Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Fotos Históricas de Camariñas
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Fotos históricas: Mikel na Danza de Arcos
Miguel dándolle aos arcos no Carme de Camariñas co noso usuario Reira detrás
Desta vez expoñemos en Fotos Históricas unha imaxe que nos manda Mikel, o Guerreiro Poeta de
camarinas.eu,
pero sobre todo amigo e colega.
A petición do usuario desta web "Reira" (que tamén sale na foto) incluimos esta nova imaxe dos anos noventa.
E é que como bos camariñáns non podían faltar á tradición no día grande das Festas do Carmen de Camariñas bailando na nosa Danza de Arcos
.
Fotos Historicas: Bailes tradicionais de Camariñas
Os bailes no Carmen dos mariñeiros camariñáns
Bailes na festa do Carmen interpretados pola xuventude de Camariñas
Nesta foto podemos ver os bailes que facían os grupos de xóvenes camariñáns naquelas épocas dos oitenta.
Hoxe en día estase a recuperar parte deste conxunto de bailes tradicionais gracias ao traballo e esforzo dunha profesora que xa leva uns cuantos anos en Camariñas ensinando aos rapaces: Ana Seijas. Para ver a foto completa e comentala, coma sempre pulsa en "Ler máis.."
Fotos Historicas: a Danza de Arcos
Jose de Marta, Tono Rufo e Chatín na Danza de Arcos
Nesta instantanea podedes ver a Jose de Marta e Tono o Rufo feitos uns chavales.
Nesta instantánea podedes ver a Jose de Marta e Tono o Rufo feitos uns chavales.
Jose, un dos clásicos de camarinas.eu, xa daquela era un incondicional do equipo da súa vida, o Real Madrid, por eso sempre se enfundaba unha banda do equipo dos seus amores cando bailaba por Camariñas adiante na Danza de Arcos. ¿Volverá Jose de Marta polos seus vellos fueros na Danza de Arcos cando sexa a súa querida Festa do Carmen? Desde esta redacción esperamos e apostamos porque poidamos volver a velo en acción deportiva.
Fotos Historicas: O día de Noiteboa do ano 1985
Esta foto foi sacada na igrexa de San Xurxo de Camariñas o día de Noitebóa do ano 1985. Corría polo tanto a década dos oitenta. Aínda era cura párroco de Camariñas Don Antonio Velo, antes de que... bueno, antes de que pasara todo aquelo. Algúns dos integrantes desta foto, tristemente hoxe xa non están con nós. Pasaron moitos anos, máis de vinte, pero dende
camarinas.eu
recordamos con cariño e respeto aos compañeiros ausentes.
Fotos Históricas: FC Camarinas Campeon da Copa da Costa
Nesta foto podemos ver a algúns dos usuarios desta web, como Juanillo, Jose de Marta ou Weah, que aínda era un chaval, celebrando un triunfo histórico que enchío de ledicia a todo o pobo de Camariñas. Xunto co equipo de finais dos setenta que incluso chegou a xogar en Rexional Preferente, éste tamén foi un dos equipos míticos que conformaron o F.C. Camariñas. Algúns destes xogadores aínda están en activo, pero a maioría xa abandonaron a práctica do fútbol, pero eso sí, cunha Copa da Costa baixo o brazo. ¿Pero sabes cales son os nomes de todos os xogadores deste equipo histórico do FC Camariñas?
Fotos Históricas: O tempo do recreo no Colexio O Areal de Camariñas
Aquí vos traemos outra foto na cal podemos ver a un grupo de escolares do noso pobo no patio da escola de Camariñas durante o recreo. Xa pasaron anos dende que a profesora Aurora xuntara a estes rapaces para sacar esta imaxe histórica. Polo menos vinte no momento de escribir este artigo que publicamos aquí en exclusiva. Sabemos os nomes de casi todos os rapaces excepto de catro aos que non conseguimos poñer nome. Axúdanos comentando esta noticia.
Fotos Históricas: O Presidente da Xunta Gonzalez Laxe en Camariñas
Aquí temos unha imaxe histórica de cando Fernando González Laxe como presidente da Xunta visitou Camariñas en 1989 con motivo da campaña electoral das eleccións autonómicas que levaron a Manuel Fraga en volandas á Xunta de Galicia. Un día histórico no que a antiga Praza Maior da Vila das Palilleiras rexistrou un auténtico cheo ata a bandeira de socialistas camariñáns nun esforzo que finalmente se revelou como infructuoso. Na imaxe que ilustra a presente noticia pódese ver a un dos redactores de esta web abrazado a que era naquel entón Presidente da Xunta. Xa pasaron anos e o aspecto de Diego cambiou un pouco..., máis ben parécese ao tipo de barba que aparece na banda dereita. Como se pode observar, Diego era un seguidor acérrimo do Betis debido á súa ascendencia andaluza aínda que hoxe en día prefira ao Sevilla: un equipo realmente español. E dentro desta noticia: outro redactor de Camarinas.eu o mesmo día e no mesmo lugar. Predestinacións da historia.
Fotos Historicas de Camariñas: O FC Camariñas mítico de finais dos 70
En Camarinas.eu queremos dar cada día un paso máis para ofrecer un servizo máis amplo a todos os camariñáns. Esta vez estrenamos unha nova sección chamada "Fotos Históricas" na que iremos publicando as fotos máis representativas da historia recente do Concello de Camariñas. Temos que estar convencidos de que o pasado pode axudarnos a mellorar o presente, por eso non podemos olvidar o que fomos para seguir mellorando. A primeira foto que publicamos é represantativa do mellor que saío do deporte en equipo dende Camariñas (con permiso do Club Balonmán Camariñas). Trátase do mítico equipo de finales dos anos 70 que formou o F.C. Camariñas. Esta foto tráenos reminiscencias dun fútbol auténtico, de un fútbol viril, de un fútbol de homes. Cando se xogaba con camisetas de tela, ter unhas botas de marca era un milagre, non existían sponsors e non había seguros para os xogadores lesionados, moitos deles xa daquela pais de familia. E sen embargo estos homes dábano todo: defendían o Honor de todo un Pobo. Auténticos titáns, héroes dun tempo xa ido. Un equipo mítico da Costa da Morte.
Páxina 4 de 4
Comezo
Prev
1
2
3
4
Seguinte
Fin
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
VII Festa dos Socialistas de Camariñas
Un temporal en Vilan con olas xigantes
As palilleiras de Camariñas toman a deputación para presentar o cartel da Mostra do Encaixe
Reglamento da Liga de Veteranos de Camariñas
Temporal de mar na costa de Camelle