Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
expopeques
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Éxito total do salón de bautizos e comunións ExpoPeques 2018 en Camariñas
Na tarde deste sábado 24 de febreiro de 2018 inaugurábase a segunda edición do salón de bautizos e comunións ExpoPeques. O evento, celebrado no Restaurante A Marina de Camariñas, resultou ser un verdadeiro éxito de público e nas dúas horas que durou o acto puidéronse contar centos de asistentes a este showroom. O bo tempo reinante en toda a Costa da Morte congregou a numeroso público que chegou a colapsar o recinto. Así e todo e a pesares da gran cantidade de xente que se deu cita no Restaurante A Marina todo o público asistente pudo gozar cos desfiles da deseñadora de moda Lorena Manceñido e, sobretodo, co desfile dos traxes dos nenos e nenas que presentaron a colección de comunión 2018 de Modas Azucena. Todo un éxito que seguro terá continuidade na xornada de mañán na que os participantes do salón de bautizos e comunións ExpoPeques presentarán todas as novidades desta campaña 2018.
ExpoPeques 2018 aposta polo encaixe de Camariñas
As artesás camariñás levarán ao salón de comunións e bautizos todo tipo de artigos relacionados con estas celebracións infantiles. Entre os productos confeccionados a propósito para esta edición de ExpoPeques podemos atopar dende auténticas obras de arte como son os vestidos de bautizo completamente realizados en encaixe de Camariñas como tamén complementos de alta costura como guantes de comunión, detalles de encaixe para velas, e un largo etcétera. Ademáis desta presentación as palileiras farán demostracións da súa arte durante todo o evento.
ExpoPeques 2018 en Camariñas: todo listo para o salón de comunións e bautizos da Costa da Morte
Despois do éxito acadado o ano pasado, os organizadores do showroom para a organización de bautizos e comunións ExpoPeques están confeccionando os últimos flecos da novidosa edición deste ano 2018. O evento terá lugar dende ás 5 da tarde deste sábado 24 de febreiro e terá continuidade durante todo o domingo 25. Este salón demostrativo, que se está a converter nun verdadeiro escaparate para as empresas do sector na Costa da Morte, traerá seguramente gran cantidade de visitantes ata Camariñas e concretamente ata o Restaurante A Marina de Camariñas donde se darán cita máis de 20 empresas e negocios do sector que expoñerán as súas novidades.
EXPOPEQUES, un salón de comunión e bautizo en Camariñas
Un grupo de emprendedores, profesionais e artesáns do sector servizos da Costa da Morte veñen de crear un salón aberto a todos os cidadáns no que se dará visualización a todo o relativo coa organización dos eventos familiares dos máis pequenos. Un experimentado grupo de profesionais do sector foron os que idearon o salón chamado ExpoPeques para dar saída á estresante tarefa de organizar con éxito un evento tan importante na vida dos nosos fillos.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
A xornada de Juanillo: Cartagena 1 - 0 Alfaro
O CONCELLO DE CAMARIÑAS PARTICIPA NUN OBRADOIRO SOBRE A XUVENTUDE E A INICIATIVA EMPRENDEDORA EN SUECIA
Invasion de Algas nas Praias de Camariñas
Desbordamento do Posiño na Ponte
Obras do Concello de Camariñas para facilitar a accesibilidade de todos os veciños