografías duns tempos nos que a Mostra andaba en patucos.
Concretamente esta foto foi sacada o día da chegada do barco ao porto de Camariñas provinte de Cee, onde fora construido a principios da década dos sesenta. Neste punto o noso fiel lector Xosé Luís Blanco Campaña lémbranos que o nome orixinal do barco era "Ana Marichu" pero que debido a un error burocrático do finado Manolo de Dora na Ayudantía de Marina a embarcación foi bautizada finalmente como "Ana María" debido a que se trabucou na filla de Ramón Campaña elexida para nomear o barco (María por Marichu), errores que tan habituais eran por aquel entonces, alomenos eso é o que se conta. En calquer caso en camarinas.eu seguiremos lembrando as embarcacións míticas de Camariñas sobre todo se veñen acompañadas de estampas tan fermosas.
Todo o que acabamos de dicir reflícteo esta fotografía histórica que nos fai chegar a nosa fiel usuaria Pión desde Cádiz, o lonxano e antigo Gadir colonizado por gregos e fenicios, para deixar constancia de tal feito. E seguro que se os redactores rebuscan entre a multitude que rodea ao tridente máxico da santidade formado por San Roque na dianteira, San Antoniño no medio e San Xurxo na retaguardia neste día de San Xurxo de 1972, atoparán unha gran cantidade de parentes seus (seguramente as nosas nais pero tamén tíos, tías, avoas, etc...). Como seguro que tamén vos pasa a vós. Pero esa é unha labor que teredes que facer os usuarios de camarinas.eu poñendo nomes a multitude inxente que rodea aos nosos queridos santos na foto ampliada a tamaño natural do interior.
Montaxe de Camarinas.eu
Páxina 3 de 4