Que Camariñas sempre foi unha canteira natural de cracks do fútbol xa todos o tiñamos claro. Que a vila das palilleiras dispoñía dunha auténtica mina de futbolístas inagotable non era ningún secreto... pero que cada dous por tres teñamos que estar publicando éxito tras éxito dos nosos deportistas xa poñe de manifesto que estamos ante un inextinguible viveiro de promesas do fútbol. Mirandoo ben, aquí en Camarinas.eu, xa poderíamos adicar unha sección co cometido de destacar todos e cada un dos triunfos que os nosos pequenos futbolístas, aprendices de deportista, están a colleitar polos terreos de xogo do noso señor. O caso é que desta volta temos que dar conta da convocatoria para a selección infantil de fútbol sala da Costa da Morte de outros dous chavales que se suman aos seus compatriotas Dani Castro do FC Camariñas e a Álex e Cristian das Baleas. Estamos a falar de Íker Aufiero (Dumbría) e Víctor Bouzas (Bergantiños) que nesta mañá do luns 4 de marzo estaban convocados a xogar no Campeonato Galego de Seleccións Comarcais de Fútbol Sala representando á Costa da Morte. Os camariñáns xogaron xunto aos seus compañeiros da bisbarra dous encontros fronte a grandes equipos de cidades como Lugo e Ourense e, aínda que foron derrotados neses dous partidos, lograron desplegar un gran xogo e demostraron que aínda que somos pequenos, podemos estar á altura de calqueira con traballo e dedicación. Incluso Víctor Bouzas, fillo do noso amigo Pepucho, un dos mellores futbolístas da historia do FC Camariñas, foi o artícife dun dos dous únicos goles que o combinado da costa anotou nestes dous encontros. Dende esta web queremos darlles a noraboa a estes dous chavales que lograron este gran éxito e animalos a que sigan traballando e demostrando polo mundo adiante o que un camariñán pode chegar a ser capaz si se empeña en traballar e ser mellor cada día. Noraboa Íker e Víctor!
Novo recoñecemento hacia a Escola de Fútbol do FC Camariñas coa inclusión dun dos seus xogadores da categoría benxamín na selección da Costa da Morte de fútbol sala. Este pasado venres 22 de febreiro o canteirán do Camariñas Dani Castro recibía a noticia da súa selección por parte do equipo técnico na súa casa de Xaviña xunta a súa familia. Os pais de Dani cóntannos que o neno está superilusionado con este novo reto e que espera dar todo o mellor de si neste equipo que representará a nosa comarca por gran parte dos pavillóns de Galicia. E aínda que foran convocados ata cinco pequenos futbolistas da canteira do FC Camariñas (4 benxamíns e 1 alevín) preseleccionados para as probas preliminares deste conbinado, tan só pudo quedar un deles entre tanta competencia de nenos de todos as escolas de fútbol da costa. Así, tanto Dani Castro como todos os seus compañeiros do FC Camariñas como tamén todos os pais e nais que levan a cabo todo o traballo de organización desta Escola de Fútbol ven recompensado todo o traballo que se leva feito dende que hai pouco máis de un ano se crearan as categorías inferiores do FC Camariñas. Noraboa!
Pois ao final resulta que a liga de fútbol base ven a ser moito máis excitante que a dos maiores. Nesta derradeira xornada a Escola de Fútbol do FC Camariñas tivo varios encontros de gran rivalidade dos que desfrutamos todos os afeccioados ao fútbol base de Camariñas. O primeiro deles no fútbol sala enfrontaba aos benxamíns das Baleas contra os do FC Camariñas levándose o partido con moi bo xogo os chavales do adestrador do Camariñas Saviola que se estreaba no derby camariñán con victoria contundente. Nos alevíns eran os rapaces das Baleas os que superaban amplamente ás rapazas e rapaces do FC Camariñas. Pero ao final, uns e outros, compañeiros que son de escola, celebraban o final do partido dándose un agarimoso saúdo fronte a todos os pais e nais. Os bravos nenos do equipo Benxamín B do FC Camariñas caía con toda a honra diante do Carnota por un total de 2 a 4. Moi orgulloso estaba o adestrador destes pequenos guerreiros que día tras día avanzan no seu aprendizaxe como futbolistas. E xa no fútbol herba chegaba o turno dos benxamíns do FC que poñían contra as cordas a todo un potente Cerqueda aos cales gañaban finalmente por un total de 6 goles a 4. Os campións de liga e copa da temporada pasada, os benxamíns do FC Camariñas, colleron finalmente o ritmo de cruceiro e están en condicións de quedar nos primeiros postos da clasificación da súa pequena liga. Pero xa están collendo o testigo os pequenos prebenxamíns que van con toda en banda e contan todos os seus partidos por victorias. Uns pequenos campións que están sendo o furor desta liga prebenxamín da Costa da Morte 2018-19.
Excitante xornada de fútbol da canteira do FC Camariñas a deste derradeiro fin de semana na que os pequenos deportistas conseguiron variedade de resultados aínda que estes sexan o de menos vendo a forza e ilusión que lle poñen os nosos a cada partido. Non hai máis que ver algúns dos partidos desta escoliña de fútbol para comprobar que os nosos nenos están a converterse nuns grandes futbolístas, loitadores ata o final e respetusosos dos seus compañeiros e adversarios deportivos. Unha fin de semana na que os nosos nenos dixeron adeus ao seu querido adestrador JM Ordóñez que deixa os banquiños da escola de fútbol despedíndose persoalmente hai uns días dos seus pupilos e reciben ao novo adestrador Saviola que volve a coller as riendas duns equipos aos que víu nacer. Dende a redacción deportiva de Camarinas.eu queremos dar a benvida a Saviola, ao cal mostramos todo o noso apoio e axuda, e despedimos ao noso querido amigo JM Ordóñez ao que estaremos eternamente agradecidos polo seu traballo. A continuación deixámosvos os resultados de todos os equipos que conforman a Escola de Fútbol do FC Camariñas ademáis dun video do espectacular encontro de fútbol sala desputado polos benxamíns do FC Camariñas fronte ao Manuela Rial de Cee.
Moi Boa xornada a deste fin de semana para a Escola de Fútbol do FC Camariñas. Os rapaces da canteira do equpo da Vila das Palilleiras caseque lograron o pleno de victorias nunha intensísima semana no que podíamos destacar a gran victoria dos nsosos alevíns diante do Carnota por 6 a 2. Tamén resaltar a contundente victoria dos prebenxamíns que se estreaban na competición oficial por un total de 10 a 0 contra un Seaia que comezaba a súa andadura nesta categoría. E xa sen tempo de descansar comeza outra xornada de fútbol sala par os pequenos do FC Camariñas cunha emocionantísima xornada na que este mércores se desputarán ata tres partidos no Pavillón Municipal de Camariñas e dos cales daremos conta neste seguimento semanal aos rapaces da Escola de Fútbol do FC Camariñas.
Páxina 1 de 2