• Máis de 100 nenos e nenas participaron nos campamentos de verán do Concello de Camariñas

    A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e o concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, clausuraron este venres pasado os campamentos de verán nos que participaron 109 nenos e nenas, divididos entre os Obradoiros de Conciliación e as Actividades Náuticas, que comezaron o 25 de xuño e se levaron a cabo aplicando un completo protocolo de seguridade para evitar contaxios por Coronavirus.

  • Excelente actuación do IES Pedra da Aguia no Parlamento Xove

    O pasado fin de semana tivo lugar en Culleredo unha nova edición do Parlamento Xove, na que 22 equipos de toda Galicia de 3º e 4º da ESO se enfrontaron entre sí en debates nos que tiñan que argumentar se era conveniente incrementar as sancións a empresas e particulares que cometerán delitos medioambientais.

  • O escritor Fernando Lalana visita o IESP Pedra da Aguia da Ponte do Porto

    Este mércores 19 de febreiro, o escritor Fernando Lalana, premio nacional de literatura infantil e xuvenil, visitou o instituto de A Ponte do Porto. Durante hora e media todo o alumnado que pertence aos diferentes clubs de lectura, máis de 60, gozaron das palabras dun dos seus escritores favoritos. O escritor contoulles como empezara na literatura, que lle inspiraba para escribir unha novela, por que se dedicou á literatura infantil-xuvenil e non á de adultos e moitas outras anécdotas que fixeron que o tempo transcorrera máis rápido do desexado. Ao final, Fernando contestou a diferentes preguntas dos lectores e asinou os seus libros. Agradecer á editorial Santillana que puidésemos compartir con Fernando Lalana este tempo, desprazándose ata a Costa da Morte e dándonos a oportunidade de coñecer persoalmente ao creador de tantas historias coas que gozamos.

  • O IES Pedra da Águia nomeado "Camariñán de Honra 2019"

    A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” acordou nomear ao IES Pedra da Aguia Camariñán de Honra 2019. Este recoñecemento pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns.  Neste caso a Asociación tivo en conta o traballo dun pequeno centro educativo, radicado no rural e público onde, profesores, pais e alumnos, asumen retos e metas ambiciosas que redunden na formación integral dos xoves camariñáns, na súa promoción persoal e social, e, moi especialmente, na labor de coñecer e difundir no resto da sociedade a Unión Europea e as súas institucións. Este traballo acadou recoñecemento público co seu nomeamento como centro embaixador da Unión Europea.

  • Nenos dos colexios do Concello de Camariñas visitan os centros de ASPABER

    ste martes 4 de xuño de 2019 os nenos e nenas de sexto de primaria dos CEIP de Camariñas e da Ponte do Porto realizaron unha visita ás instalacións de ASPABER (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños). Esta visita está enmarcada dentro do programa que está a levar a cabo o departamento de Asuntos Sociais do Concello de Camariñas dirixido aos escolares de todo o municipio para fomentar a inclusión e normalizar a diversidade que existe na nosa sociedade. Os nenos pasarono moi ben e tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man todo o gran traballo que esta asociación está a realizar.

  • Os alumnos do IESP Pedra da Águia da Ponte do Porto nas Olimpiadas da Historia

    Non sempre toca gañar. E iso é o que lles pasou aos 4 alumnos de 4º da ESO que recentemente participaron na II Olimpíada da Historia, que organiza a Universidade de Vigo no campus de Ourense. En todo caso, o seu concurso foi brillante xa que obtiveron un meritorio 5º posto a nivel autonómico. O evento celebrouse na Facultade de Xeografía e Historia da cidade das Burgas. O noso equipo, composto por Helena, Nerea, Carolina e José e coordinado polo seu profesor de Historia Jacobo Santos, foi de menos a máis durante toda a competición e por momentos liderou un dos grupos que daba acceso ás semifinais. Con todo, despois de 120 preguntas sobre historia mundial, na que se mesturaron imaxes e textos, non puideron alcanzar a meta desexada de estar entre os 4 primeiros. Representa, con todo, todo un éxito polo nivel dos outros representantes e polo feito de ser o único equipo de toda a Costa da Morte presente neste evento.

  • "O Mundo que Queremos" no Instituto IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

    Espectacular posta en escena a levada a cabo o pasado venres no IESP Pedra da Aguia de Camariñas por todo o alumnado de 3ºESO. Coordinado polas profesoras Liliana Piñeiro, Susana Álvarez e Silvia Lijó, o alumnado mostrou a toda a comunidade educativa os traballos realizados ao longo do curso no programa “O Mundo que Queremos”, un Plan Proxecta da Consellería de Educación.  O antedito programa ten como punto de partida, a difusión dos dezasete Obxectivos 2030 para o Desenvolvemento Sositible da ONU, así como o fomento nas xeracións máis novas, dun sentido de cidadanía global, consciente do seu papel para transformar a sociedade desde o ámbito local. O programa que durou seis meses, centrouse en dous dos obxectivos mencionados por escolla do alumnado: a igualdade de xénero (nº5) e a redución das desigualdades (nº10). Ao longo de todo ese tempo, ambas cuestións foron abordadas de maneira conxunta a través de diferentes obradoiros de radio, vídeo e teatro, así como de charlas e dinámicas pensadas para unha aprendizaxe máis activa. Así mesmo, o proxecto tivo unha vocación interdisciplinar sendo promovido desde as áreas de Xeografía e Historia, Lingua Castelá e a Biblioteca Escolar, e con colaboracións puntuais dos tres departamentos de lingua restantes. A actividade final deste programa consistiu nunha mostra de traballos comentados polo alumnado en intervalos de 20 minutos. Cada un deles ocupou unha estancia distinta do centro, facendo posible un percurso que seguiron todos os grupos-clase do instituto, e nos que o alumnado de 3ºESO, contou con todo o protagonismo para falar do traballo realizado semanas atrás.

  • Eleccións Europeas no IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

    Este pasado xoves, 9 de maio, celebrouse o día de Europa, para conmemorar o nacemento da Unión Europea alá pola década dos 50. O IESP Pedra dá Aguia, de Camariñas leva varios anos dando a coñecer aos seus estudantes e a toda a comunidade educativa do municipio a realidade europea, ben mediante viaxes ás institucións comunitarias, ben organizando eventos nos que achega o seu coñecemento aos cidadáns. Desde hai dous anos, somos Escola Embaixadora do Parlamento Europeo e iso implica un maior compromiso con Europa. De feito, redobramos os nosos esforzos para coñecer máis a fondo e difundir a información que nos vén desde Europa.

  • Debate de altura europea no IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

    O venres pola tarde, o IESP Pedra dá Aguia da Ponche do Porto (Camariñas) vestiuse de gala para recibir a 5 personaxes relevantes do sector pesqueiro. Convocados á cita baixo o suxestivo tema de “Pesca e sustentabilidade”, aos participantes na mesa redonda faltoulles tempo para dar a súa opinión ou expresar as súas reflexións na materia. E é que as máis de dúas horas que durou o evento apenas serviron para esbozar todos os proles e todos os debes dun sector, que representa o 10% do PIB galego, que aglutina a metade das embarcacións de toda España e que está á cabeza de Europa en desembarque de peixe e en produtos procedentes da acuicultura.

  • Europa móvese ao ritmo de Camariñas

    O venres 14 de decembro pola tarde, os embaixadores junior do IESP Pedra dá Aguia de Camariñas participaron nunha charla-coloquio que tivo lugar na Deputación da Coruña. Convidados por EuropaDirect A Coruña, os embaixadores junior escoitaron atentamente as argumentacións que sobre o Brexit, a migración e a defensa europea fixeron os eurodeputados galegos Francisco Millán Mon e José Blanco. A continuación, formularon por escrito máis de 40 preguntas, algunha das cales tivo resposta polos europarlamentarios. Non lles soubo a moito, xa que finalizado o debate seguiron preguntando a un dos oradores por máis de 20 minutos.
  • Camariñas dalle as costas á violencia de xénero

    Este venres 23 de novembro de 2018 organizáronse no noso concello tres manifestacións en contra da violencia de xénero. Estas leváronse a cabo nos centros educativos de CEIP O Areal, CEIP Ponte do Porto e IES Plurilingüe Pedra da Águia. Na celebración destes actos estiveron presentes ademais dos membros da comunidade educativa e o alumnado de ditos centros a alcaldesa Sandra Ínsua e a técnica de igualdade do Concello.
  • O polbo Caramiña chega a Europa da man do IES Pedra da Águia

    Se a pasada semana foron os embaixadores junior do IESP Pedra dá Aguia os protagonistas coa súa semana de inmersión lingüística en Vos Peares, esta semana foi o seu coordinador, Jacobo Santos, quen acaparou tal distinción. Con motivo dun curso de formación de tres días que tivo lugar no Parlamento Europeo de Bruxelas, e no que participaron ademais doutras tres escolas embaixadoras españolas, máis de 80 escolas embaixadoras europeas, o embaixador senior do Instituto presentou en sociedade e con gran éxito á mascota que elixiron para ser a imaxe en Europa. Trátase dun polbo de nome Caramiña, que vai ataviado cun gorro rematado con encaixe da zona e unha chapa identificativa do Centro. A mascota deixouse fotografar en diferentes lugares e con personalidades como a Directora do Comité Económico Social Europeo, Isabel Caño.
  • Os rapaces do IES Pedra da Águia volven da semana de inmersión lingüística

    O pasado sábado volveron da súa semana de inmersión lingüística nos Peares, os 24 alumnos de 3º da ESO do IESP Pedra da Aguia de Camariñas. Durante unha semana os rapaces conviviron con outros centros de Galicia unha experiencia única en inglés. Coa sola presenza de monitores nativos e sen a posibilidade de utilizar os seus móbiles, os rapaces non tiveron máis remedio que falar seguido cos compañeiros. Unha experiencia inesquecible e enriquecedora, moi curta segundo eles, pero que continuará para os que foron elixidos para ser os novos embaixadores junior do Parlamento Europeo. Agora tócalles preparar o debate que o 14 de decembro terán cos 4 europarlamentarios galegos na Deputación de A Coruña.
  • O IES Pedra da Águia volve a formar parte das Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo

    O IESP Pedra dá Aguia da Ponte do Porto (Camariñas) volve este curso 2018-2019 a formar parte do programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo, tras obter brillantemente esta distinción o curso pasado. Os novos embaixadores junior están entusiasmados co reto e procurarán facelo aínda mellor. En principio, a próxima semana asistirán ao Programa de Inmersión lingüística en inglés que organiza a Consellería de Educación.. A semana seguinte, será o coordinador das Escolas Embaixadoras do Centro, Jacobo Santos, o que acuda a un curso de formación en Bruxelas para entrar en contacto con outros embaixadores europeos sénior. Finalmente, 2018 acabarano todos xuntos participando no debate sobre o futuro da UE, ao que asistirán os 4 eurodeputados galegos e que se celebrará na Deputación da Coruña. Aí trataranse temas como a migración, a dixitalización de Europa e o futuro da mocidade europea.
  • Os alumnos do IES Pedra da Águia regresan da súa viaxe ao sur de España

    Un grupo de 24 alumnos de 2°ESO do IESP Pedra da Aguia de Camariñas regresan de terras extremeñas e andaluzas por onde durante unha semana e co programa do MEC “Rutas científicas, artísticas e literarias”, percorreron os lugares máis emblemáticos da terra de Bécquer, Juan Ramón Jiménez e Rafael Alberti, viron minas, covas, salinas, cidades cargadas de historia e monumentos e ata cociñaron. A organización e o traballo por parte das monitoras foi impecable e os rapaces gozaron enormemente duns días de intercambio cultural e convivencia cos alumnos do centro de Salamanca cos que compartiron Ruta.
  • O Concello de Camariñas solicita a Xunta de Galicia que doble a aula de 1º de primaria do CEIP O Areal de Camariñas

    Hoxe, xoves 11 de outubro, a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, e os directores do CEIP O Areal e CEIP Ponte do Porto reuníronse co Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia para solicitar diferentes melloras nos centros educativos do municipio.
  • A Xunta de Galicia premia ao IES Pedra da Águia de Camariñas no concurso ComunicaTedu

    O IES Plurinlingüe Pedra da Aguia de Camariñas gaña o 3º premio do concurso ComunicaTedu da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Hoxe, venres 25, os tres equipos que foron preseleccionados no Concurso ComunicaTedu , acompañados da profesora que guio a actividade, Silvia Lijó, desprazáronse á Cidade da Cultura de Compostela para participar non evento InquEDU 2018: Falemos de educación.
  • A escritora catalá Gemma Lienas visita o IES Pedra da Aguia

    O IES Pedra da Aguia solicitou participar no Programa “Encontros Literarios” organizados pola Subdirección Xeral do Libro, a Lectura e as Letras do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Programa que pretende achegar aos mozos lectores e lectoras a un autor elixido polo instituto que acode ao centro para dar unha charla sobre a súa propia obra, seguida dun coloquio cos estudantes. Foilles concedido dito programa podendo convidar o centro á autora Gemma Lienas.
  • Actividades educativas do Concello de Camariñas nas escolas en colaboración con INTEGRO e ASPABER

    A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Camariñas, Sandra Ínsua Rial, leva desenvolvendo esta primeira quincena de maio varias actividades a favor da visibilización das persoas con diversidade funcional. Entre os días 30 de Abril e 7 de maio a educadora familiar tivo seis charlas repartidas entre o alumnado de 4º,5º e 6º de primaria dos dous centros escolares do concello como son o CEIP O Areal de Camariñas e o Colexio O Allo da Ponte do Porto. O dia 4 de maio a Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia achegouse aos centros a explicarlles aos alumnos e alumnas de 5º de primaria como era a súa vida diaria ,dificultades, tecnoloxías que lles facilitan as cousas, ensináronlle algunha palabras en linguaxe de signos.
  • Actos do Día de Europa no IESP Pedra da Águia da Ponte do Porto

    Este mércores 9 de maio celébrase o día de Europa e no IES Pedra da Águia van a conmemorar este día cunha serie de actos programados polo colexio plurilingüe do noso concello. Será este o broche de ouro que peche o programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo no que participou activamente o centro educativo camariñán. Para elo teñen preparados dende o instituto toda unha batería de actividades organizadas para esta xornada que terá como invitados ilustres ao Alcalde de Camariñas Pichurri e o Director Xeral de Centros e RR.HH. da Xunta de Galicia JM Pinal Rodríguez. Noraboa aos organizadores do evento e a todos os rapaces e rapazas do IESP Pedra da Águia.