• Un anónimo dona 6000 euros para a familia de José Secundino de Camelle

    Despois da traxedia máis abosluta que se cebou con Camelle coa repentina morte do xoven pai de familia José Secundino, chegou a esperanzadora axuda que todo un pobo brindaba exemplarmente hacia a desvalida familia do noso querido amigo que deixaba a súa muller Tatiana viúva, con dous fillos de 2 e 6 anos e un pequeniño en camiño. Achegas económicas dende asociacións, institucións, clubes deportivos, persoas de todo o concello así como autónomos e profesionais que se ofrecían voluntariamente para axudar na medida das súas posibilidades a esta familia que se sumía na desesperación trala morte do seu amado pai. Todos unidos, nun exemplo de solidaridade sen precendentes, para tratar de levar adiante a esta xoven nai que queda viúva con tres pequenos e que quedaba desamparada trala terrible e desgraciada morte de José Secundino, ata chegar con estas axudas a mercar unha casiña en Camelle para esta familia.
  • 17 mozos e mozas recibiron a confirmación en Camariñas

    Outro ano máis os rapaces de Camariñas que se estaban a preparar para recibir o sacramento da confirmación agradeceron a visita dende Santiago de Compostela do Vicario José Antonio Seone. Chegaba o vicario a Camariñas para celebrar esta importante misa pouco antes das 11:00 da maña nun día frío aínda que soleado que fixo de preludio a inevitable chegada do outono ata as nosas terras. Os rapaces, todos eles coas súas mellores galas aínda que algo nerviosos, estiveron á altura de tan importante evento sobretodo despois das sabias e entrañables palabras previas de Mary Luz Ramos, a gran catequista e mellor persoa que leva preparando a estes rapaces e rapazas para celebrar a súa confirmación. Palabras tranquilas e sinceiras que apaciguaron un pouquiño ese nerviosismo que se palpaba no ambiente. Así chegaba o momento máis importante da misa que oficiou con gran sabiduría Don José Antonio que, acompañado polo noso querido cura párroco Don Eduardo, dou a confirmación a un total de 17 rapaces de Camariñas, Camelle e Arou. Despois da misa chegou o turno das fotos que se fixeron os rapaces cos seus seres queridos. Un gran día para a comunidade católica de Camariñas que vío como 17 dos seus rapaces e rapazas se confirmaban na fé cristiana. Noraboa chavales!