Polo demáis un 17 de xullo armonizado ao son da alborada interpretada pola Real Banda de Tambores e Cornetas de Santiago e o grupo a Coteleira, a Procesión ata a Igrexa de San Xurxo, un descenso ata a Festa no que a Danza de Arcos reláxase e vive o seu momento máis dicharacheiro e festivo, unha comida celebrada na Cofradía de Pescadores e outra no Club Náutico. A través das galerías fotográficas do redactor secreto de camarinas.eu, Juan Salvador Gaviota (JSG) e de Zhúkov poderás ver o que dou de si o día 17 de xullo de 2009, o ano do retorno das Viejas Glorias da Danza de Arcos.
Concretamente, trátabase das redactoras de camarinas.eu lideradas por Lucía nun ensaio que supoñía o retorno dunha vieja gloria dos arcos camariñáns como o noso usuario John Reira, que por fin fixo a aparición estelar que o masivo electorado de camarinas.eu reclamaba dende aquel fatídico día que abandonara o mundo das páxinas web, ben glosado pola oda crepuscular de Antonio Puertas "Adios a Reira". Finalmente, para evitar novas posibles e ridículas polémicas e que algún departamento perdido dunha consellería sexa inducido a meter os fuciños onde non debería, recalcar que a participación destas pioneras só tivo carácter complementario dadas as baixas existentes neste 1º ensaio, estando previsto outro para o próximo domingo, este xa con música e masivo. Pulsa na imaxe para ver unha galeria dun ensaio histórico da Danza de Arcos de Camariñas.
Así, reforzando o carácter plural da máis democrática das webs, aquela que é elaborada día a día por uns usuarios dotados dun talento artístico nunca antes visto e recelosos do mundo da política, xente independente e libre, decidimos dar un protagonismo especial na cobertura desta noticia á reporteira xornalística máis coñecida da Costa da Morte: Lucía Carril Ageitos, a cal cunha labor impresionante complementada pola dun profesional da fotografía pertencente a unha familia con máis de 50 anos de bagaxe no difícil arte de fotografiar unha realidade sempre cambiante, ofrecen á toda a lexión de seguidores de camarinas.eu unha Galería Fotográfica de 200 imaxes.
Páxina 8 de 11