Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Escola de Vela
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Un gran premio ao Colexio O Areal pola súa implicación no programa O Mar na Escola
O Colexio O Areal de Camariñas ven de colleitar hoxe un dos seus máis grandes recoñecementos. En toda a historia deste entrañable colexio camariñán nunca (que nos recordemos) se lle concedera un premio de tal calibre como o "Premio Anual do Deporte Galego 2011-12" como mellor centro educativo de Galicia pola súa promoción do deporte en idade escolar gracias ao Proxecto Mar na Escola. Proxecto que foi realizado conxuntamente co Concello de Camariñas e no cal tamén colaboraron entidades como o Club Náutico ou tamén (¿por qué non dicilo?) Camarinas.eu publicando e apoiando esta iniciativa dende o seu inicio alá polo ano 2007. A canteira deportiva de Camariñas está a acadar uns niveles nunca vistos gracias a iniciativas como esta do Colexio O Areal e ao apoio incansable dun concello volcado no máis importante: a educación dos nenos. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todo o persoal do Colexio O Areal de Camariñas polo premio que acaban de recibir e ao Concello de Camariñas polo seu apoio incondicional a esta iniciativas. Noraboa e a seguir sendo exemplo!!
Regata Muxia Porto Xacobeo: Novos triunfos da vela Camariñana
Novos triunfos da vela camariñana
Daniel contento e feliz no acto de entrega de medallas celebrado na Casa do Concello de Muxía
Relativa á cuestión esta de "Muxía, final do Camiño", pois aquí non queremos ser irrespetuosos, tal vez non sexa a nosa guerra, pero por unha mera cuestión de sentido común... en fin... O caso é que este sábado 28 de maio de 2010 celebrábase polo Club de Mar e Náutico de Muxía dentro da Liga da Costa da Morte de Vela a regata "Muxía Porto Xacobeo" e alí participaron os representantes de Fisterra sen maiores problemas e incluso posteriormente no acto de entrega de premios celebrado no Salón de Plenos da Casa Consistorial, o noso gran amigo Félix Porto, alcalde muxián, tivo unhas acertadas palabras ao respecto: "Non pode haber tensións por nimiedades". Aquí dende camarinas.eu, como web líder do ciberespacio atlántico, reincidimos nesas palabras facendo unha chamada ao irmanamento entre todos os concellos desta illada e olvidada Franxa Atlántica. Xa polo que respecta á actuación dos nosos, a tripulación formada por Helena Ramos Campos, Jaime Busto Espasandin, Marcos Amigo Rial e Adrián Barcia Pensado obtivo o primer posto en Clase Omega, engadindo un novo triunfo ao seu plamarés. Na Clase Optimist, Carlos González Pasantes e Daniel Lado Campaña quedaron en segundo e cuarto posto respectivamente. Todos eles foron felicitados efusivamente polo alcalde muxián cunhas agarimosas palabras unha vez finalizado o acto de entrega de medallas.
Fin de semana clave para as Escolas Deportivas do Concello de Camariñas
ESTA FIN DE SEMANA @S DEPORTISTAS DAS ESCOLAS DEPORTIVAS DO CONCELLO DE CAMARIÑAS TEÑEN VARIAS FRONTES ABERTAS, por unha banda o equipo de cadete de bádminton desprázase a Lugo para xogar o campionato galego da especialidade, ademais, Francisco Pais Fondo e Nerea López Lijó xogarán o campionato individual.
Escola de Vela do Concello de Camarinas
Os camariñáns que participaron na regata celebrada en terras (bueno, mellor mares) de Corcubión recibiron numerosos premios.
Na 9ª Concentración de Escolas de Vela da Costa da Morte os nosos representantes da Escola de Vela do Concello de Camariñas realizaron un papel destacado en todas as categorías. Os rapaces de Camariñas teñen un futuro moi prometedor dentro desta especialidade deportiva. Desde camarinas.eu desexámoslle moita sorte.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
O Camarinas empata en Vimianzo co Carnota
Don José Luis Campaña Blanco, Descanse en Paz
A cronica do Mago de Corea 22-12-2009
Cumpreanos de Marta Varela Campana: 22 anos
Novo accidente de tráfico en Camariñas