Un dos actos máis multitudinario da Mostra do Encaixe 2019 tiña lugar na noite do venres 17 de abril na sala de desfiles. Alí, ante preto de 300 persoas era presentado en sociedade o video promocional do concello camariñán "Eu Son Camariñas". Ao final por fin se resolveu ese misterioso video promocional que tiña en vilo a todos e cada un dos cidadáns do concello e que fixo que en unha semana as redes sociais do programa sumaran centos e centos de cidadáns ávidos por saber como sería o desenlace final que foi desvelado neste evento. Acto presentado polo seu creador Diego Alonso Freire que estivo acompañado polos protagonistas desta historia de música e terra. A gran ausente desta espectacular estrea era a unha das protagonistas principais do programa Belem Tajes, a intérprete de Arou que estaba de viaxe por Nueva York e que quixo estar presente mediante un video que nos enviou a todos os asitentes dende a cidade dos rañaceos. Despois chegou o turno da proxección do video que, tal e como acontecera na preestrea, volveu a arrincar os aplausos emocionandos dun público entregado posto en pe que non quixo perderse a oportunidade de agradecer e dar a noraboa a todos os integrantes deste programa promocional que vos adxuntamos a continuación aquí en Camarinas.eu
Despois da multitudinaria preestrea de Eu Son Camariñas, o equipo creativo deste programa promocional do Concello de Camariñas ven de publicar no blog da súa web oficial o video do acontecido o pasado domingo 7 de abril na Casa de Pedra. Alí preto de 200 persoas se deron cita, a pesares da intensa chuvia, para ver en primicia o video-clip que ten en vilo a toda Camariñas. Neste acto foi o seu creador, Diego Alonso Freire, o encargado de explicar nunha interactiva e amena presentación en diapositivas de todo o programa. A preestrea de Eu Son Camariñas contou tamén con varias sorpresas como a proxección dun video do mellor deportista da historia da Costa da Morte, o camariñán Víctor Vigo que tamén se uníu a este programa. E ao final, despois dos emocionados aplausos do público asistente, o equipo de grabación recolleu, nun escepcional video, a opinión dos protagonistas do spot así como dalgunhas das testemuñas que quixeron voluntariamente valorar este proxecto promocional. E aquí volo deixamos a continuación para que poidades ver o acontecido nese acto de preestrea do programa Eu Son Camariñas.
Na tarde deste pasado domingo 7 de abril estreábase cun éxito sobresaínte o programa promocional do Concello de Camariñas denominado “Eu Son Camariñas”. Ademáis dos protagonistas principais do programa asistíu a alcaldesa Sandra Ínsua acompañada de varios concelleiros así como unha representación de algúns dos colectivos participantes no proxecto coma, entre outros, o empresario camariñán Andrés Cerdeiras Lemus. O acto, celebrado nunha Casa de Pedra abarrotada coa presencia de máis de 150 persoas, foi presentado polo creador de todo este programa promocional, Diego Alonso Freire, que desgranou polo miúdo nunha amena e xenial exposición todos os pormenores deste proxecto que comezaba a andar hai seis meses.
Poucas veces se víu a todas as parroquias do concello de Camariñas revolucionadas de tal maneira como na mañá deste luns 11 de marzo. O motivo de tal sobresalto popular non era outro que o regreso das grabacións dun proxecto que marcará un antes e un despois na promoción do concello. Os integrantes do equipo de producción do proxecto audiovisiual "Eu son Camariñas" comezaban moi cedo as labouras dixitais que veñen a poñer o broche final a esta serie de grabacións que se sucederon ao longo de todo o concello. Entre os protagonistas desta historia que está chamada a quedar xa na memoria colectiva de todos os veciños do consistorio tivemos a oportunidade de rexistrar nas súas cámaras a esencia de todo o mellor que este gran concello e as súas xentes teñen para ofrecer: houbo dinámicas empresas de diferentes sectores, profesionais dos ámbitos máis caracterísiticos da nosa terra, emprendedoras do sector textil, as paisaxes máis impresionantes, as nosas máis representativas artesás, deportes e un largo etcétera que tivo o seu cumio na tarde cando se deron cita na lexendaria praia de Area Longa en Reira preto de un cento de nenos e nenas das diferentes escolas deportivas do Concello de Camariñas. Porque eso foi o máis emocionante para un redactor que a presente subscribe, ver a alegría e a ilusión que este proxecto provoca nos máis pequenos que ven como a súa terra, o seu fogar, e sobretodo eles mesmos son os protagonistas da historia que lles marcará para sempre. #EuSonCamariñas