• O Carmen 2013, quentando motores

    A TVG realizou unha conexión en directo no día grande de Camariñas

    Cando estamos xa na máis pura countdown para a Festa do Carme do 2013, a escasos 30 días do máis grande evento do arco atlántico, aquí en Camarinas.eu empezamos xa a quentar motores moi seriamente. Van a ser trinta días como trinta séculos: non van dar pasado. Estes son os momentos nos que un bota de menos non contar cunha máquina do tempo como aquela de H.G. Wells: darlle a un botón e listo, ahí estamos na víspera do Carme. Pero para mitigar a ansiedade e axudarnos a ir levando a saudade e tristura que nos devora contamos co vídeo que a TVG grababa en pleno epicentro volcánico do Carme 2012 e que hoxe capturamos e publicamos para a nosa multitudinaria clientela festeira. Nela, o reporteiro entrevista en directo ao anterior presidente da Comisión de Festas, Luis dos Cabalos e elo sírvenos para, agora que está lonxe da súa terra, rendir unha sinceira homenaxe a este camariñán auténtico e total, que precisamente por elo dou en ser perseguido por un hipopótamo delator e prejeseiro. Sen dúbidas, para unha boa persoa e un gran camariñán, non pode haber maior honor.
  • Cena do Carmen, o Seis de Xullo

    A Comisión da Festa do Carme celebra a súa cena anual no Salón de Actos do CNC

    No que constitúe unha nova exclusiva Camarinas.eu está en condicións de adiantar aos seus lectores que finalmente a vindeira Cea da Festa do Carmen celebrarase o sábado 6 de xullo do 2013 no Salón de Actos do Club Náutico de Camariñas. Foi vontade expresa da Comisión de Festas trasladarse ata as instalacións rekuperadas do CNC para deste xeito vincular á organización da festividade en honor á Patroa dos Mariñeiros ao derradeiro local de amplia capacidade de Camariñas que quedaba pendente por organizar esta gran comida anual. Deste xeito, e levántándose por un día a prohibición de adicar a comidas o gran salón social náutico, polo módico precio de 22 euros os asistentes poderán desfrutar dun menú conformado a base mexilóns á vinagreta/gambóns e carne asada/paleta, regado todo elo con bebida, postre e café. Esperan deste xeito os noso esforzados membros da Comisión lograr recaudar unha cantidade importante cq que financiar a mellor e máis antiga Festa do Carme da Costa da Morte e sobre todo de pasar xuntos todos un bo rato en honor á nosa idolatrada Raíña dos Mares.
  • Cartel da Festa do Carme 2013

    O duro traballo da Comisión de Festas da o seu resultado cun cartel espectacular para a edición do 2013

    Se ben en canto ao esforzo desenvolvido, os resultados espectaculares e o éxito prácticamente asegurado a Comisión da Festa do Carme optou por unha liña continuista respecto ao exercicio anterior, en cambio apostou decididamente polo cambio en canto ao diseño do cartel. Non polo que se refire ao artista elexido para levar a cabo de xeito desinteresado tan honrosa distinción, que un ano máis foi o Director de Camarinas.eu Diego Alonso Freire, senón polo que atinxe ao impactante color bermello que ilustra o fondo do programa de festas. Polo demáis si cabe mencionar un aposta arriscada: a víspera queda reducida a un repique de campás as 12:00 da mañá do luns 15 de xullo e ao estourido de 21 bombas de palenque. Este ano veremos unha procesión co persoal fresco como unha leituga, posiblemente o evento destas características máis sano da historia. E eso que, unha vez demostrado de xeito empírico e inobxetivable por Rafael Lema, falamos dunha festa con alomenos 271 anos de antiguedade.
  • Cartel de Lumarea da Vila 2013

    Lumarea da Vila, unha asociación para o disfrute dos camariñáns

    ¿Dispersar a capacidade artillería nun vasto campo de operacións ou ben concentrar toda a potencia de fogo nun só foco de impacto? Esto é, ¿múltiples e variadas lumareas ao longo de cada un dos distintos barrios dunha poboación ou ben unha soa xigantesca que aglutine a todo un pobo nun único epicentro volcánico? Esta derradeira parece ser a opción elexida pola Vila de Camariñas para que a través dunha encomienda á súa principal asociación incendiaria, Lumarea da Vila, se leve a cabo cada 23 de xuño a súa multitudinaria festividade de San Xoán. Unha pira de tais proporcións que posiblemente sexa a única de todos os contornos en ser albiscada dende os satélites da estratosfera exterior.
  • Procesión de San Xurxo 2013 en Camariñas

    Hai uns anos, non tantos, un 23 de abril, con motivo do acto de homenaxe a Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o burián que sufragou a construcción da Igrexa de San Xurxo, Daniel Rego González subía á tarima instalada por operarios municipais no Lugar do Cotro e co beneplácito da Comisión de Festas daquel entón e ante un cariacontecido auditorio impartía un auténtico mitin político. Indiferente á sorpresa inicial do público asistente pola extemporaneidade e inoportunidade de semellante arenga partidista, micrófono en man comenzaba lembrando aqueles anos nos que seu proxenitor o ía a buscar puntualmente cada 23 de abril ao internado santiagués onde arrancaba unha carreira académica posteriormente tan exitosa e exemplar, rubricada con multitude de títulos e recoñecementos doctorais, para que deste xeito estivera presente na gran festividade do Patrón de Camariñas. Despois entraba xa en fariña política e censuraba ante o numeroso auditorio como nunha data tan importante para todo bo camariñán, na que ata a fábrica de Cerdeiras daba o día libre aos seus traballadores, a maior empresa de Camariñas, o Concello, non declarara o día festivo. Seguía despois o discurso por parecidos derroteros que un xa non atinou a escoitar ao retirarse, asqueado e escandalizado pola conversión e utilización dun acto en principio emotivo e desinteresado nun mitin partidista. A política, a maldita política, que acababa unha vez máis pudrindo ata a raíz co seu abrazo mortal un sinxelo acto de homenaxe ao maior mecenas da historia de Camariñas.
  • Programa da Festa de San Xurxo 2013

    Colaborando sempre desinteresadamente cas diferentes asociacións do Concello de Camariñas, desta volta procedemos a publicar o programa de festas e a convocatoria da Cea Baile de San Xurxo 2013. Froito todo elo do esforzado traballo dos membros da Comisión de Festas que foron quen de idear un programa completo e interesante para a edición deste ano que honrará ao Patrón da Vila das Palilleiras. Unha festa que arranca ás 21:30 horas deste sábado 13 ca Cea Baile recaudatoria e que reenganchará nas horas do sagrado vermout do sábado 20 cando a Orquesta Panamá armonice os compases musicais iniciais da gran festividade de Buría. Uns actos programados que se extenderán ata o mércores 24, cando a altas horas da madrugada, as Orquestas Fania e Marbella poñan o broche de ouro final á festividade adicada ao noso Santo Patrón. O calendario festivo 2013 xa está aquí.
  • Festa do Entroido en Camariñas 2013

    A comparsa gañadora posa antes da súa gran actuación para Camarinas.euO eco da corrupción masiva e impune que asola as altas esferas da nación, dende cabezas coroadas ata libretas gubernamentais, non podía deixar de impregnar o carnaval camariñán, e o xurado de sabios expertos constituido para a ocasión premiou a comparsa caracteriza da dupla de compadres Bárcenas-Rajoy e todo o contubernio corrompido que os secunda. Non se podía deixar de emitir un veredicto máis acorde cos tempos aciagos que nos tocaron por desgracia vivir. Os tempos da desvergonza política máis absoluta. De todos e cada un dos partidos que conforman o réxime máis desprestixiado e ilexítimo do mundo occidental civilizado. E cada día máis.
  • Cabalgata de Reis Magos en Camariñas

    Por algunha estrana coincidencia do destino este ano de 2013 iniciouse en Camariñas con ata dous Días de Reis. O primeiro, cando na media tarde do venres 4 de xaneiro, por medio dunha exclusiva de Camarinas.eu, os máis de 200 socios do Club Náutico de Camariñas recibían o regalo tan longamente ansiado ao longo dunha travesía infernal: o desahucio xudicial definitivo dos okupas que mantiveron secuestradas pola forza as instalacións durante 364 días; o segundo, o tradicional e festivo 6 de xaneiro, data que como non podía ser menos tiña na xornada da súa víspera a cabalgata oficial dos Reis Magos.
  • Navideña Cena do Carmen 2012

    Cheo a reventar na Cena do Carmen 2012

    Aínda fortemente impactados polos acontecementos que tiveran lugar no mediodía da data de autos, a da solemne, multitudinaria e emotiva inauguración da Estatua á Virxen do Carmen, era de preveer que a cea organizada pola Comisión de Festas en honor aos nosos emigrantes fose un éxito masivo. As significativas novidades do programa diseñado polo equipo capitaneado con pulso sereo e timón firme por Rubén Lema lograron que a noite se convertise nun evento festivo do máis alto nivel, o aperitivo ideal dunhas festas navideñas a lembrar polos camariñáns durante anos.
  • Procesión San Ramón Camariñas 2012

    Non sabemos o que algúns entenden por "unha actividade política que me apasiona" pero cumprir cas súas responsabilidades institucionais e estar ao lado do seu pobo nas grandes datas esto está claro que non os apaixoa en absoluto. Outra posibilidade sería abrir a vía yeltsiniana e concluir que todo se deba á hora do evento: ás doce do mediodía, eses mesmos intres nos que algúns empezan a quentar perigosamente motores... En todo caso, ahí deixaron soíño a San Ramón aqueles que din que o humanismo cristiano forma parte do ideario político do seu partido e eso que deran comenzo á campaña electoral para as autonómicas esa mesma mañán. En fin o que nos decimos: non hai raciocinio nin explicación posible para comprender as actuacións náuticas e políticas dos dous principais cráneos navieros do PP local. Nembargantes San Ramón é un santo sabio, humilde, que con ter ao seu pobo ao seu carón un 31 de agosto xa se da por contento e que prefire manter a aqueles que só se dedican a perpetrar maldades a raia. Por elo, no aire puro do atrio de San Xurxo, un soleado venres de finais de agosto do 2012 as boas xentes de Camariñas sacaron en procesión ao santo patrón dos partos, das matronas, dos nenos, das embarazadas... e das personas acusadas falsamente.
  • Festa de San Ramón 2012

    O venres 31 de agosto de 2012 terá lugar a Festa de San RamónCando o verán xa vai costa abaixo, cando o groso do continxente turístico está de volta, cando nos cativos e adolescentes se instala unha sorte de melancolía por un novo curso que xa se atisba no horizonte, e cando en Camariñas se festexa a San Ramón. Este ano o excelente traballo da comisión comandada polo noso querido amigo Ramón Blanco deparou unha única xornada festiva que recae neste venres 31 de agosto e que ven cargada ca tradicional misa solemne, cunha sesión vermout a cargo da orquesta Iris e cunha verbena na que ésta terá o acompañamento de Alarma. Desta maneira un ano máis o santo que xunto a San Xurxo e á Virxe do Carme forma o tridente sagrado camariñán é honrado conforme á tradición nunha data crepuscular e finiquitadora dun novo verán que queda na lonxanía, que queda no recordo para o bo e para o malo.
  • Vídeos da Festa do Carmen 2012

    Camarinas.eu fai un resumen videográfico do que foi a Festa do Carmen 2012Como aquí en Camarinas.eu non andábamos negociando en escuras guaridas unha sucesión política a cambio de axuda mediática no golpe de estado do Club Náutico, proba evidente da utilización dun partido político para negocios privados, nos días grandes da Festa do Carmen fundímonos na corrente de euforia colectiva que inundaba Camariñas. E ahí estivemos ao carón da nosa xente, protagonistas todos do evento que fai que a todo camariñán digno de tal nome lle ferva o sangue, o corazón lle bombee a 180 pulsacións por minuto, e polo que un da gracias a Deus por estar vivo e na vila da súa alma en tales datas. Elo fi posible gracias ao traballo titánico, ciclópeo, dunha Comisión de Festas que foi insultada e difamada sen descanso por aqueles supervivientes arruinados e fracasados que buscan destruilo todo (tanatorios, plans xerais, clubs náuticos, banderas azuis, comisións de festas, festas do carmen, etc...).
  • Festa do Carmen: Procesión 17 de Xullo

    Martes 17 de xullo marcado novamente pola ausencia misteriosa pero etílica do Boris Yeltsin da Costa da Morte, aquel importante asesor político que tal vez debido aos seus repetidos problemas físicos para ser quen de manter a verticalidade, preferío aforrarnos na data de autos ao igual que o día anterior algúns dos lamentables espectáculos vandálico-borracheriles a que nos ten acostumados últimamente.  Esto acontecía máis ou menos ás mesmas horas nas que se empezaba a tramar a serie ininterrumpida de atentados e sabotaxes que virían a asolar as instalacións do Club Náutico nos días vindeiros. A política de terra queimada que estaba por vir, tal e como aventuraba acertadamente Camarinas.eu en noticia publicada este xoves 19 de xullo. Así, nunha cita vital dentro do calendario camariñán, xunto ás autoridades competentes representaba ao seu partido a actual número dous, a concelleira Ana Méndez, un soplo de aire fresco, un rostro amable e conciliador despois de tantos anos e caras de odio e destrucción. Unha persoa decente entre arribistas e supervivintes arruinados por completo.
  • Festa do Carmen, 16 de xullo 2012 (II)

    A Comisión de Festas e Camarinas.eu, unha colaboración proveitosa e útil para Camariñas

    Imbuidos de cabeza nesta voráxine diaria que nos devora, ao borde dun rescate completo e demoledor que agocha inevitable á volta da esquina, arrastrada polos suelos a imaxe de España como país, aos mandos das diversas administracións públicas o conxunto de políticos máis lamentable de Europa, nembargantes en datas recentes tiveron lugar dous eventos que permitiron aos cidadáns honrados recuperar a confianza en si mesmos alomenos por uns días. O primeiro, a nivel de nación, foi o aplastante, insultante, tan sobrado, triunfo da Selección Española de fútbol na Eurocopa 2012: unha letanía de bandeiras colgadas das ventanas, balcóns, tellados, coches de España que parecían decir orgullosamente "e pese a todo, aquí estamos nós". O segundo, circunscrito aos habitantes dunha pequena vila mariñeira do remoto occidente europeo, foi a celebración por estos da sen dúbidas mellor Festa do Carmen en toda a súa historia. O suceso que permitío aos camariñáns recuperar (no improbable caso de que algunha vez a houberan perdido) a confianza en si mesmos.
  • Fogos Artificiais do Carmen 2012

    Espectaculares fogos de artificio no día da nosa Virxen do Carmen

    Asistía Camarinas.eu ao completo á sesión de Fogos Artificiais da Festa do Carmen 2012 dende unha enclave privilexiado e facíao finalmente con división de opinións. Así, mentras un dos redactores ficaba complacido e ensalzaba a labor coheteril da empresa pirotécnica, a outra parte da sociedade non deixaba de queixarse amargamente ao longo do intercambio balístico marítimo-terrestre, sen dúbidas pensando en todos aqueles pobres canciños camariñáns que ao mesmo tempo que os seus amos desfrutaban cuns fogos espectaculares estaban nas casas ao borde dun colapso por puro medo insuperable. Nembargantes, os tendidos multitudinarios que inundaban o Paseo Marítimo camariñán non foron desta última opinión e así cando cara á 1:30 horas remataban os fogos de artificio unha ovación estruendosa elevábase cara a nuite despexada da Vila das Palilleiras.
  • Festa do Carmen, 16 de xullo 2012 (I)

    16 de Xullo, o día máis importante para as xentes de Camariñas

    As cousas suceden cada ano máis ou menos tal que así: un atópase tranquilamente na mañán do día de autos na súa casa, poñamos por caso lendo un libro, cando tralas rendixas dunha ventana aberta, polo oco do extractor, por debaixo da porta, a través das paredes, por onde sexa, comenza a filtrarse, repetitiva, reiterativa, a música do tiro liro. Asómase un á ventana, obsérvase á Danza de Arcos acompañada por unha multitude enfilar arriba a Avenida Eugenio López, fáiseche unha bola na garganta, bágoas de emoción pugnan por saír dos globos oculares e entón marchas de estampida cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo. Como antes, fixeron tantas e tantas xeracións de antepasados de un, mariñeiros case todos, o peso da tradición que cae sobre ti cos seus miles de toneladas e claro, non che queda outra que facer acto de presencia.
  • Bocadillo Xigante de Camariñas 2012

    Un gran bocadillo xigante foi repartido este domingo no Mercado Medieval Mariñeiro

    E a época do Medievo apoderouse de Camariñas. Alomenos durante os días centrais do mes de xullo do Ano do Noso Señor do 2012 e para elo contou cun número variado de mercaderes, alquimistas, curtidores, soldados de fortuna, unhas cantas ocas e pavos, uns burriños e ata de algún camello e dromedario, posiblemente os primeiros da historia en recalar na Vila das Palilleiras, que provocararon, ante tan súbita e inesperada aparición que algún canciño impetinente e ladrador que visitaba da man do seu amo o Mercado Mariñeiro Medieval fuxira espantado, co rabiño canino metido ata o fondo das patiñas. Con todo, os invasores nun xesto magnánimo digno de agradecer decidiron agasaxar ao pobo de Camariñas pola espléndida acollida que están a recibir ca elaboración dun bocadelo xigante de máis de 25 metros. Esta labor hercúlea levárona a cabo uns habituais destos menesteres, xa poseedores dalgún que outro récord guiness no seu coleto: a Panadería Manuel Pereira e hijos, de Araño (Rianxo). O resultado foi un auténtico bocatti di cardinale do que Camarinas.eu, unha vez acreditado que na confección do mesmo non estiveran para nada inmiscuidas as mans destructoras e alcoholizadas do cociñeiro naviero, dou boa conta.
  • Inauguración do Mercado Medieval 2012

    Pichurri a punto de inaugurar o Mercado Medieval Mariñeiro de Camariñas

    E aquí estamos outra vez en Camarinas.eu facendo o máis grande despliegue informativo nunca antes visto nunha Festa do Carmen. E é que a ocasión merece toda colaboración das boas xentes do concello xa que estamos ante unhas festas grandiosas e totalmente inéditas. E así procedemos a publicar en rigurosa exclusiva cunha amplia galería de fotos (non é por nada, pero é que é exclusiva) a inauguración do que foi a gran novidade desta nosa Festa do Carmen 2012: O Mercado Medieval Mariñeiro que a nosa querida comisión organizou para amenizar un pouco máis si cabe os festexos 2012. Un Mercado Medieval que, a diferencia de outros que se realizan por ahí adiante, tivo moitas novidades e unha gran acollida por parte de xentes da vila e de turistas que se acercaron por Camariñas por mor de tan grande acontencemento.
  • 1º Mercado Medieval Mariñeiro

    A Comisión de Festas dando os últimos retoques a un Carme que promete pasar á historiaTedín, móvil en man, recibe apresuradas indicacións municipais de última hora dando nerviosos paseos arriba e abaixo polo palco da festa: o grandioso escenario que espera nunhas poucas horas as mellores orquestas galegas. O peso da responsabilidade pola seguridade de toda unha vila. Non moi lonxe, tres fermosas rapazas continúan a confección do primeiro arte mural urbano camariñán con beneplácito oficial e miran, precavidas, ante o posible ataque á súa remozada casetiña turística por parte do cociñeiro naviero, tipejo alcoholizado e asaltador, ou da súa tan reducida patrulla chiquitera e borracheril. Uns peliños ralos de bigote perpetuamente mollados por licores de distinta graduación, hoxe en día, consecuencia dunha ruina completa e radical, xa un tanto cativos e metílicos. Un desagradable regusto metálico, plomo,  no paladar da boca.
  • Cartel alternativo da Festa do Carmen

    Cartel alternativo que se barallou como apoio á máis grande festa da Costa AtlánticaCada vez queda menos. Aquí en Camarinas.eu xa estamos como motos: non nos chega a camisa ao corpo contando os días que faltan. O Facebook bota fume polos catro costados de camariñáns que andan quentando motores cibernéticamente. Non sabemos o por que pero parece que este ano o electorado está especialmente ansioso e ilusionado co arranque da Festa do Carmen. Tal vez sexa o puñado de orquestas sublimes (Olympus, Panorama, París de Noia, Palladium... o melloriño que pode ofrecer a día de hoxe o panorama musical galego), ou a ilusión que proxecta o seu orzamento, o maior de tódolos tempos, tal vez sexan os cinco días de festa ininterrumpida, ou a celebración do 1º Mercado Medieval Mariñeiro da historia de Camariñas, quen sabe. Ao mellor resulta que é pola crise: acostumados ao carrusel de malas noticias, á sensación de vivir ao borde da apocalipse un día sí e outro tamén, víctimas involuntarias dos despropósitos continuados, perpetuos, da casta política de diversas cores pero idéntica corrupción e  ineptitude que leva gobernando esta España dos nosos pecados dende hai xa uns cantos anos, as boas xentes busquen uns días sinalados para olvidarse de todo e gozar. Sinxelamente gozar.