Ademáis das típicas verbenas a cargo de orquestras de renombre, esta comisión ten previsto realizar paralelamente algunhas actividades máis neste fin de semana festeiro camellán. Algo que, por outra parte, ven sendo habitual neste grupo de amigos da comisión e que animarán o ambiente ata niveles estratosféricos. Por exemplo, o venres a eso das nove da noite realizarase unha gran degustación de callos ao mesmo tempo que se convocará o "2º Concurso de Disfraces de Camelle" e que, visto o visto na "1ª Festa da Palilleira" promete risas e carcajadas a esgalla. Pulsa na imaxe para ler o cartel completo da Festa de San Miguel 2009 en Camelle.
Este sábado 1 de septembro Camarinas.eu non podía faltar nas Festas do Sacramento de Camelle. Así, despois duns días editando todas as fotos, xa podedes ver en camarinas.eu unha reportaxe fotográfica especial na que se recolle exhaustivamente todo aquelo que aconteceu o sábado 1 de Setembro en Camelle. Esperamos que vos gusten. Para ver a galeríaPULSA AQUÍ