O Café Bar Arnela vivío este venres 1 de agosto sen dúbidas o momento máis histórico en tódolos anos da súa existencia cando preto de 500 persoas aproximáronse ao mesmo ao longo da noite con motivo da festa de despedida que camarinas.eu brindaba ás súas usuarias Sefa, Pauliña e Rocío, as cales en breve voltarán ás Illas Canarias. Unha muchedumbre como nunca se vío nun bar en Camariñas enchío o bar paradigmático do barrio de Corea ata os topes. Pulsa na imaxe do maestro timbaleril, Tono da Riala, para ver unha impresionante galería fotográfica de 240 fotos tomadas polas redactoras Adry e Lucía e o director Diego Alonso Freire acompañadas de 5 espectaculares vídeos.
Pulsa na foto para ver unhas instantaneas dedicadas a Melina (¡TES QUE VIR CHE!).
Pero as Festas do Carme, as festas mariñeiras máis grandes de toda esta Costa Atlántica, non podían marchar sen antes dedicarlle unha cena a todos os emigrantes camariñáns que tanto colaboraron na súa organización, e por elo este xoves 24 de xullo concentráronse no restaurante "Os 4 Ventos" un gran número de emigrantes camariñáns que están a pasar as súas merecidas vacacións na nosa vila. Así, como culminación ao seguimento máis impresionante e intensivo que tivo a nosa Festa do Carme de Camariñas en toda a súa historia por un medio de comunicación, queremos pechar este seguimento coa publicación da "Cena do Emigrante 2008", o seu merecido broche de ouro.
Ademáis, 32 ventos prometío mostrar a súa verdadeira cara, a nosa usuaria Lusina busca por Santiago desesperada uns platillos para que destaque o arte timbaleril do maestro Tono da Riala, e incluso se rumorea que dous representantes de aquel lexendario grupo de rock de destino fatal e música celestial, The Third is The Piggiest, poderían interpretar unha versión desenchufada (un umplugged) dalgún dos seus famosos e archiconocidos temas. En todo caso o que si é certo é que a nosa redactora, a Beauty Adriana, encerrouse xa hoxe pola tarde na casa para practicar co seu acordeón italiano xurando non saír da mesma ata o momento da verdade: a tan esperada e anhelada actuación ca súa gran amiga Pauliña. Pois si señores, así comenza con esta festa de despedida a tres usuarias claves da web millonaria (en entradas, claro) da Costa da Morte, un conxunto de actos de celebración do Primer Aniversario de camarinas.eu, que terán o seu apoxeo cunha cena masiva por todo o alto o día 15 de agosto. Atentos á pantalla nos próximos días. Camarinas.eu:¡¡es como una droga!!"
Totis, que ten cerca de 70 anos, nunca formou parte da Danza de Arcos e este ano quixo quitarse ese peso de enriba. Non sabemos si se recuperará pero as expectativas son moi negativas. Os que o viron desenvolverse sobre unha pista de baile nos seus bos tempos falan doutro Rudolph Nureyev, dun redivivo Baryshnikov, dun prodixio da danza. De todas formas e superando este duro golpe que tan grandes expectativas había xerado, todo está listo e preparado para a gran cita e camarinas.eu fará un despliegue especial cos seus escasos, destartalados e ridículos medios marítimos e terrestres para cubrir esta cita (esperemos), estando pendentes de todo o que aconteza nestes días para que, aínda que esteades fóra de Camariñas, poidades vivir todo o esplendor da máis importante e grande festa mariñeira das Rías Altas (incluída Muxía e Camelle). Pulsa na foto para ver unhas cantas imaxes da Danza de Arcos e un vídeo desta.
Pulsa na foto para ver o resto de actividades que a Asociación de Empresarios ten previsto organizar para este Verán 2008.
É bastante probable que esta anulación da conta de Google AdSense fose debida á denuncia de alguén ao que non lle gustou demasiado esta iniciativa e filtrara a nosa noticia a Google España. Pois nada, conseguistedes que nos cerraran a conta e que a nova comisión perdera o agasallo dos usuarios de camarinas.eu. Un botín de máis de 500 dolares que se perden polo retrete abaixo. Os culpables que se acorden de tirar pola sisterna.
Páxina 10 de 11