• Fotos Historicas: Lucia Carril Ageitos 21 anos

    Hoxe cumpre anos a nosa redactora Lucía

    Lucía Carril Ageitos, redactora de camarinas.eu, unha muller diferente
    Lucía Carril Ageitos, redactora de camarinas.eu, unha muller diferente

    Lección 1: Para ter a web máis vista da Costa da Morte, hai que fichar para traballar nela aos mellores. Como o caso da nosa redactora Lucía, unha das maiores expertas do Concello de Camariñas en todo o relativo ao mundo de internet e a fotografía, a cal este domingo 7 de septembro cumpre 21 anos, e que sen dubidalo un instante púxose dende o primer momento a traballar arreo para que Camariñas tuvera a mellor páxina desta Franxa Atlántica. Pulsa na imaxe para ver a homenaxe que esta redacción lle rinde a  Lucía en forma de pequena galería de 18 fotos históricas que repasan a vida desta xoven camariñana exemplar, unha muller diferente en tódolos sentidos. ¡¡Feliz Cumpreanos, Lucía!!

  • Fotos Historicas: Maria Angeles Pasantes Carril

    Fotos do archivo privado de Gelinita

    Gelinita e Juan do Penedo diante do baixo de Perrúa no que se celebraron tantas vodas
    Gelinita e Juan do Penedo diante do baixo de Perrúa no que se celebraron tantas vodas

    camarinas.eu sigue ca homenaxe ás mulleres-heroína que fixeron posible a celebración e o éxito da Cena 1º Aniversario de camarinas.eu, cunha asistencia de máis de 100 persoas, adicándolle desta vez o Fotos Históricas á usuaria máis importante da web que ela contribuío a facer como a máis importante da Costa Atlántica: María Angeles Pasantes Carril, Gelinita, a dama camariñana que rexenta o Café Bar Arnela, o epicentro xornalístico de camarinas.eu. Como será a súa importancia que cando hai xa un tempo estropeouse o ordenador do Arnela, os redactores quedaron temblando. Pulsa na foto para ver as 12 mellores fotos históricas que atopou a nosa redactor Lucía no arquivo privado de Gelinita. 

  • Fotos Históricas: Maruja Perez Anos 80

    Fotos do archivo privado da Mantida

    Maruja A Mantida, modelo espectacular de pasarela
    Maruja A Mantida, modelo espectacular de pasarela
    Pois xa que andamos case tódolos días a voltas con belezas despampanantes e  espectaculares, hoxe vamos a poñer un puñado de fotos dunha muller guapa de verdad. Unha muller que causou impacto na Camariñas do seu momento: a de aqueles míticos e un pelín horteras anos 80, onde se vestía con americanas con hombreiras apabullantes, colores rechamantes, pantalóns pitillo, faldas polos tobillos (¡que sufrimento para as nosas redactoras!) e vestidos subidos ata o cuello que facían que a dama en cuestión prácticamente afogase. Pero sobre todo, estas fotos mostran algo máis: mostran a beleza dunha muller nos seus momentos de esplendor: os da primeira xuventude, é decir, os anos dourados. Trátase dun conxunto de 15 fotografías extraídas do archivo personal da nosa queridísima e moi respetada usuaria Maruja do Mantido pola súa filla e redactora de camarinas.eu Adry  para render unha máis que merecida homenaxe á usuaria que xunto a Gelinita, Lucía e Adriana máis fixo por organizar a cea de Aniversario de Camarinas.eu, unha cea que quen sabe se será a última.
  • Fotos Historicas: Josefa Carril Rodriguez 1972

    O archivo fotográfico privado de Sefa

    Así de suxerente e fermosa posaba Sefa en 1972
    Así de suxerente e fermosa posaba Sefa en 1972

    Si hai unha usuaria de camarinas.eu clave na animación desta páxina, que nos alegra tódalas mañáns interesándonos a todos no tempo que hai na lonxana illa de Fuerteventura, cun talento innato para todo o que teña que ver ca fotografía, creadora de vídeos fotográficos sinxelamente perfectos, esa é Josefa Carril Rodríguez (Rubiasexy). Por eso cando o pasado domingo no Café Bar Arnela caío nas mans dos redactores de camarinas.eu un dos moitos álbumes de fotos da nosa querida usuaria Sefa, non só enseguida se deron conta de que estaban ante un tesoro xornalístico, senón que tamén era a excusa perfecta para darlle, antes de que abandone Camariñas, o seu fogar,  a homenaxe que dende hai tempo tanto merecía esta gran muller. Porque posiblemente estamos a falar da usuaria co maior arquivo fotográfico privado do Concello de Camariñas (con permiso da nosa redactora Lucía, outra muller cun arquivo fotográfico demoledor). De tan impresionante álbum, os redactores escollemos tras un longo proceso de selección as oito fotos que mellor retratan a vida diaria naquela Camariñas mariñeira de 1972 e 1973, que daba a duras penas os seus primeiros pasos no mundo desarrollado, a través das imaxes que tan dignamente conservou Sefa ao longo dos anos.

  • Fotos Historicas: Juan do Penedo

    Juan nas épocas nas que era un pacífico colexial da Vila de Camariñas
    Juan nas épocas nas que era un pacífico colexial da Vila de Camariñas

    Cumpreanos do maestro cafetero camariñán

    Pois sí, parece que tiña que ser o destino. O mesmo día que camarinas.eu, o rei das webs da Costa da Morte, chegaba á cifra máxica e imbatible do millón de entradas en menos de un ano, cumpre anos o noso barman favorito, o home que xunto a súa esposa Gelinita rexenta o epicentro neurálxico de camarinas.eu, o Café Bar Arnela. Sí señores, hoxe cumpre anos Juan do Penedo, o home que posiblemente faga os cafés máis apatecibles e cremosos de todo Camariñas. Ata a súa sobriña Ana ten que descubrirse ante o toque máxico do maestro.
  • Fotos Historicas: Servicio Militar - Exercito de Terra

    Feliz Cumpreanos, Suso

    Atuendo marcial e viril  do soldado do Exército Español Suso
    Atuendo marcial e viril do soldado do Exército Español Suso

    Agora que xa estamos nos primeiros minutos do domingo 29 de xuño, camarinas.eu quere aproveitar a publicación desta nova edición de Fotos Históricas para felicitar o cumpreanos a Juan Jesús Vázquez González, máis coñecido como "Suso do Banco Pastor", pai do noso redactor Marcos e persoa que representa como nadie esa categoría que son os así chamados "Camariñáns de adopción", persoas nacidas fóra de Camariñas e que por circunstancias da vida acabaron recalando na nosa vila, casándose con mulleres da mesma e que dende o momento que pisaron este recuncho da Costa da Morte quedaron prendados da peculiar cultura e forma de vivir camariñana, converténdose nuns camariñáns máis que tiñan a moita honra identificarse polo mundo adiante como veciños da Vila dos Encaixes. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha pequena galería de fotos do servicio militar de Suso. 

  • Fotos Historicas: Unha Parteira de Camarinas

    María de Valiña, a comadrona de Camariñas durante tantos anos

    Imaxe de María de Valiña co seu inseparable bastón que queda para o recordo
    Imaxe de María de Valiña co seu inseparable bastón que queda para o recordo

    A nosa querida usuaria Lusina, sempre atenta a rastrexar por arquivos perdidos xoias fotográficas que poder aportar a sección de camarinas.eu que resucita a memoria histórica da antiga e  milenaria Vila dos Encaixes, nesta ocasión tráenos unha imaxe que fai xusticia a unha muller que trouxo a este mundo a prácticamente tódolos camariñáns que a día de hoxe estan por encima dos 40 anos: María de Valiña, a que foi durante tantos anos a comadrona de Camariñas. Pulsa na imaxe se queres ler a noticia completa e ver dúas fotos a tamaño natural. 

  • Fotos Historicas: Unha tipica familia Camarinana

    Feliz Cumpreanos Jose de Marta

    Jose de Marta, nos brazos de seu pai e acompañado de algunhas das súas irmáns e a súa nai Señora Marta
    Jose de Marta, nos brazos de seu pai e acompañado de algunhas das súas irmáns e a súa nai Señora Marta

     Hoxe é un día especial para o noso querido usuario Jose de Marta xa que está de cumpreanos e en camarinas.eu aproveitamos a ocasión para felicitalo e de paso mostrarvos unha foto histórica do que era unha sinxela familia camariñana alá polos anos 60 e 70. Unha familia humilde e traballadora na que os pais se esforzaban día a día como héroes para manter aos seus fillos. Aínda ata fai ben pouco podíamos ver a Señora Marta co seu inseparable carrito tipicamente camariñán cargado de peixe que traían os barcos da rede e que ela axudaba a descargar.

    Hoxe en día Jose de Marta atópase en Londres donde traballa nun colexio para manter tamén á súa familia que xa forman a súa muller e dous rapaciños chamados Samuel e Marta (¡¡como non!!). Non hai día no que Jose non se acorde da súa Camariñas e sempre o podedes ver conectado a camarinas.eu cando chega de traballar. Pois nada Jose, de parte nosa e da túa muller Ana que foi a artífice desta noticia: Felicidades Jose no teu 38 cumpreanos.
    Pulsa na foto para ver a adicatoria de camarinas.eu ao seu usuario Jose de Marta.

  • Fotos Historicas: A Instrucción Pública en Camarinas, A Escola da Generosa

    Volve a sección máis antiga de camarinas.eu, Fotos Históricas, auténtica memoria histórica da milenaria Vila de Camariñas, cunha foto que nos achega María Elena, unha das nosas moitas lectoras que nos seguen a diario dende a pacífica e saciada Coruña. Esta foto trata sobre aquela lexendaria Escuela da Generosa, situada na Plaia de Camariñas, propiedade da avoa do nos querido usuario Albito Diéguez Jr, e na que tantas xeracións de rapaces camariñáns se formaron, conforme a aquella vella divisa da enseñanza pública española de "La letra, con sangre entra".
  • Fotos Historicas: Unha comunión de 1996

    A comunión de Lucía

    Unha princesiña de conto de fadas
    Unha princesiña de conto de fadas
    Aproveitando que un ano máis está a piques de comenzar en Camariñas a época das comunións, dedicámoslle o Fotos Históricas desta semana a Lucía Carril Ageitos: unha usuaria moi querida por esta redacción, rapaza de reputación intachable e que en moitos aspectos é un auténtico exemplo, irmán da nosa tamén querida Beauty María Belén, muller de vida independiente e diáfana como a auga pura, o cal levanta en ocasións os inevitables recelos e envidias dalgúns, como tamén tiveron ocasión de comprobar nestas últimas semanas uns redactores de camarinas.eu que foron obxecto dos epítetos máis disparatados e enaxenados. Por eso mesmo aquí está camarinas.eu ca espada para reinvindicar o bo nombre de Lucía, a Reina da Galería de usuarios, que por certo ven de colgar na mesma unhas fotos espectaculares que farán as delicias de tódolos usuarios da nosa web. Pulsa na imaxe para ver a tamaño natural tres fotos que ilustran o camiño que vai de nena a muller dunha xoven camariñana exemplar. Esta foto en concreto foi tomada en 1996, cando Lucía era unha preciosa princesiña de nove aniños de rostro pecoso e anxelical, no estudio de Foto Alonso na Rúa Traspraza ante o seu mítico e omnipresente fondo forestal que ilustra posiblemente tódalas fotos de comunión da Vila dos Encaixes dos últimos 30 anos.
  • Fotos Historicas: Aquelas mulleres de Camarinas de comenzos dos 70

    A nosa querida usuaria Lusina é quen nesta ocasión nos brinda en bandexa unha nova edición de Fotos Históricas con estas fotos daquela inesquecible xeración de rapazas de Camariñas que a comenzos dos 70 rondaban os 20 anos. Agora que parece que se inventou a igualdade entre homes e mulleres e demáis propaganda barata, non está mal lembrar que xa no lonxano 1973 a maioría das protagonistas desta fermosa foto eran mulleres formadas, algunhas con estudios universitarios, todas cun elevado nivel cultural e que algunha acabou sendo empresaria de éxito. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha pequena galería de fotos a tamaño natural. 
  • Fotos Historicas: O Cansorro ano 1974 (II)

    O rapaz que derrotou a camarinas.eu

    O rapaz sen nome que gañou a camarinas.eu
    O rapaz sen nome que gañou a camarinas.eu

    Cando a semana pasada un xoven matrimonio de Camariñas, usuarios activos ambos desta web, nos entregaron para publicar como Fotos Históricas dúas imaxes de comenzos dos 70 que tiñan como telón de fondo o Cansorro, facíano ca esperanza de aclarar dunha vez por todas unha incógnita que dende hacía anos rondaba polas súas cabezas: a de quén sería o rapaz rubio protagonista dunha fermosa fotografía enmarcada que colgaba nunha das paredes da súa casa.

    Acudían ilusionados ao lugar en principio idóneo, a web con maior cobertura  da Costa da Morte, líder intratable no Concello de Camariñas, con máis de 800 usuarios rexistrados (802, a 25 de abril) e máis de 1.100 entradas diarias. Pero hoxe, unha semana despois e cando toca mover dende a páxina de inicio cara á sección de Fotos Históricas a foto do rapaz enigmático, temos que recoñecer a nosa derrota: non fumos capaces entre todos, redactores, usuarios e lectores de poñer un nome ao citado rostro. En fin, pois agora ábrense dúas posibilidades: unha sería a de consolarse ca peregrina idea de que o rapaz era un ave de paso, alguén de fóra ao que se lle quitou unha fotografía no momento por un fotógrafo profesional; a outra, sería a de seguir o consello dunha antiga usuaria e "tirar ca página á plaia". Que queredes, non nos consuela o feito de saber que foi a Foto Histórica máis vista da historia de camarinas.eu.
  • Fotos Historicas: Maria Pasantes Carril 1973

    ¡Feliz Cumpreanos Jola!

    Jola ca súa irmán Carmen da man en 1973

    Jola ca súa irmán Carmen da man en 1973

    Como a familia de camarinas.eu é moi grande (sen dúbidas a máis grande de toda a Costa da Morte), raro é o día que non hai un cumpreanos que celebrar. Pero neste caso felicitar o seu cumpreanos a María Pasantes Carril, Jola, constituía un imperativo moral para esta redacción. Membro clave e básico do Clan das Gelinitas, esa entrañable familia camariñana sen a cal (que ninguén o dubide) esta web non existiría, muller emprendedora propietaria da tenda Encajes Gelina, pola que sigue o camiño iniciado pola súa avoa Sofía e a súa nai Gelines na venta de encaixe, esposa dun percebeiro de vella estirpe e gran amigo desta redacción: O Roco, e nai dunha fermosa filla de corpo escultural: Belén, esos son entre outros algúns dos rasgos que definen a esta empresaria de Camariñas. Patrocinadora de camarinas.eu xunto ás súas irmáns María Pilar, Gelinita e Carmen, xunto a súa gran amiga Maruja do Mantido, esta xente camariñana foi a que fixo posible a supervivencia económica da web máis vista da historia da Costa da Morte, por eso no día do seu cumpreanos esta redacción quere regalarlle un presente difícilmente superable: unha dedicatoria do mellor narrador que se pode encontrar a día de hoxe por estes pagos e que ven só fai dous días de deixar ca boca aberta a todos os nosos lectores ca súa impresionante dedicatoria a Lin: Juan Contacontos. Jola, vai por ti e pola túa familia, ¡¡FELIZ CUMPREANOS!!
  • Fotos Historicas: O Cansorro ano 1974, o rapaz enigmático

    Hai uns anos nunha vella casa de pedra en ruinas na Ponte do Porto, na cal vivía un eremita inglés, outro loco bohemio, foron atopadas dúas fotografías. Unha delas non presentaba problema: co fondo do Cansorro un grupo de rapaces camariñáns sorrían ante a cámara. Sen embargo, a outra, unha intrigante imaxe firmada por un fotógrafo dos vellos tempos, Julián de León Caamaño, presentaba a un neno ó que ninguén nunca lle soubo poñer nome e que sempre sembrou a duda nos donos da fotografía que buscaron durante anos infructuosamente o nome daquel rapaz. Pulsa na foto para ver as dúas fotografías a tamaño natural e ler un cartel de SE BUSCA.
  • Fotos Históricas: unha boda de 1977

    Aquelas bodas no baixo de Perrúa

    Na esquina inferior esquerda Isabel Campaña Blanco que hoxe cumpre 48 anos.¡Feliz cumpreanos!
    Na esquina inferior esquerda Isabel Campaña Blanco que hoxe cumpre 48 anos.¡Feliz cumpreanos!

    Este sábado 12 de abril, Fotos Históricas recorda unha institución clave na Camariñas dos anos 70 e 80: os banquetes de boda que se celebraban no baixo que a Familia Perrúa tiña na Rúa Pinzón. ¿Quén non asistío a un daqueles convites? Recordamos concretamente a primeira boda que se celebrou no mesmo: o enlace matrimonial entre Luis Laranjo Martínez, fillo dun importante empresario madereiro muxián, e Mª Luz Campaña Blanco, filla do mítico armador camariñán, o 24 de setembro de 1977, cunha importante representación das dúas familias, entre elas a dunha persoa moi querida nesta redacción que hoxe cumpre anos.

  • Fotos Historicas: Un bautizo de 1971

    Un bautizo nunha familia mariñeira

    Esta era a forma sinxela, humilde e familiar na que se celebraba un bautizo nunha famila mariñeira en 1971
    Esta era a forma sinxela, humilde e familiar na que se celebraba un bautizo nunha famila mariñeira en 1971

    Camarinas.eu tivo o privilexio de asistir este último domingo de marzo ao bautizo dos mellizos de Berta e Jorge, e agora, á luz desta foto histórica de 1971 que nos trae a nosa usuaria Gelinita, podemos comprobar como cambiaron as cousas, e particularmente a celebración das festas familiares, en España ao longo deste lapso de tempo. Pulsa na foto para ler a noticia completa, ver a foto superampliada e descubrir un a un quenes son os protagonistas da mesma.

  • Fotos historicas: Josefa Carril Rodriguez

    ¡¡Feliz Cumpreanos Sefa!!

    Foto histórica con Sefa, Rosa Mari e Gelinita sacada diante do Bar Victoria a finais dos anos 60
    Foto histórica con Sefa, Rosa Mari e Gelinita sacada diante do Bar Victoria a finais dos anos 60

    Camarinas.eu non podía fallar na felicitación do cumpreanos dunha muller todo corazón e bondade: Josefa Carril Rodríguez "Sefa", unha usuaria clave que dende a lonxana Costa Calma, en Fuerteventura, xunto aos seus amados e idolatrados "Pedros" non falta un so día á súa cita ca web máis representativa do seu pobo da alma, Camariñas.

    E aínda hoxe o director desta web lembra case tódolos días cando no seu lamentable periplo canario, Sefa tratouno coma outro "Pedro" , coma unha nai, e lle lavaba a roupa a un Diego Alonso desfeito que viña de traballar na construcción. Ademáis disto, tampouco se pode un olvidar daqueles domingos onde Pedro senior, o seu marido, facía aquelas añoradas e apetitosas churrascadas. Por iso mesmo, en esta dura semana na que esta web chegou incluso ata a ser insultada gravemente (insultos que dende logo non serán olvidados) e se pensou en tirar con todo ao mar, se houbo unha xente que o evitou foi toda aquela que coma Sefa, O Soco, Machote, Jose de Marta, Javi, etc.. viven lonxe da súa casa e camarinas.eu é o fío vital que os une á mesma. Temos adquirida unha responsabilidade a que non se lle pode fallar. Por todo eso: ¡¡ FELIZ 55 CUMPREANOS SEFA!! ¡¡ESTAS FEITA UNHA RAPAZA!!

  • Fotos historicas: Mostra do Encaixe

    A infancia da Mostra do Encaixe

    Bautista e Fernández Moreda rodeados alá polos anos 90 con un grupo de xóvenes camariñanas
    Bautista e Fernández Moreda rodeados alá polos anos 90 con un grupo de xóvenes camariñanas

    Agora que ven de cumplir os 18 anos, a maoiría de idade, non está mal recordar a través da sección comodín de camarinas.eu, Fotos Históricas, que a Mostra como todo ser vivo atravesou distintas etapas no seu periplo vital (nacemento, infancia, adolescencia, madurez). Precisamente as fotos elexidas reflexan a segunda das etapas citadas, a da infancia dunha Mostra que daba os seus primeiros pasos.

    E difícil precisar o ano desta imaxe, que reflexa a entrega dos diplomas das licenciadas cum laude no Curso de Palilleiras por parte do ex-alcalde Bautista e dunha persoa que se sempre se volcou na axuda persoal e material cara a nosa Mostra: un moito máis xoven presidente da Excma. Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. Fotos que ademáis de reflexar o paso do tempo, demostran como éste o cambia todo porque probablemente a persoa que sacou esta fotografía agora é o Alcalde de Camariñas. En todo caso e como sempre cas Fotos Históricas, deberán ser os nosos usuarios os que precisen tódolos datos destas evocadoras fotografías duns tempos nos que a Mostra andaba en patucos.

  • Fotos Historicas: O Ana Maria

    O Rei do Congrio

    O Ana María lucindo no seu día de gala ante as casiñas brancas de Camariñas
    O Ana María lucindo no seu día de gala ante as casiñas brancas de Camariñas

    Camarinas.eu segue recordando a antiga flota de Camariñas e agora trae ás súas páxinas o barco Ana María propiedade da familia Blanco Campaña e que constituío un caso insólito na costa por tratarse dunha embarcación que ao longo da súa dilatada existencia sempre tivo a mesma tripulación, composta nun primeiro momento polos seus donos, José Blanco e o seu cuñado Ramón Campaña, Piñolo, O Dejo e Juan de Eugenia, aos que posteriormente se lles sumarían debido ao éxito nas capturas de quintales de congrio (das que o Ana María era o líder intratable da Costa da Morte) Fernando de Mundina, Trigo, Enrique da Quisindina e Eduardo "O Rubio".

    Concretamente esta foto foi sacada o día da chegada do barco ao porto de Camariñas provinte de Cee, onde fora construido a principios da década dos sesenta. Neste punto o noso fiel lector Xosé Luís Blanco Campaña lémbranos que o nome orixinal do barco era "Ana Marichu" pero que debido a un error burocrático do finado Manolo de Dora na Ayudantía de Marina a embarcación foi bautizada finalmente como "Ana María" debido a que se trabucou na filla de Ramón Campaña elexida para nomear o barco (María por Marichu), errores que tan habituais eran por aquel entonces, alomenos eso é o que se conta. En calquer caso en camarinas.eu seguiremos lembrando as embarcacións míticas de Camariñas sobre todo se veñen acompañadas de estampas tan fermosas.

  • Fotos Historicas: San Xurxo 1972

    A tradición Católica de Camariñas

    San Antonio, San Roque e San Jorge escoltados por unha multitude de fieis católicos
    San Antonio, San Roque e San Jorge escoltados por unha multitude de fieis católicos

    Os redactores de camarinas.eu profesan coma non podía ser de outra maneira a relixión Católica, como xa a profesaron os seus pais, os seus avós, os seus bisavós, etc... Pérdese nas orixes do tempo a primeira huella da relixión Cristiana no Concello de Camariñas, cunhas xentes que como amosa esta foto sempre foron moi practicantes, ainda que entendendo o Cristianismo á peculiar maneira camariñana, todo hai que decilo.

    Todo o que acabamos de dicir reflícteo esta fotografía histórica que nos fai chegar a nosa fiel usuaria Pión desde Cádiz, o lonxano e antigo Gadir colonizado por gregos e fenicios, para deixar constancia de tal feito. E seguro que se os redactores rebuscan entre a multitude que rodea ao tridente máxico da santidade formado por San Roque na dianteira, San Antoniño no medio e San Xurxo na retaguardia neste día de San Xurxo de 1972, atoparán unha gran cantidade de parentes seus (seguramente as nosas nais pero tamén tíos, tías, avoas, etc...). Como seguro que tamén vos pasa a vós. Pero esa é unha labor que teredes que facer os usuarios de camarinas.eu poñendo nomes a multitude inxente que rodea aos nosos queridos santos na foto ampliada a tamaño natural do interior.