• Inauguración da EDAR de Camelle e Arou

    Este luns 26 de setembro de 2011 era inaugurada a impresionante EDAR de Camelle-Arou polas autoridades da Xunta de Galicia e que está xa a rexenerar as augas fecais de ditas poboacións do concello dende hai uns meses. A dito acto foron invitados gran parte da corporación municipal de Camariñas entre os cales se atopaban o Alcalde Pichurri entre outros representantes de ámbolos partidos. O Conselleiro de turno encargado de realizar a inauguración foi Agustín Hernández (agora cunha barbiña moi coqueta) que xa inaugurou tamén a EDAR da Ponte do Porto. Un conselleiro que pouco máis fixo por Camariñas que inaugurar obras que proxectaron e realizaron outros gobernos anteriores, sin embargo, ten a posibilidade de enmendar a súa penosa traxectoria co noso concello e tratar de levar a cabo o saneamento integral de Xaviña que a pesar de xa estar aprovado polo goberno de Touriño foi rechazdo por parte deste conselleiro quedando así Xaviña como a única parroquia de Camariñas sen esta valiosa característica para o desenrolo dun pobo. O proxecto de dito saneamento de Xaviña xa o ten o conselleiro Agustín Hernández nun dos seus caixóns do seu luxoso despacho de Santiago dende a inauguración da EDAR da Ponte do Porto xa fai cáseque un ano e este martes foille de novo entregado este proxecto por parte do Alcalde de Camariñas Pichurri para que non se olvide desta petición. En fin, deixámosvos cun video e unhas fotos da visita de Agustín Hernández a EDAR de Camelle e Arou: Un conselleiro especialista en inauguracións.

  • Estacion Depuradora de Augas Residuais de Camelle e Arou

    Camarinas.eu prosegue a súa labor de seguimento exhaustivo das obras que conlevarán o saneamento integral do Concello de Camariñas. Trala recente presencia da nosa web nos históricos actos de entrega ao Concello das Estacións Depuradoras de Augas Residuais de Santa Mariña e Ponte do Porto, de ser o único medio de comunicación que se interesou no seu momento pola entrada en funcionamento da vital EDAR de Camariñas, e de visitar as obras de saneamento dos lugares de Pións e Riás en pleno Distrito de Buría, esta semana decidimos visitar as obras da EDAR que quedaba pendente: a que saneará as augas negras e fecais de Arou e Camelle. Unha obra que foi adxudicada pola anterior Xunta de Galicia en decembro de 2008 na cantidade de 1.800.000 euros, que está situada no lado dereito da carretera que une a Camelle con Arou, xusto enfrente do coqueto e abrigado porto arouán e na que como sucedeu en tódolos demáis casos, o Concello de Camariñas víose obrigado a poñer a disposición de Augas de Galicia tódolos terreos necesarios sobre os que foi acometida a obra. A construcción desta instalación depuradora vital para as poboacións norteñas do noso concello asemesmo conlevou a execución dun novo tendido de tuberías que conectasen a rede actual camellana de desaugamento cunha nova EDAR que en canto entre en funcionamento suporá, no breve lapso de tempo de dous anos, a cuadratura do círculo en canto ao saneamento integral dun concello deixado da man de Deus ata agora.