• Presentación da escola de fútbol Juan Cabrejo

    Dende o mes de Setembro 96 rapaces e rapazas están a adestrar no campo municipal “Irmás Patiño” dentro do programa da “escola de fútbol Concello de Camariñas-Juan Cabrejo”. Porén, non foran presentados en sociedade polo que nesta semana, aproveitando que no mes de Novembro comezaran a disputar partidos de competición, os representantes do goberno local achegáronse até as instalacións para celebrar o acto de presentación.

    Até el desprazáronse Sandra Ínsua, alcaldesa do Concello de Camariñas, e o concelleiro de deportes Fabián Canosa para saudar ao propio Juan Cabrejo e aos seus adestradores Juan Porrúa, Carlos González, Pepucho e Ivan Pose.

    Esta escola conta con un total de cinco categorías: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, entre os cales se dividen os case 100 rapaces que aseguran a continuidade de un dos equipos históricos da liga da costa como é o Camariñas F.C.

     

    EscolasFútbolCamariñas_2.jpeg