• Chega o Entroido 2020 a todo o Concello de Camariñas

    O Concello de Camariñas deseñou un completo programa de actividades para o Entroido no que a principal novidade está na celebración, por primeira vez, do Concurso de Comparsas na Ponte do Porto, ademais do tradicional de Camariñas. Polo tanto nesta edición volve a aumentar a contía dos seus premios repartindo 4.800 euros en total.