Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Exposición fotográfica
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
O museo Man de Camelle acollerá unha exposición colectiva inspirada no vento e no mar
Desde o 17 de novembro ata o 16 de decembro o museo Man de Camelle acollerá a exposición ‘Viento y Mar’, unha mostra colectiva na que diferentes autores interpretan este concepto a través da pintura, a fotografía e os abanicos. A exposición está organizada en colaboración coa Conselleria de Cultura, Participació i esports de Baleares e o Institut d’estudis baleàrics grazas ao vínculo existente con Antoni Torrres Martorel, unha persoa moi vencellada ao noso municipio desde o desastre do Prestige.
A Mostra do Encaixe de Camariñas 2018 arranca motores en Asturias
A exposición "Descobrindo Camariñas, Corazón do Encaixe" que se estreou esta semana no auditoria Príncipe Felipe da cidade ovetense ten como obxectivo informar de forma didáctica a importancia do Encaixe de Camariñas desde o punto de vista cultural, tradicional, artesanal e socioeconómico. Consta de imaxes, módulos de grandes dimensións, que reflexan a tradición, o deseño, a artesanía, a innovación, a modernidade e a internacionalización, que dan a coñecer dunha maneira moi visual e sinxela en que consiste a "Mostra do Encaixe de Camariñas ". Estas 6 imaxes interpretan a simboloxía do Encaixe de Camariñas coa colaboración de personaxes de renome no mundo da moda, o deseño e a decoración. O reverso da imaxe consta de textos explicativos en español, galego e inglés acompañados de pezas reais.
15 anos desde a catástrofe do Prestige en Camariñas nunha exposición do fotógrafo Javier Tarazaga
O fotógrafo Javier Tarazaga abre este venres 8 de setembro, a exposición 'Nunca máis: 2002-2017', que reivindica o papel dos voluntarios na Costa da Morte tralo naufraxio do petroleiro Prestige o 13 de novembro de 2002. A exposición leva como nome o slogan 'Nunca máis', que mobilizou a opinión pública contra a maior catástrofe ambiental en España neste século. En 35 imaxes significativas, o fotógrafo recorre varias xornadas traballando codo con codo con varios equipos de voluntarios de "Ecoloxistas en Acción", unha organización que se implicou fortemente na traxedia fletando autobuses desde diferentes puntos de España, favorecendo o traballo desinteresado de miles de persoas para eliminar as 77.000 toneladas de chapapote que verteu o Prestige.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Cumpreanos.eu: Mari Carmen Diéguez
A Cronica do Mago de Corea 06-06-2010
Toneladas de adictivo tabaco rubio pola costa de Camariñas
Clamor Popular contra o Secretario Xeral
Os alumnos do IES Pedra da Águia regresan da súa viaxe ao sur de España