• Programa do 3º Encontro de Corais de Camariñas

    Este sábado 8 de novembro de 2014 celebrarase na Casa de Pedra a terceira edición do Encontro de Corais de Camariñas. Esta exitosa cita musical levada a cabo polas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas coa inestimable colaboración do Concello de Camariñas terá lugar, coma sempre, na Casa de Pedra da Vila das Palilleiras a partires das 20:00 horas. Contará coa actuación da Coral Aires Bergantiños de Carballo, Coral Areosa de Narón e para finalizar as nosas mulleres do Coro Municipal Brisas do Mar de Camariñas realizarán unha exibición do seu bo facer musical. Unha cita esta terceira edición que se caracterizará tamén pola ausencia dunha das grandes impulsoras deste xa clásico encontro, a Concelleira tan recordada e querida en Camariñas Mari Carmen Linares Chica que de seguro sentirá dende a súa actual residencia en Málaga non poder estar coas súas grandes amigas do Coro Municipal de Camariñas. En todo caso alí estará Camarinas.eu para realizar unha ampla reportaxe do acto para que A Malagueña e todos os Camariñáns que andan polo mundo adiante podan ver todo o acontecido nesta terceira edición do Encontro de Corais de Camariñas.
  • 2º Encontro de Corais en Camariñas

    Se non o evita unha nova denuncia interposta polo PP de Camariñas a través de calqueira dos seus testaferros habituais, este vindeiro sábado 4 de maio a partires das 20:00 horas celebrase na Casa de Pedra o 2º Encontro de Corais. Postos a sabotear todas e cada unha das iniciativas postas en marcha polo equipo de goberno municipal tal vez o vindeiro obxectivo a abatir será a música coral, quen sabe, o caso é que a ninguén lle extrañaría vista esta lamentable plaga que nos tocou aturar. En todo caso, e se non a sabotea a oposición municipal, no edificio multiusos camariñán daranse cita a Coral Polifónica Santa María de Cambre, a Coral Areosa de Narón e, como non, as mulleres camariñanas cen por cen producto nacional da nosa Coral Municipal, coorganizadoras deste maravilloso evento xunto ao Concello de Camariñas.
  • IV Certame de Corais Costa da Morte

    O Coro Municipal de Camariñas durante unhas das sús canciónsHai exactamente unha semana, o sábado 5 de maio de 2012, a Casa de Pedra voltou encherse ata a bandeira ca celebración do IV Certame de Corais Costa da Morte. Organizado pola Asociación Neria, ca colaboración do Concello de Camariñas cinco dos mellores coros galegos déronse cita nun encontro de alto voltaxe musical. Destacou a presencia do secretario de Neria Xan García así como a dun alcalde Pichurri que ata o de agora non se perdeu unha soa cita do marathón coral que está a caracterizar esta primavera. Ao final do acto entregáronse por parte de Neria os regalos ás corais participantes ademáis dun agasallo de recoñecemento ao Concello de Camariñas pola súa colaboración pero si por algo destacou este certame foi pola canción que a profesora da nosa coral municipal, a corcubionesa Charo, agasallou ás súas alumnas e que se chama "Camariñas, un balcón cara o mar" que tan só se ensaiou tres veces pero finalmente non salío mal. A outra das súas interpretacións foi unha versión maxestuosa do clásico do mestre xornalista José Luis Blanco Campaña "Serpent". Dúas delicias musicais que Camarinas.eu reproduce en sendos vídeos para solaz e divertimento do accionariado máis numeroso da Costa da Morte.
  • IV Certame de Corais Costa da Morte

    A Casa de Pedra volverase vestir de gala para acoller un certame coralDespois do éxito apabullante do 1º Encontro Coral de Camariñas celebrado recentemente, a Casa de Pedra de Camariñas acollerá este sábado 5 de maio de 2012 a partires das 20:00 outra novo encontro de alto voltaxe musical: o IV Certame de Corais da Costa da Morte. Organizado pola Asociación Neria ca colaboración imprescindible do Concello de Camariñas a través da Concellería de Asuntos Sociais, o departamento dirixido con pulso firme por Mari Carmen Linares Chica, a muller que traballa duro sen ter un soldo, constituindo o reverso daqueles que cando cobran non dan pau (léase Deputación Provincial) e cando non teñen salario nin cotizan un mísero peso mexicano á Seguridade Social sí que traballan (¡¡ay pero que vidas as do noso querido cociñeiro naviero!!). Ca participación da Coral Polifónica Neria Costa da Morte, a Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme, a Asociación Coral A Oliveira do Monte Branco, a Coral de Malpica e as voces potentes, maxestuosas, entonadas da Coral Municipal de Mulleres de Camariñas o espectáculo musical está asegurado este sábado na polifuncional Casa de Pedra.
  • Encontro de Coros en Camariñas‏

    Unha emocionada Mari Carmen Linares recibe o homenaxe das asistentes ao encontro

    O pasado sábado 14 de abril de 2012 a Casa de Pedra asistío á celebración dun evento novedoso: a celebración do 1º Encontro Coral de Camariñas. Ca asistencia dalgunhas das mellores agrupacións galegas (a Coral Polifónica Endesa As Pontes, Coral "Airiños de Nós" de San Pedro de Nós, Coral Polifónica O Peirao do Freixo, e o Coro Municipal de Camariñas) o edificio multiusos quedouse pequeno e unha avalancha de público propio e de alén das nosas fronteiras inundou ata os seus pasillos nunha auténtica festa da música popular organizado polas nosas mulleres do Coro Municipal. Pero se sobre algo destacou o evento foi pola merecida e espontánea homenaxe por parte da organización a unha muller, malagueña de nacemento, camariñana de corazón, que dende que arribou ao mundo municipal en xuño de 2007 non deixou de loitar infatigablemente na área de asuntos sociais que lle tocou en sorte: María del Carmen Linares Chica. Unha concelleira ademáis que a diferencia do que acontece na Deputación Provincial onde se cobra por non dar pangada (ou o que é peor para a saúde pública: por exercer de cociñeiro náutico) renunciou voluntariamente á dedicación parcial no Concello sen que elo menoscabase o máis mínimo o seu compromiso de traballo infatigable a prol da súa xente. O derradeiro exemplo: a novedosa, multitudinaria e exitosa organización xunto coas mulleres do Coro Municipal do 1º Encontro  Coral de Camariñas.