O Museo Man de Camelle acollerá a exposición “Arte + 3 Olladas”, que amosará as obras dos artistas Soledad Pite Sanjurjo, Pedro Avila Durán e María José Pampín Bugallo. Arredor de 50 obras que presentarán tres formas de ver a vida cotiá e o mar. A presentación da mostra terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 19:30. A ela acudirán os creadores das pezas que estarán alí expostas. A mostra exhibirá cadros e cadernos de viaxe, entre outros elementos.
Este pasado sábado 23 de febreiro de 2019 tiña lugar no impresionante Museo Man de Camelle a inauguración da exposición 'Imaginatio Mare' do artista catalán Joan Pascual Roca. Ademais do autor da obra estiveron presentes a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua Rial xunto ao segundo tenente de alcalde e concelleiro por Camelle Juan Carlos Canosa Marcote que presentaba a inauguración. Ata a última fin de semana de marzo poderase visualizar o traballo deste artista catalán, que a través da técnica da pintura con tinta chinesa invita ao expectador a somerxerse dunha maneira case existencial no ecosistema mariño. Ao remate do acto de inauguración o artista non quixo perderse a oportunidade de fotografiarse xunto a estatua do Alemán de Camelle en homenaxe a Man cun grupo de visitantes de Baleares.