Nesta ocasión optouse por un programa que extende as actuacións ao longo do día co pistoletazo de saída ás 12:00 cunha misa solemne a cargo do insustituible cura-párroco Don Mario e cunha sardiñada gratuita ás 14:00 no posiblemente merendeiro máis paradisíaco de toda a Costa da Morte. Despois virán as actuacións programadas que animarán ao público ata pasadas as 20:00 horas. Únicamente falta que o sol acompañe a todos os romeiros que se den cita no areal xaviñán, porque nese caso os asistentes poderán gozar dun dos maiores praceres que poden existir neste mundo.
Este 2008 o Concello de Camariñas confiou aínda máis na Asociación C.X.D. "Abrindo Rejo" ao poñer nas súas mans a organización da festa do día seguinte á Xoldra. Orgullosos de ser os primeiros xaviñáns en moitos anos en organizar este evento, os integrantes da Asociación "Abrindo Rejo" só piden que o pasedes ben na FESTA DA PRAIA:
24 de xullo: VI XOLDRA ENXEBRE: noite con encanto, folk, risas, e un dj que traerá a Formula Hits ó Ariño.
25 de xullo: DÍA DA PATRIA GALEGA: día cargado de gaiteiros, sardiñas asadas, xogos na praia.
Xa están aquí as fotos da Xoldra Enxebre que se celebrou este ano na Praia do Ariño de Xaviña e na que non houbo moi bo tempo pero ao final pasámolo en grande cos grandes músicos que a Asociación "Abrindo Rejo" trouxo a Xaviña. Esperemos que para o ano que ven a directiva, na que xa non estará Sergio Caamaño, volva a facelo tan ben. Norabóa compañeiros! Aquí nos tendes para o que faga falla. Pulsa neste enlace para ver as fotos.
Páxina 2 de 3