• Comenza unha nova Escola Obradoiro en Camarinas

    Este luns 1 de Outubro de 2007 comenzaba unha nova edición da Escola Obradoiro de Camariñas "Aldea Madeira". A primeira fase do obradoiro de emprego desarrollarase nas aulas do Centro Municipal de Iniciativas Empresariais "Ramón Noguera Oreiro" (C.I.E.)  sita na rúa Río do Prado e a segunda fase  terá lugar nesa paraxe idílica que é o Complexo Turístico "Aldea Madeira" situada en Brañas Verdes. A financiación realizase integramente pola Consellería de traballo da Xunta de Galicia, nembargantes a xestión integral de todo o proxecto farase dende o Concello de Camariñas.