• Xa está aquí o impresionante cartel da Festa do Carme de Camariñas 2019

    A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, entidade que organiza as festas patronais do Carme de Camariñas, ven de facer público o programa das festas que se celebrarán entre os días 16 e 20 de xullo. O impresionante cartel foi deseñado, como xa ven sendo habitual nestes derradeiros anos polo fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire nunha máis das súas colaboracións desinteresadas coa comisión do Carme de Camariñas. O completísimo programa abrangue actividades e música de todo tipo e destinado a tódalas idades, dende sardiñadas e romarías tradicionais ata o máis completo programa de orquestras que hoxe se pode ver en Galicia, pasando polo folk ou pola actuación de un artista internacional. Todo iso completado con actividades para os mais cativos, ou o recoñecemento de quen, coa súa actividade, promociona o nome de Camariñas en positivo polo mundo.