• O monumento a Don Jesús inaugurarase no cabodano do seu pasamento en Camariñas

    A estatua homenaxe a Don Jesús, nobre iniciativa dun grupo de veciños da vila das palilleiras, xa está nos seus últimos pasos para ser unha realidade. Este grupo de veciños veñen de amosarnos, en rigurosa exclusiva, o molde que servirá de plantilla para que o canteiro encargado do proxecto, especialista nesta dificil arte, elabore o busto que se ten previsto inaugurar no funeral que se celebrará dentro de dúas semanas na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Antes de facer público este molde do noso querido amigo falecido, esta comisión que iniciou os traballos para realizar o busto de Don Jesús, contactou con varios dos familiares do que fora o páter da vila das palilleiras, que deron o seu visto bo ao molde e aledáronse profundamente da iniciativa.
  • A estatua homenaxe a Don Jesús pronto será unha realidade en Camariñas

    Esta edición da nosa Festa do Carmen será un pouco máis especial sobre todo para todos os feligreses da parroquia de San Xurxo de Camariñas. Entre as ausencias que todos teremos presentes na nosa memoria nestes días tan sinalados o pobo de Camariñas poñerá de menos especialmente ao que foi o seu cura durante cáseque 20 anos. E así o quixo homenaxear a comisión de festas con un acto en memoria de Don Jesús Nieto Baneira na véspera do que será o día grande do Carmen 2017. Prolegómeno do que está a vir, xa que a estatua homenaxe ao páter tristemente falecido hai varios meses comeza a tomar forma definitivamente. Despois de que un grupo de veciños se puxera mans a obra para promocionar esta homenaxe para o noso amigo Don Jesús e, sobretodo, para recaudar o importe necesario que sufrague o busto conmemorativo a semellante ser humano que nos guiou espiritualmente durante os derradeiros 17 anos, todo apunta a que en poucos meses contaremos con ese monumento no atrio da nosa igrexa. Tanto é así que os promotores desta homenaxe ao noso querido Don Jesús piden un último esforzo a todos aqueles que desexen colaborar nos donativos para costear o importe total que implica un traballo tan riguroso e especial como o de recrear exactamente o rostro dunha persoa . Os interesados en colaborar económicamente e darlle o último empuxón a esta xusta iniciativa popular tan só teñen que dirixirse ás oficiñas do Banco Sabadell (antes Banco Gallego) de Camariñas e alí mesmo os asesorarán para facer efectivo o donativo en só uns minutos. Para todos aqueles que non podan acudir persoalmente ao banco poden facer o donativo mediante a banca electrónica no seguinte número de conta: IBAN ES 6600812140110006205434. Ao rematar de recaudar os fondos necesarios publicarase a lista de donativos nesta mesma web para que todo o mundo teña constancia do seu aporte. Tan só nos queda un pequeno pasiño para honrar a memoria do noso querido amigo Don Jesús. Entre todos vámolo a facer posible.
  • Don Jesús Nieto Baneira , Descanse en Paz

    Despois de tantos sepelios, tantos funerais, tantos enterros, de tanto consuelo ofrecido a tantos seres sumidos na dor máis profunda, agora a Don Jesús tocaralle estar presente naquel que nunca poderá oficiar... Finalmente cumpríronse os peores presaxios respecto á noticia que adiantaba este pasado mércores en exclusiva Camarinas.eu e Don Jesús Nieto Baneira, lexendario, querido e idolatrado páter camariñán durante o derradeiro cuarto de século falecía o xoves 1 de decembro de 2016 no antigamente chamado Hospital Juan Canalejo da Coruña. Todo comenzaba no centro hospitalario de Cee o propio mércores cando nunha visita por mor de ver os resultados dunha recente proba médica sufría un repentino ataque ao corazón. Foi de inmediato trasladado ata o hospital herculino onde os médicos pouco puderon facer para revertir a fatal situación. Segundo fontes ás que tivo acceso esta redacción, na orixe do ataque puido estar o caso omiso que Don Jesús fixera das recomendacións médicas que lle pedían alonxarse por un tempo dun ritmo trepidante de traballo que o levaba a asumir sobre os seus hombros misas en tres parroquias diferentes. Así era Don Jesús: prefería estar axudando aos seus feligreses de Camariñas, Ponte do Porto e Camelle que mirando por si mesmo. En estas circunstancias, cando un pobo se atopa ante un personalidade de semellante calado, desas chamadas a pervivir durante décadas no imaxinario colectivo e que co seu sacrificio e desinterese persoal melloran ata niveis difícilmente alcanzables a vida de tanta xente, resulta normal (e obrigada) a decisión do Concello de Camariñas de poñer ata catro autobuses a disposición dos veciños que desexan dar a Don Jesús o derradeiro adeus na súa parroquia natal de Cuns, en Coristanco, onde terá lugar o seu enterro ás 11:30 deste sábado 3 de decembro. Sairán dende o Curbeiro (Camariñas), Centro Médico da Ponte do Porto e o Paseo Marítimo de Camelle. En verdade as boas accións deberían ser recompensadas, máis nestas épocas un tanto complicadas e rídiculas, e por elo resulta cáseque unha obriga moral que todo un concello rinda a debida homenaxe a este bo cristiano, gran católico e mellor persoa. Don Jesús Nieto Baneira, Cura Párroco de Camariñas durante máis de 25 anos, Descanse En Paz.
  • O noso Cura en estado grave: RECEMOS TODOS POR DON JESÚS

    Segundo fontes da máxima credibilidade ás que acaba de ter acceso Camarinas.eu, o Cura Párroco de Camariñas Don Jesús Nieto Baneira estase debatindo nestes intres entre a vida e a morte como consecuencia dun infarto de miocardio. Todo comenzaba cando esta tarde o lexendario páter camariñán achegábase ata o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee por mor de facerse unhas probas. Unha vez alí, era derivado de inmediato ata o antigamente chamado Hospital Juan Canalejo da Coruña onde xa foi  ingresado na Unidade de Cuidados Intensivos (UCI). Pouco máis estamos en condicións de decir nestes momentos, cabe só confiar na probada competencia  e solvencia dos facultativos do hospital herculino, na modernidade das súas instalacións e rezar, rezar por este bo cristiano, gran católico e mellor persoa que dende hai aproximadamente un cuarto de século ven desenrolando de maneira exemplar o seu maxisterio de pastor de almas na parroquia camariñana. Máis de 25 anos leva Don Jesús rezando por nós, tócanos a nós agora rezar pola súa pronta curación.
  • Confirmación de 17 rapaces de Camariñas

     
    Este pasado domingo 4 de maio de 2014 tivo lugar en Camariñas a confirmación na fe católica de 17 rapaces da Vila. Un acto clásico do calendario católico primaveral que foi oficiado polo Vicario de Santiago e Don Jesús, auxiliados nas súas labores eclesiais polo cura-párroco de Camelle Don Eulogio, o cal ante a falta de relixiosos nas parroquais veciñas de vez en cando vese obrigado a botar unha man. Todo elo aconteceu nun evento que se caracterizou polo distendido do mesmo, pola boa predisposición dos rapaces así como pola impresionante labor pastoral que dende hai xa bastantes anos desenrola como catequista a nosa querida amiga Mari Luz Ramos a cal confire aos confirmables unha perfecta formación católica para ratificar a súa fe. Acto que como soe ser habitual rematou ca conseguinte sesión fotográfica, cuios exemplares xa están a disposición dos interesados no estudio de Diego Alonso Fotógrafodende este mesmo venres 9 de maio.
  • Confirmacions en Camariñas 2010

    O mazazo saltaba na misa de 12:00 do domingo 30 de maio: hondamente afectado, Don Jesús daba a coñecer á estupefacta multitude de feligreses que nese intre ateigaba a igrexa parroquial de San Xurxo que con posterioridade ao acto de confirmación levado a cabo na tarde do venres 28, cando se procedía a efectuar as labouras de limpeza do templo, foran atopadas no chan, tiradas na zona dos bancos onde anteriormente estuveran sentados os xóvenes participantes no acto de confirmación, dúas das sagradas hostias que foran impartidas aos mesmos. Dende o punto de vista da doctrina católica elo equivalía nen máis nin menos que a un sacrilexio e así o fixo saber Don Jesús, quedando dende ese momento as dúas sagradas formas, o Corpo de Cristo, baixo a custodia cunha veliña a cada lado das nosas queridas monxas e un letreiro na porta do templo parroquial comunica aos seus visitantes que tódalas tardes ás 19:30 horas, como acto de desagravio en reparación pola ofensa inxustificada e incomprensible inferida ao máis sagrado dos símbolos cristianos, procederase á Adoración do Altísimo. Aquí en camarinas.eu non saímos do noso asombro e entendemos que os dous presuntos responsables da ofensa non son representativos do amplio grupo de xóvenes camariñáns que respetuosa e alegremente participaron este venres no acto de confirmación da fe cristiana polo que non parece xustificado que unha sospeita indiscriminada recaía sobre todos eles. Os responsables serán sempre e ante todo culpables ante si mesmos. En fin, un acto deleznable que non debe enturbiar para nada a devoción e catolicismo característicos do pobo camariñán, tal e como puidemos comprobar este derradeiro domingo co descenso da Virxe do Monte. Con todo, non se deberían olvidar as palabras de vez en cando repetidas aquí en camarinas.eu: estamos ante unha España non só arruinada económica senón tamén moralmente...
  • Misa de Reis 2010 na Igrexa de San Xurxo de Camariñas

    Camarinas.eu continúa ca súa cruzada implacable a favor daqueles orientais Reis Magos que provintes dunha Península Arábiga anterior en 700 anos a expansión mahometana, achegáronse nunha noite estrelada por un cobertizo de Belén para adorar ao neno que nacía e que traía unha mensaxe que hoxe, máis de 2.000 anos despois, non acaba de cuaxar de todo na alma dun ser humano demasiado dado á maldade e á envidia. Mellor nos iría si seguíramos un pouco máis ao pe da letra as súas mensaxes. Quenes saben esto á perfección son os rapaces de Camariñas que o 6 de xaneiro deste ano 2010 protagonizaron unha espectacular Misa de Reis, na que o sermón, impecable como sempre de Don Jesús, chegou a recordar por momentos aquel que nunha montaña ao norte do Mar de Galilea dou Xesucristo o Noso Señor ao inicio dos tempos que ían a constituir a era cristiana. Misa e sermón reproducidos ante á historia en sete impresionantes vídeos co selo clásico de camarinas.eu.  
  • Confirmacions en Camarinas 2009

    Despois de que ao longo de todo este domingo, só os usuarios rexistrados de camarinas.eu poideran ver en exclusiva a noticia relativa ao tradicional acto de confirmación masiva na fe católica que ten lugar nesta antiga vila dende épocas moi lonxanas cada primavera, procedemos á publicación da mesma: unha impresionante galería de fotos que Diego Alonso sacou este sábado na Igrexa Parroquial de Camariñas con motivo da confirmación de cáseque trinta xóvenes (e non tan xóvenes) camariñáns polo Vicario de Santiago de Compostela. O ano pasado tal e como se reflexa na noticia relacionada, o Acto de confirmación, sempre na primavera, aconteceu un domingo 20 de abril. Este ano o día elexido foi un 14 de maio sábado. E como sempre unha lexión de adolescentes cumpriron cun rito moi antigo co que reafirman na perigosa e esvaradiza época da pubertud un compromiso cunha relixión e cunha cultura, cunha civilización en definitiva na que a meirande maioría dos nosos antergos veñen desenvolvéndose dende tempos inmemoriais.
  • Domingo de Confirmacions en Camariñas

    Como ven sucedendo en Camariñas dende datas inmemoriais, este domingo un nutrido grupo de adolescentes (e algúns non tan adolescentes) confirmaron a súa fe católica diante do Vicario de Santiago nun acto masivo de Confirmación que tivo lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Poidemos contar ata máis de sesenta persoas que hoxe cumpriron cun rito básico da relixión cristiana, xunto ao do bautismo e ao da comunión. Outra vez volvía a lucir o templo camariñán un magnífico aspecto enchéndose ata o punto de que moitos dos asistentes tivéronse que quedar fóra. Don Jesús oficiaba acompañado polo Vicario chegado expresamente dende Santiago para esta ocasión. E é que non era para menos: máis de 60 persoas íanse a confirmar na mañá deste domingo 20 de abril de 2008, na súa gran maioría xóvenes adolescentes camariñáns. Entre eles usuarios básicos desta web así como familiares dos mesmos.