O próximo xoves, 28 de novembro, as 17.00 horas, terá lugar a presentación da exposición da obra da pintora porteña Purificación Lema del Río, no faro Vilán. A artista porteña expón as láminas que creou para o calendario que a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” pon a venta para recadar fondos para as festas patronais do Carme de Camariñas de 2020. Esta exposición faise en colaboración coa Asociación de Empresarios de Camariñas, quen cede as instalacións que administra no entorno incomparable do faro de Cabo Vilán. A obra está composta por 13 láminas pintadas con distintas técnicas que reflicten acontecementos e espazos da vila e do concello de Camariñas e poden ser adquiridas por un prezo non inferior a 50 euros cada unha. Os fondos obtidos serán dedicados, coma os calendarios, a achegar recursos económicos para as festas do Carme.
A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” acordou nomear ao IES Pedra da Aguia Camariñán de Honra 2019. Este recoñecemento pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns. Neste caso a Asociación tivo en conta o traballo dun pequeno centro educativo, radicado no rural e público onde, profesores, pais e alumnos, asumen retos e metas ambiciosas que redunden na formación integral dos xoves camariñáns, na súa promoción persoal e social, e, moi especialmente, na labor de coñecer e difundir no resto da sociedade a Unión Europea e as súas institucións. Este traballo acadou recoñecemento público co seu nomeamento como centro embaixador da Unión Europea.
A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, entidade que organiza as festas patronais do Carme de Camariñas, ven de facer público o programa das festas que se celebrarán entre os días 16 e 20 de xullo. O impresionante cartel foi deseñado, como xa ven sendo habitual nestes derradeiros anos polo fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire nunha máis das súas colaboracións desinteresadas coa comisión do Carme de Camariñas. O completísimo programa abrangue actividades e música de todo tipo e destinado a tódalas idades, dende sardiñadas e romarías tradicionais ata o máis completo programa de orquestras que hoxe se pode ver en Galicia, pasando polo folk ou pola actuación de un artista internacional. Todo iso completado con actividades para os mais cativos, ou o recoñecemento de quen, coa súa actividade, promociona o nome de Camariñas en positivo polo mundo.
Páxina 1 de 3