Cunha media de 6-7 dolares diarios e un máximo de 15 por día camarinas.eu pode converterse nun dos grandes aportadores económicos para a nosa festa sempre e cando todos colaboremos. Eu creo persoalmente que podemos chegar a máis e aínda que o obxectivo dos 1000 dolares parece moi lonxano non hai dúbida que si a metade das máis de 1200 visitas diarias colaboran chegaremos moi lonxe. Ánimo.
Desde camarinas.eu animamos aos nosos case 800 usuarios rexistrados (á meirande comunidade humana do Concello e probablemente de toda a Costa da Morte) e aos máis de 1.200 visitantes diarios que recibe a web máis visitada da historia da Costa da Morte a colaborar neste acto e encher o pavillón de Camariñas ata os topes. A comisión sempre terá o apoio desta redacción e, aínda que sexa saltándose unha norma fundamental e básica para camarinas.eu, publicaremos todo o que sexa posible para axudar a esta xoven comisión de rapaces camariñáns en todo o que lle faga falta. Pois eso, a nosa mensaxe para a extensa comunidade de camarinas.eu é esta:
Todo o que acabamos de dicir reflícteo esta fotografía histórica que nos fai chegar a nosa fiel usuaria Pión desde Cádiz, o lonxano e antigo Gadir colonizado por gregos e fenicios, para deixar constancia de tal feito. E seguro que se os redactores rebuscan entre a multitude que rodea ao tridente máxico da santidade formado por San Roque na dianteira, San Antoniño no medio e San Xurxo na retaguardia neste día de San Xurxo de 1972, atoparán unha gran cantidade de parentes seus (seguramente as nosas nais pero tamén tíos, tías, avoas, etc...). Como seguro que tamén vos pasa a vós. Pero esa é unha labor que teredes que facer os usuarios de camarinas.eu poñendo nomes a multitude inxente que rodea aos nosos queridos santos na foto ampliada a tamaño natural do interior.
Xa podes ver un pequeno avance das fotos que estivemos sacando polo palco da festa de San Ramón: a última festa do Verán na Costa da Morte, e que como tódolos anos acolleu a numeros visitantes no seu día grande, o 31 de agosto. Para ver as primeiras fotos PULSA AQUÍ
Páxina 11 de 11