Camariñas Noticias - Costa da Morte
Camariñas
Camelle e Arou
Ponte do Porto
Xaviña e Santa Mariña
Emigración
Drogadicción
Enter part of title
Amosar #
5
10
15
20
25
30
50
100
Todos
Reunión no IES Pedra da Águia para abordar a problemática da drogadicción en Camariñas
O IES Plurilingüe Pedra da Aguia celebrou o pasado venres día 27 de outubro de 2017 ás 20:00 horas, unha reunión informativa para todas as familias do centro sobre o tratamento da prevención do consumo de drogas. Nesta imporatntísima reunión sobre a grave problemática xeral da drogadicción que azouta tanto ao Concello de Camariñas coma outras zonas interviron diferentes axentes involucrados na temática:
A oficina OMIX ao servizo da xuventude de Camariñas
Moitos de nos descoñecíamos da existencia da Oficina Municipal de Información Xuvenil, OMIX, do Concello de Camariñas. Este importante servizo que o concello ofrece aos xoves camariñáns vai a solicitar toda unha serie de interesantes obradoiros dentro da amplia oferta formativa da Dirección Xeral de Xuventude:
Segunda reunión no Concello de Camariñas para afrontar o problema da drogadicción
Esta mesma maña , as 11 h.no salón de plenos do Concello de Camariñas, tivo lugar a segunda xuntanza entre representantes do IES Pedra da Aguia, axentes da Policía Local, o sarxento da Garda Civil, as técnicas de servizos sociais, a Concelleira de servizos sociais e o Alcalde de Camariñas. O obxectivo destas xuntanzas e mellorar a prevención no consumo de drogas e, sobretodo, coordinar un plan de acción para facer frente a esta devastadora praga do noso século. Unha das primeiras vías de acción aprovadas nesta xuntanza foi a realizar tareas de formación e información de pais, nais e xoves para evitar o consumo de estupefacientes, así como a coordinación cos distintos ámbitos de actuación.
Captación de socios de Abondou
O pasado sábado 16 de abril de 2011, a Asociación Abondou celebrou a asamblea xeral anual de socios, e acordouse realizar unha campaña pa a captación de socios, ( dado que o mantemento das actividades actuaís, ademais de algún poxecto novedoso, supoñen un elevado custo para a entidade), incluindo socios protectores para todo aquel que estivese interesado. O teléfono de contacto para calqueira dúbida ou aclaración é o seguinte: 981-736424
A marea negra de hachis continúa nas praias de Camariñas
Este domingo 12 de abril de 2009, víperas do día grande da Virxen do Monte foron atopados pola Garda Civil de Camariñas novos paquetes de hachís procedentes dos fardos que supostamente foron arroxados ao mar polos integrantes da banda desarticulada na operación antidroga realizada esta semana pasada en Muxía. Os paquetiños que están a aparecer sobre todo no mar de Reira teñen aloxados no seu interior cáseque 500 gramos de hachís e témese que vaian a aflorar moitos máis en toda esta semana, por eso os gardas civís de Camariñas piden a calquer persoa que atope un destes paquetes que chame inmediatamente ao número da Garda Civil para evitar calquer tipo de confusión que poda acarrear actuacións de tipo penal polo transporte destas mercancías.
Opinión e editoriais
Os dereitos non se negocian, por Marisol Soneira
Editorial 2019: ¿Que ten a Xunta de Galicia contra a Costa da Morte?
Cando a desidia é a única política
Grave agresión física ao director de Camarinas.eu
A propósito do fallido proxecto do Faro Vilán de Camariñas
Etiquetas populares
Area da Vila
1
Obras en Camariñas
1
Paseo Marítimo de Camariñas
1
Lingunde
1
Senda de Lingunde
1
Artículos aleatorios
Homenaxe das mulleres do Coro Municipal de Camariñas á Malagueña
Cena do Carmen 2014 e presentación da bandeira oficial da festa
Grupo de medio ambiente do Concello de Camarinas
Emprendedores.eu: Manuel Martín Castiñeira Vidal
Consecuencias do temporal 26-10