O salón de plenos do Concello de Camariñas acolleu hoxe a sesión constitutiva dunha nova corporación no Concello de Camariñas, tralas eleccións municipais do pasado 26 de maio. A socialista Sandra Insua, que acadou maioría absoluta, foi investida e será a alcaldesa de Camariñas durante o próximo mandato. Na votación, a rexidora foi investida grazas a maioría absoluta coa que conta a lista socialista, con 8 concelleiros dun total de 13. Pola súa parte o PP, con 4 escaños (no pleno de investidura só puideron asistir 3), votou ao seu candidato e o BNG, con 1, fixo o mesmo coa súa cabeza de lista.
Pois chegou o día da verdade para as candidaturas que se presentan a estas decisivas eleccións municipais 2019 en Camariñas e todo apunta a que estes comicios terán un resultado moi igualado. A pesar do que iñan dicindo na web do PSOE de Camariñas, moi animados por ese éxito rotundo de congregar a 500 persoas no mitin de peche de campaña, as forzas parecen estar moi igualadas polo que se pode comprobar ao pe de urna. Concretamente o voto popular movilizouse enormemente nesta mañán e o do PSOE parece que está aínda adormilad. Así, todo apunta a, como ven sendo habitual, a parroquia de Camariñas decantará a balanza finalmente hacia uns ou hacia outros. Moi destacable está sendo o reconto de votos por correo, gran aposta dalgún que outro candidato que chegou incluso a ofrecer xoias a algún dos desgraciados enfermos mentales da vila como intercambio polo seu voto. Lamentable este tipo de actuacións que retratarán de por vida a esta xente por tan lamentables actitudes. Deixando de lado estes puntuais sucesos temos que lembrar que os colexios electorais estarán abertos ata ás 20:00 horas e teremos por diante unha noite-tarde intensa de reconto electoral da cal vos teremos ao tanto nesta páxina web.
Pois xa están aquí as Eleccións Municipais 2019 e os partidos políticos con representación en Camariñas comezan as súas respectivas campañas para tratar de atraer o voto dos veciños. Moitas son as novidades nas listas dos ous principais partidos que se presentan con renovadas candidaturas a estes comicios. No PSOE de Camariñas, despois da demisión de Pichurri, renóvase case totalmente súa lista con un marcado perfil xuvenil nos seus representantes e cun programa sólido e moi ambicioso. Hai uns días que tivemos oportunidade de darlle un vistazo a este programa socialista na súa impresionante nova páxina web do PSOE de Camariñas. No PP finalmente ocorreu o que tiña que pasar, houbo unha parcial purga cachalotil (non completada definitivamente) que podería dar unha imaxen renovada, aínda que ao final volven coma sempre as vellas costumbres de confrontación e de crispación que tan poucos resultados deron a esta formación política. Deste partido non temos constancia do seu programa electoral nin coñecemos propostas concretas así que para os dirixentes deste partido poñemos (non sabemos cantas veces o fixemos e non tivemos resposta) a súa disposición o noso formulario de contacto para que nos envíen seu programa. Como dicíamos ao principio desta nota, xa chegaron as elección municipais 2019 e aquí en Camarinas.eu trataremos de dar unha cobertura independente e veraz, tal e como sempre o fixemos, de todo canto aconteza nestas decisivas Eleccións Municipais 2019 en Camariñas.