Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Fase de Ascenso Balonmán
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Ascenso do CB Camariñas Conservas Boya a 1ª División Nacional
Nunha mañán de cans, con vento, chuvia e moito frío, máis propia do mes de xaneiro, o CB Camariñas fixo historia e entrou na leyenda. Mañán de paixóns extremas, de bágoas incontibles de ledicia e emocións nuns e de pesar e tristeza noutros: a grandeza do deporte no seu estado máis puro adueñouse do Pabellón Municipal de O Areal nun día que difícilmente olvidarán todos aqueles privilexiados que tiveron a sorte de estar alí onde con letras de ouro se escribía a historia. Enfrontado a conxuntos de grandes cidades, maiores orzamentos, superiores recursos, un pequeno club dunha remota vila mariñeira formado maiormente a base de xogadores da terra, dos de andar por casa, acadaba unha xesta difícilmente superable e entraba na gloria en tres irrepetibles días dun fin de semana de maio.
Primeiro día da Fase de Ascenso do CB Camariñas Conservas Boya
Gracias ao esforzo sen precedentes realizado dende o Concello de Camariñas, a Vila das Palilleiras xa ten a súa Fase de Ascenso á Primeira División Nacional de Balonmán. E o fin de semana grande do balonmán no noso concello comenzaba pasadas as 18.00 da tarde deste venres 6 de maio de 2011 cunha recepción oficial celebrada na Casa de Pedra onde o alcalde camariñán daba a benvida aos catro equipos que mediante un sistema de liguilla competirán ata o domingo por ver cal deles é o que finalmente acada o tan ansiado ascenso. Unha vez rematado este acto que incluío o reparto duns pequenos agasallos, as plantillas, corpos técnicos e directivos de Salamanca, La Laguna, Plasencia e CB Camariñas desplazáronse ata o Pabellón Municipal de O Areal para iniciar a vertiente deportiva da fase de ascenso.
Comenza a Fase de Ascenso a 1ª Nacional do CB Camariñas Conservas Boya
Comenza hoxe en Camariñas ás 18:30 da tarde a fase de ascenso a primeira división nacional onde o Camariñas Conservas Boya loitará con tres equipos de recoñecido prestixio pola tan ansiada praza de ascenso. Camarinas.eu quere aproveitar esta ocasión para homenaxear a un dos xogadores máis carismáticos do equipo camariñán. Un xogador que probablemente se retirará definitivamente esta tempada por diversos motivos entre os cales está o recente nacemento da súa filliña. Estamos a falar do veciño da Rúa Eugenio López chamado Alan que seguramente aproveitará esta ocasión para sacar o mellor de sí mesmo para lograr o mellor resultado para os nosos neste primeiro partido que xogará o Camariñas hoxe ás 20:30 fronte o tinerfeño Universidad de La Laguna. En fin, comeza o espectáculo e Camarinas.eu tratará de seguir na medida do posible todos e cada un dos partidos que xogue o Camariñas. Vai por ti Alan.
A fase de Ascenso a 1ª Nacional celebrarase en Camariñas
Camarinas.eu está en condicións de afirmar que durante os vindeiros días 6, 7 e 8 de maio de 2011 finalmente celebrarase en Camariñas a fase de ascenso á 1ª División Nacional de balonmán. Xogadores, aficcionados, técnicos e directivos dos tres clubs aos que se medirá o CB Camariñas, P. C. Salamanca (Campeón de Castela-León), Universidad de La Laguna-Tenerife (Campeón de Canarias) e Bm. Plasencia (Campeón de Extremadira), veranse desta maneira obrigados a pernoctar en Camariñas durante o fin de semana no que se ventilará o conxunto que ascenderá a tan ansiada 1ª División, co que elo ten de impulso económico para o Concello de Camariñas. Elo sin contar a posibilidade de que algún que outro aficcionado ao balonmán en Galicia se deixe caer por estos pagos así como xornalistas que veñan a cubrir o evento. Ademáis, xogando na súa casa, co seu público volcado, as posibilidades de ascenso do CB Camariñas entendemos que se elevan expoñencialmente.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
A estatua homenaxe a Don Jesús pronto será unha realidade en Camariñas
Encaixe-Camariñas 11 - 21 Rasoeiro
IV Festa da Palilleira de Camariñas
Ministro de Xustiza en Camelle
Programa do 3º Encontro de Corais de Camariñas