Despois, xa no alto das Barrosas, represéntase unha obra teatral sobre a vida e milagres da Virxe de Fátima. Os actores desta representación son un grupo de rapaces pequenos da Ponte do Porto que axudan tamén a montar todo o escenario. Tras esta parada obrigatoria, a procesión encamíñase polas Barrosas abaixo hacia o paseo fluvial da Ponte. Neste percorrido é cando os veciños das Barrosas tiran pétalos de flores á súa Virxe dende os balcóns das casas. Finalmente, a imaxe de Fátima regresa á igrexa xunta os outros santos para descansar ata o ano que ven. Pulsa na foto para ver unhas imaxes cedidas por Foto Isabel Alonso. Si alguén desexa adquirir algunha destas fotos pode facelo na tenda de Isabel sita na Praza de San Roque (frente a Igrexa da Ponte).
Páxina 2 de 3