• Marejada de Festas

    Este fin de semana na Ponte do Porto, para o próximo San Bartolo de Arou. Hoxe e mañá Xaviña. No Concello de Camariñas non paramos coas festas. Este mes de Agosto estamos que rachamos coa pana.. non haberá parada para ninguén. ¿É o Camariñán o ser humano máis festeiro do mundo? As provas non deixan lugar para as dúbidas. En todo o caso, os científicos xa están estudiando o caso. Polo que nos toca a nós, xa temos bastante con pasalo ben.
  • Festa do Mexillon en Xavina

    A Festa do Mexillón de Xaviña estase a converter nun clásico da Costa da Morte. Este sábado 11 de Agosto celébrase en Xaviña a xa veterana Festa do Mexillón que xa conta cunhas edicións cada vez máis concurridas. Para ver as fotos da Festa do Mexillón de Xaviña pulsa AQUÍ