E así, na tarde do venres 5 de xuño de 2009, cando entramos na cuarentena das Festas do Carme, a redacción de camarinas.eu escoltada polas súas impresionantes redactoras, quedou cos membros da Comisión para achegar opinións, ideas e obxectivos en común para contribuir entre todos a facer as mellores festas posibles, poñendo cada un na medida das súas posibilidades o seu humilde graíño de area. Como tamén o podedes facer vos, asistindo á Cea deste sábado 6 de xuño no Restaurante Catro Ventos ou mercando polo módico precio de 5 euros as camisetas que a Comisión confeccionou con motivo das vindeiras Festas da santa Patroa de tódolos mariñeiros. Maite e as dúas Lucías xa mercaron as súas, e ti ¿a que esperas?
Polo módico precio de 5 euros, os asistentes tiñan dereito a un ben surtido prato deste sinxelo manxar elaborado a base de cochino de primeira calidade con patacas fretidas e viño do país acompañado do seu correspondente e imprescindible café con leite ben quentiño, ideal para unha tarde-noite como a deste sábado. Posteriormente, e cos bandullos ben recheos, os asistentes puideron asistir a unha verbena do máximo nivel amenizada polas orquestas Triunfo e Suavecito e que se extendío ata altas horas da madrugada. En fin, queridos usuarios, a temporada de festas xa está aquí. Pulsa na imaxe para ver a primeira galería fotográfica con máis de 80 fotos de camarinas.eu da sección de festas 2009 e dous impresionantes videos de todo o acto.
Pois si, o rito ancestral dos camariñáns de acudir en barco a unha romería (algo único nesta costa atlántica) foi estirpado de raíz por unha decisión que levou a unha impresionante patrullera da Garda Civil a rastrexar as augas da ría en busca de droga... non, minto! en busca de yates con droga... estooo.. non non! en busca de barcos que iban tranquilamente a cumplir cunha tradición milenaria. Eso mismo, que fácil!. Arrancade as nosas raices de cuajo coa intención de plantar o voso árbol á vosa imaxen e semellanza. Pulsa na foto para ver unhas imaxes sacadas na barca pola nosa guapísima usuaria Uxi, por Lucía016 e por MTCC (Maytiña).
Camarinas.eu, sempre activa colaboradora coas comisións de festas do noso pobo (aínda que a veces non nos axuden moito a nos) fará un seguimento especial a estas festas para que todo camariñán que se encontre fora do seu pobo poida ver coma se estivera aquí unha das últimas festas do verán na Costa da Morte, porque o noso compromiso é e será sempre ca xente do Concello de Camariñas. Pulsa na imaxe para ver o programa completo e ver unha galería das Festas de San Ramón do ano pasado.
Páxina 9 de 11