Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Festa do Carmen 2018
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
CELEBROUSE A CEA PARA RECADAR FONDOS PARA A FESTA “SEN RIVAL” DO CARME DE CAMARIÑAS
Este sábado, no pavillón municipal do Areal, 173 persoas reuníronse en torno a varias mesas para cear, bailar, pasar unha boa noite rodeadas de amigos e, sobre todo e por riba de todo, para contribuír coa súa xenerosidade sen límites, a recadar fondos para que o Carme de Camariñas siga sendo a festa SEN RIVAL de tódalas que se celebran en España. Alí estiveron moitas familias, 16 dos asistentes eran nenos que o pasaron de medo nos inchables que instalou desinterasadamente ARTE LÚDICO, dos nosos amigos Martín e Maica, representacións de comisións de festas dos pobos veciños e das festas de San Xurxo, moitos xoves e maiores que bailaron ate as tantas cos sons da Disco Móvil Impacto que xenerosamente o noso amigo Ernesto aportou para contribuír ao divertimento xeral.
EXCLUSIVA! O Espectacular cartel da Festa do Carmen 2018 en Camariñas
Tal como prometéramos o mellor club de fútbol do século XXI gañou a décimoterceira e a a máis completa formación festeira da Costa da Morte organizou a mellor festa posible do Arco Atlántico. Tal como no caso da Gloria Blanca, esto xa se fai por simple aplicación dun método transmitido por xeracións precedentes. E así en breves datas dende a posta de largo xa temos o Cartel da Festa do Carmen do 2018, no que fichando aquí e alá conformouse un plantel festeiro de primeiro nivel, plantel que tamén como sempre presenta ao noble pobo camariñán en exclusiva Camarinas.eu xa que nin máis nin menos o seu director e f
otógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire
elaborou desinteresadamente o seu cartel tal e como o leva facendo con tanto éxito nestes derradeiros anos. E así un ano máis, poñendo todos algo de sí mesmos sin máis interese que ver a nosa Camariñas no top festivo nacional, estamos ás portas dun Carmen que fará historia....
Paula Esteiro Ramos, nomeada Camariñana de Honra 2018
A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” acordou nomear á atleta camariñana Paula Esteiro Ramos, Camariñana de Honra 2018. Este recoñecemento, que se fai por primeira vez, pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns.
Aquí está a Comisión de Festas do Carmen de Camariñas 2018
En esto das comisións de festas pasa como no fútbol: o importante é que o legado dunha xeración gloriosa se transmita á seguinte. Toda unha sabiduría acumulada, uns valores e un saber facer que sexan traspasados ás novas xeracións por medio de uns cantos estandartes que recollan as esencias gloriosas do club. Así, no seu momento, Di Stéfano fui o encargado de transmitir o know-how madridista á xeración dos ye-yés (Copa de Europa de 1966). Os Amancio, Pirri, Benito e compañía recolleron daquelas sagradas mans un legado que despois recaería nos Santillana, Juanito (D.E.P.) ou Camacho. Nos tumultuosos anos 80 do Felipismo a Quinta da Buitre continuou unha lenda que anos despois resucitarían Raúl, Fernando Redondo e a Quinta dos Ferrari con 3 novas memorables Copas de Europa (1998-2000-2002). E así ata estes heroicos días nos que Cristiano Ronaldo é o máximo expoñente da continuidade dun nunca inigualado legado futbolístico.
Portos de Galicia fai caixa a a conta da Festa do Carmen de Camariñas
Xa é oficial. Para formar parte dunha comisión de festas que pretenda celebrala -coma toda a vida- en terreos portuarios, hai que ser un súper heroe xa que as condicións que pon o Ente Público Portos de Galicia para a utilización do chan afectado polos portos para a celebración das festas patronais, converte aos sufridos cidadáns que se atrevan a organizar unhas festas, para solaz de todos, en auténticos Hércules. Así o establece unha resolución de Portos de Galicia publicada a finais de setembro.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Rehabilitación Parques Infantiles
Gran Festa de Carnaval na Ponte do Porto
Cartel da festa en honor a San Pedro na Ponte do Porto
Mareas a punto de rebosar no paseo
Cartel da Festa de San Xurxo 2014