• Fotos Historicas: Camariñas nos anos 60

    Os rapaces de Don Andrés

    Os rapaces de Don Andrés

    A sección comodín de camarinas.eu "Fotos Históricas" trae consigo nesta ocasión unha foto que, como mínimo debe de ter máis de 40 anos e que fai referencia á xeración de xóvenes camariñáns que naceron alá polos anos 50. Anos que se recordan na Vila dos Encaixes como tempos moi duros e difíciles, nos que España salía dunha terrible postguerra e nos que estaba ao mismo nivel que calqueira país subdesarrollado. Tempos onde as nais aforraban ata o último patacón, as roupas pasaban duns irmáns a outros, onde as familias solían ter proles bastante numerosas pero nos que sen embargo a xente tamén era feliz á súa maneira e nos que tan gran labor formativa levou a cabo a Igrexa Católica.
  • Fotos Históricas: Colexio Nacional de Camariñas, un detalle para a nosa nova usuaria Rocío A Piruca

    Nesta ocasión "Fotos Históricas" publica unhas imaxes que nos fai chegar unha das nosas usuarias, que tras superar o implacable exame de calidade do tribunal de camarinas.eu saen con tódolos honores na nosa portada, e nas que aparecen un grupo de rapazas do Colexio "O Areal" pertencentes á xeración dos anos oitenta de Camariñas, entre elas a nosa nova e fiel usuaria residente en Canarias e camariñana ata a médula Rocío "A Piruca".
  • Especial Fotos Historicas: Carnavales 2002

    Os seis membros da autocalificada Vieja Guardia en acción deportiva
    Os seis membros da autocalificada Vieja Guardia en acción deportiva

    La Vieja Guardia

    Con motivo dos inminentes Carnavales 2008 que, como é habitual entre os pobos que forman parte da Cristiandade, están a piques de celebrarse en Camariñas, traemos a estas páxinas a memoria duns homes de leyenda que cubriron de gloria o sagrado e inmaculado nome de Camariñas polos máis diversos campos de batalla, auténticos patriotas de última hora, seis xóvenes que eran coñecidos como a autocalificada "La Vieja Guardia".

  • Fotos Historicas: Aqueles maravillosos anos 80 en Camarinas

    Estos 11 valentes xogábanse o físico por eses campos da Costa da Morte

    O archivo invaluable de fotos históricas de camarinas.eu acaba de recibir un importante suplemento que o fai multiplicarse ata o infinito, trala volta do arquivo fotográfico de Foto Alonso (con centos de miles de fotos en negativo de 40 anos de traballo) ao seu vello fogar da Rúa Tras Praza, é decir, á redacción de camarinas.eu, polo que temos fotos históricas como mínimo ata o ano 3.527 da era cristiana.
  • Foto Histórica: Dona Sofía, unha muller emprendedora de Camariñas

    Agora que o pobo de Camariñas empeza a quentar motores con motivo da preparación da XVIII Mostra do Encaixe, non está mal recordar unha das primeiras mulleres que se decatou da forte atracción que exercicía o encaixe sobre os turistas que visitaban o noso pobo. E esa muller non era outra que Sofía do Nacho, unha muller que ao cabo dos anos resultou ser nai e avoa de moitos dos usuarios máis fieis de camarinas.eu.

  • Fotos históricas de Camariñas: O Lubina, un barco histórico de Camariñas

    Corrían os últimos anos da década dos sesenta cando, recén construido nos astilleiros de Telleira (Cabana), chegou a Camariñas un barco que non tardaría moito tempo en facer historia, un barco de formas suaves e delicadas, cunha ponte situada na proa da nave, rompendo así co canon establecido ata entón, deixando desta forma máis espazo de carga na parte traseira, un barco que creou escuela tal e como se pode comprobar hoxe en día nun dos portos máis importantes da Costa da Morte, o de Camariñas, con embarcacións que seguen o exemplo do Lubina coma o Manuel de Lin, o Muro de Fontán, o Siro Segundo...
  • Fotos Historicas: Suma y sigue

    Hoxe cumpre anos Marisol Soneira, a usuaria máis autonómica de camarinas.eu

    Marisol con ex-alcalde Bautista nos bos e vellos tempos
    Marisol con ex-alcalde Bautista nos bos e vellos tempos

    Camarinas.eu quere felicitar no día do seu cumpreanos (¡e xa van 53 Marisol, quen cho diría!) a unha das usuarias que máis se volcou na axuda deste proxecto chamado camarinas.eu. Esa persoa chámase Marisol Soneira Tajes, que a pesares de que ela sabía dende un principio que este era un proxecto independente e obxectivo, non vinculado a ningún partido político, non dubidou un so momento en axudarnos en todo o que estaba nas súas mans, porque sabía que este proxecto redundaría nunha mellora sustancial da calidade de vida e de acceso á información de todos os habitantes do Concello de Camariñas.

    Marisol actualmente vive a cabalo entre Santiago de Compostela, onde é deputada autonómica, e a súa querida Buría, na parroquia de Camariñas, a onde acude puntualmente cada fin de semana para descansar coa súa familia e poder navegar tranquilamente polas limpas augas da ría de Camariñas ao timón da súa coqueta embarcación chamada "Buría", sempre atracada no que foi o primeiro club nautico da Costa da Morte e actualmente un dos máis importantes de Galicia: o C.N. de Camariñas. Aquí, entre os seus, Marisol descansa das  esgotadoras xornadas de traballo no Parlamento Autonómico e recarga baterías, pero agora, según ela mesma di "estar lonxe da casa non é tan duro, unha sempre ten ao seu lado a camarinas.eu". Por toda a axuda que nos destes ¡¡Felicidades Marisol!!
  • Nova foto histórica da Festa do Carmen de Camariñas

    No día do Carmen de algún ano alá polos 70 ten a súa orixe esta foto. Nela podemos ver a uns cantos rapaces camariñáns que estaban de soldados de reemprazo asistindo á procesión marítima da festa do Carmen de Camariñas. Entre eles estaba Luis Canosa máis coñecido como Luis do Pulpo ao cal lle adicamos esta foto xa que hoxe celebra o seu cumpreanos.
  • Fotos Historicas: Arquivo persoal de Man de Camelle

    Un Man aínda novo posa diante da caseta que era o seu fogar
    Un Man aínda novo posa diante da caseta que era o seu fogar

    Galería especial de fotos extraídas do arquivo persoal do Alemán de Camelle

    Hoxe sábado 17 de novembro celébrase en Camelle o 1º Encontro de Man, co que o Concello de Camariñas salda unha débeda histórica co anacoreta alemán e rinde a xusta homenaxe que este xenio merecía. camarinas.eu súmase a este tributo ofrecendo aos seus lectores en exclusiva un pequeno avance de fotos extraidas do arquivo persoal do Alemán de Camelle cunha alta resolución e máxima calidade de imaxe. Desta forma, esta redacción, que mañá fará un seguimento exhaustivo ao citado encontro, manifesta a súa vontade de contribuir en todo o que sexa necesario ao recoñecemento dun xenio que dou todo o seu talento ao Concello de Camariñas e polo tanto á Costa da Morte.

  • Especial Fotos Historicas: Antonio Velo

    El Pueblo vs. Antonio Velo

    Montaxe de camarinas.eu

    Montaxe de Camarinas.eu

    A imaxe de unión de varios centos de Camariñáns á que poidemos asistir estes días entorno a unha idea, camarinas.eu, trouxo ao epicentro da memoria de algún dos redactores desta web recordos de acontecementos semellantes que ocorreron hai xa moitos anos. Esta semana camarinas.eu poido sentir o alento e apoio de todos os seus usuarios dunha forma que emocionou especialmente a esta redacción. Énchenos de ledicia e non temos palabras para agradecer a todo o pobo de Camariñas a súa axuda en momentos tan críticos, con xente así detras nosa camarinas.eu non ten límites e coa axuda de certas persoas que estos días se destacaron especialmente, na sombra, sen ruido, sen aspaventos camarinas.eu seguirá a loitar duro, día a día para que se manteña esa milagre de que Camariñas teña a millor páxina web de toda a Costa da Morte. Por iso esta humilde redacción quere regalar ás persoas que estos duros días se moveron e axudaron especialmente unha reportaxe fotográfica que recorda a última vez que todo un pobo se movilizou para loitar contra o que eles crían que era unha inxustiza.
  • Fotos Historicas: O Alambique secreto de Don Ricardo

    Unha das clásicas e terribles churrasacadas no baixo de Don Ricardo en Area da Vila
    Unha das clásicas e terribles churrasacadas no baixo de Don Ricardo en Area da Vila

    As cousas feitas na casa saben mellor, como ben sabía o noso querido profesor

    Don Ricardo, o ilustre profesor que todos coñecemos en Camariñas e camariñán adoptivo era e é un gran home ao que lle gustaba compartir todo o que tiña cos seus amigos e veciños, por iso, cando se poñía a facer a súa propia caña de herbas quería que os seus compañeiros foran os primeiros en probala recén saída do alambique. A explosión de sabores que esta caña producía era incalculable según dicían e non eran poucos os amigos que lle pedían unha pequena botelliña para levar á súa casa, cousa á que Don Ricardo nunca se negaba. Era este día de destile brutal unha festa na casa de Don Ricardo o cal preparaba unha gran churrascada para deleitar aos seus. Estas fotos que hoxe trae camarinas.eu ás súas páxinas son unha prova delo e nelas podemos ver entre outros a un dos nosos redactores (cun chandal amarillo moi bonito, prenda que tanto lle gusta levar debido á súa afición á práctica do deporte) xunto ao xa falecido Argentino vello, grande e respetado home de Camariñas.
  • Fotos Historicas: Aqueles anos oitenta en Camariñas

    Inauguración da estatua da Palilleira de Camariñas.

    As máximas autoridades terrestres e marítimas citáronse con ocasión da inauguración da estatua
    As máximas autoridades terrestres e marítimas citáronse con ocasión da inauguración da estatua

    Camarinas.eu trae nesta ocasión á súa portada a inauguración da Estatua da Palilleira. Se hai un símbolo que representa a Camariñas ao longo de todo o mundo, ese é o da Palilleira. Estandarte da muller camariñana, que traballaba a reo palillando para traer uns cartiños que sumar aos que o seu marido, esforzado mariñeiro, conquería duramente nas súas travesías polo bravo mar da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver tres fotos deste histórico evento a tamaño natural.

  • Fotos Historicas: O corno de Estrella da Jabacha

    Unha imaxe típica de Camariñas 

    Estrella da Jabacha na Praza Maior facendo sonar o seu lexendario corno
    Estrella da Jabacha na Praza Maior facendo sonar o seu lexendario corno

    Esta é unha imaxe que, a pesar de non ser vella, xa non se ve en Camariñas. A protagonista desta historia é a señora Estrella da Jabacha que vendía as pezas de peixe que pescaban o seu home e o seu fillo (Juan do Caracol, pai e fillo) no mítico barco camariñán chamado "Caracol". Estrella solía chamar aos seus clientes cun corno que o seu home "O Caracol" lle traia do mar. Ela poñíaos a secar para que lle saíra a carne, limpiabaos ben e provabaos para ver se sonaban, porque non todos sonaban como ela quería. Pulsa na imaxe para ler o artigo completo.

  • Fotos Historicas: O Faro Vilan nos anos sesenta

    Remodelación do Faro Vilán 

    O Faro cando se remodelou nos anos 70
    O Faro cando se remodelou nos anos 70

    Desta época non se conservan moitas fotos. Trátase da remodelación do faro nas épocas do 60 - 70. É esta unha imaxe do posible estado do faro de cabo Vilán antes de ser pintado de branco. ¿Sería así o seu estado inicial? ¿Ou estaría sen pintar coa pedra viva ao aire? Eu creo que estaría moito máis natural coa pedra ao aire, pero tamén hai que pensar que si estivo pintado desde sempre, ten que seguir así. Espero que vos guste esta foto, un saúdo.

  • Fotos Historicas: o Trofeo Pichurri

    Corrían os anos oitenta e Camariñas era un bullicio de rapaces polas calles. Os nenos podían verse xogar en todas as rúas do noso pobo en pandillas de amigos que rivalizaban unhas coas outras. Nada que ver coa actual situación na que a escola se queda grande para os escasos rapaces que hai en Camariñas que ao chegar aos 12 anos xa marchan para a Ponte do Porto onde se encontra o instituto. Con esta situación temos menos rapaces aínda.
  • ¿A foto histórica máis antiga de Camariñas?

    Esta foto atopámola por casualidade escarbando no noso fructífero arquivo fotográfico do que aínda se conservan reliquias orixinais (en negativo) de fotos das que aínda non se publicaron xamáis. Nesta imaxe podemos observar un casamento de algunha familia acomodada do ano 1899 na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Un tesouro agochado que agora sae á luz.
  • Fotos históricas: Día de Corpus

    Un Día de Corpus en Camariñas 

    Unha foto de outros tempos en Camariñas
    Unha foto de outros tempos en Camariñas

    Hoxe comezamos o día cunha foto de tempos xa lonxanos. Esta foto debío de ser tomada un día de Corpus dos anos setenta máis ou menos, nos que uns cuantos rapaces de Camariñas celebraban o día da súa Primeira Comunión. Teredes que aguzar a memoria para descubrir a estes "anxeliños" que, como bos católicos, cumplen ca tradición nun día sinalado do noso calendario cristiano. Se sabedes quen son os rapaces que aparecen nesta instantanea entrade na noticia e comentádea.

  • Fotos historicas: A xuventude dos setenta

    ¿Quen son estes rapaces da foto?

    Outra foto histórica, adicada neste caso á xeración de rapaces camariñáns dos anos setenta
    Outra foto histórica, adicada neste caso á xeración de rapaces camariñáns dos anos setenta

    Outra foto histórica adicada neste caso á xuventude do pobo de Camariñas dos anos 70, tal e como se pode observar polas vestimentas e peinados dos protagonistas deste auténtico testimonio dun tempo.  A redacción ten unha idea de quen son case todos os que compoñen a foto de equipo, pero queremos que tí nos axudes. ¿Quen son estes chavales camariñáns? ¿Seremos capaces de adivinar quen son todos?

  • Fotos Historicas: A tradicion do balonman en Camariñas

    Os éxitos do balonmán camariñán veñen de lonxe

    Como ben amosa esta fotografía, a paixón polo balonmán en Camariñas ven de lonxe
    Como ben amosa esta fotografía, a paixón polo balonmán en Camariñas ven de lonxe

    Ramón de Dulia mandounos esta foto histórica na que podemos ver ao equipo de balonmán de Camariñas nun partido que xogaron no colexio público de Ponteceso no ano 1973. Neste partido arrasaron ao equipo local por un tanteo global de Ponteceso 4 - Camariñas 17. Era este un equipo multiusos que xogaba tanto ao futbito como ao balonmán ou o voleibol. En fin, dábanlle a todo e dábanlle bastante ben.

  • Fotos Historicas: F.C. Camarinas

    Unha foto do F.C. Camariñas enviada pro Weah

    O F.C. Camariñas naqueles tempos nos que Weah botaba unha man
    O F.C. Camariñas naqueles tempos nos que Weah botaba unha man

    Desta ocasión o que nos mandou a foto foi o noso usuario de Weah, dende a emigarción en Francia, o cal podemos ver na foto na esquina dereita vestindo roupa de civil.Esta é unha imaxe do F.C. Camariñas dos noventa, un equipo que chegou a gañar dúas Copas da Costa e no que militaban grandes e recoñecidos xogadores coma Gerpe, Chiniño, Vicente, etc.. ademáis do entrenador que era o mítico Camuel. Todo un clásico da Liga da Costa.